Museo Universitario A Domus do Mitreo

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Museo Universitario A Domus do Mitreo O Museo Universitario A Domus do Mitreo é un museo arqueolóxico de sitio da USC. Estamos en Lugo, na praza Pío XII, no antigo Pazo dos Montenegro.

👩‍🏫🧑‍🏫 Dedícaste á docencia, esta información interésache: O Museo Universitario Domus do Mitreo (USC, Lugo), continúa a...
14/10/2026

👩‍🏫🧑‍🏫 Dedícaste á docencia, esta información interésache:

O Museo Universitario Domus do Mitreo (USC, Lugo), continúa a pór a disposición dos centros educativos a súa programación didáctica. A oferta inclúe tanto a clásica visita guiada como tres obradoiros específicos deseñados para os distintos niveis do sistema educativo.

A través das súas actividades, relacionadas co mundo da arqueoloxía e da historia de Lugo, preténdese fomentar un mellor coñecemento da vida e cultura material do mundo romano. Facémolo partindo dun xacemento excepcional, que une tres elementos historicamente moi valiosos: os restos dunha domus romana do s. II d. C., un Mitreo (un culto de orixe oriental) e o lenzo da muralla que aquí se ve ata os mesmos alicerces.

ℹ É necesario realizar reserva previa.

ℹ Máis información na nosa páxina web https://adomusdomitreo.com/gl/recursos-didacticos-gal/ e podes contactar con nós en 📧[email protected].

06/10/2026

Mañá, 7 de outubro é primeiro mércores de mes, o que significa: entrada de balde no Museo Universitario A Domus do Mitreo!

Agardámoste!

📣 Lembra que hoxe temos un novo apuntamento no mitreo. Continuamos coa segunda xornada do Ciclo de Conferencias (Re)desc...
30/09/2026

📣 Lembra que hoxe temos un novo apuntamento no mitreo.

Continuamos coa segunda xornada do Ciclo de Conferencias (Re)descubrindo o pasado de Lugo. Novas achegas da investigación.

Hoxe, a partir das 18.00 h na Casa do Saber:

📌 Francisco Folgueira Ríos (USC): «Unha cidade con vistas: a paisaxe arqueolóxica de Lucus Augusti e o seu territorio».

📌 Diego Torres Iglesias (Director do do Castro de Viladonga ): «Quen te viu e quen te ve: redescubrindo o castro de Viladonga».

ℹ️ Entrada libre ata completar cabida. Agardámoste!

📣 Lembrade que hoxe temos apuntamento no mitreo. Comeza a primeira xornada do Ciclo de Conferencias (Re)descubrindo o pa...
29/09/2026

📣 Lembrade que hoxe temos apuntamento no mitreo.

Comeza a primeira xornada do Ciclo de Conferencias (Re)descubrindo o pasado de Lugo. Novas achegas da investigación.

Hoxe, a partir das 18.00 h na Casa do Saber, comezamos con:

📌 Hugo Bal García (GEPN-AAT, CISPAC): «Das hienas de Castroverde ó mamut do Incio: a investigación arqueopaleontolóxica na provincia de Lugo».

📌 Tania Mosquera Castro (USC): «Uros, figuras humanas e cometas. Unha achega á arte paleolítica de Cova Eirós».

ℹ️ Entrada libre ata completar cabida. Casa do Saber. Agardámoste!

📣 Novo apuntamento, Quedamos no Mitreo! Os días 29 e 30 de setembro terá lugar, na Casa do Saber, un novo ciclo de confe...
25/09/2026

📣 Novo apuntamento, Quedamos no Mitreo!

Os días 29 e 30 de setembro terá lugar, na Casa do Saber, un novo ciclo de conferencias:

«(Re)descubrindo o pasado de Lugo. Novas achegas da investigación». Ponencias de carácter divulgativo, onde expertas e expertos investigadores achegaran ao público asistente unha nova perspectiva desde os datos que proporciona a arqueoloxía e a historia antiga.

ℹ️ Entrada libre ata completar cabida. Casa do Saber, 29 e 30 de setembro, 18.00h

Agardámoste!

16/09/2026

📣Información importante:

A partir do 16 de setembro o Museo Universitario A Domus do Mitreo modifica o seu horario.

📍De martes a sábado:
- Mañás de 11h00 ás 14h00
- Tardes de 16h30 ás 19h30

📍 Domingos e festivos de 11h00 ás 14h00

📍 Luns pechado

Moitas grazas! Agardámoste!

01/09/2026

Mañá, 2 de setembro, é primeiro mércores de mes... o que significa: entrada de balde!

Agardámoste!

31/08/2026

⛱️ Rematou a programación especial «O verán na Domus».

🧐 Velaquí deixamos unha breve escolma fotográfica do ben que traballaron os pequenos e grandes axudantes do museo na búsqueda de pezas esta última xornada do 29 de agosto.

Moitas grazas a todos e todas as participantes que fixeron posible este verán na Domus!

🎥🎬Estamos gravando...
31/08/2026

🎥🎬Estamos gravando...

27/08/2026

⛱️ O verán na Domus: programación especial.

📣 Temos un novo apuntamento o 29 de agosto coa programación especial do museo: A Domus precisa axudantes de arqueoloxía!

❗️Lembra que a reserva é obrigada en [email protected]. Quedan poucas prazas.

Agardámoste!

Dirección

PRAZA PÍO XII, 3
Lugo
27001

Horario de apertura

Martes 11:00 - 14:00
16:30 - 19:30
Miércoles 11:00 - 14:00
16:30 - 19:30
Jueves 11:00 - 14:00
16:30 - 19:30
Viernes 11:00 - 14:00
16:30 - 19:30
Sábado 11:00 - 14:00
16:30 - 19:30
Domingo 11:00 - 14:00

Teléfono

+34610323926

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo Universitario A Domus do Mitreo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Museo Universitario A Domus do Mitreo:

Atajos

Compartir

Categoría