O Vello Cárcere

O Vello Cárcere Centro sociocultural

Onte inaugurouse a nova mostra temporal “Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido, onde as cousas perdidas volven es...
05/06/2026

Onte inaugurouse a nova mostra temporal “Contemos multitudes. Dano cerebral adquirido, onde as cousas perdidas volven estar ben”, organizada por Dano Cerebral Galicia

A exposición xurde da experiencia compartida por 40 persoas usuarias das cinco asociacións galegas que integran a organización (A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo), no Laboratorio Artístico e Creativo do Dano Cerebral Adquirido, dirixido por Fuco Reyes durante a primaveira do 2025.

👉 O dano cerebral adquirido, causado principalmente por ictus, mais tamén por traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais e outras causas, pode deixar secuelas físicas, sensoriais, cognitivas, emocionais e sociais que afectan de maneira diferente a cada persoa.

A través das fotografías e dos manuscritos que acompañan as imaxes, as persoas participantes comparten sensacións de fractura, perda e reconstrución, facendo visible unha realidade que moitas veces permanece oculta.

“Somos as de antes do dano cerebral, as que foron ata o límite, as que volveron, as secuelas, un espello do que pode acontecer, somos moitas, multitude e multitudes.”

💙

📍 Bloque de mulleres - planta baixa
🗓️ Do 4 de xuño ao 30 de xullo do 2026

Cultura e Turismo de Lugo

A artista multidisciplinar More de la Cal, cuxa traxectoria artística levouna a expoñer por todo o mundo nos últimos 47 ...
03/06/2026

A artista multidisciplinar More de la Cal, cuxa traxectoria artística levouna a expoñer por todo o mundo nos últimos 47 anos, acaba de inaugurar a exposición “Fotografía Micropictórica” na planta baixa do panóptico. A través desta mostra, ensínanos a súa singular e elaborada técnica, caracterizada pola mistura de fotografía analóxica e pintura, establecendo un diálogo permanente entre a luz e a textura.

En palabras da autora “a técnica resulta inédita tanto pola pintura empregada como polo proceso, posto que para a súa realización procedo a pintar os clichés (negativos) con lupas de gran aumento.”

Se queredes vir descubrir esta orixinal proposta, estos son os datos a ter en conta:

📍 Celas de homes - planta baixa
🗓️ Do 01.06.2026 ao 30.07.2026

Cultura e Turismo de Lugo

Despois de tantas aventuras, despedimos os “Contacontos miúdos” e “Cousiñas xeitosas” coa chegada do verán☀️.Recordade‼️...
01/06/2026

Despois de tantas aventuras, despedimos os “Contacontos miúdos” e “Cousiñas xeitosas” coa chegada do verán☀️.
Recordade‼️ o Espazo de Lecer🧩 mantén o seu horario os sábados, domingos e festivos, durante o mes de xuño. Os máis peques poden vir xogar ⚽, ler 📖 e debuxar 🖍️ durante o “Tempo de Lecer”

O horario é o seguinte:

📌Quendas de mañá: 11:00-12:30h./2ª quenda: 12:30-14:00h.
📌Quendas de tarde: 16:00-17:30h./2ª quenda: 17:30-19:00h.

📝Podédes consultar as normas do Espazo de Lecer na nosa Web.
Recoméndase inscrición previa a partir do luns (inclusive).
Agardámoste!🙌

Cultura e Turismo de Lugo

“Maio longo... maio longo,todo cuberto de rosas,para algús telas de morte;para outros telas de vodas.Maio longo, maio lo...
18/05/2026

“Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.”

🌼 “Maio longo” é un melancólico poema de Rosalía de Castro que aparece recollido no noso deste mes, “Rosalía pequeniña”. Nel se xuntan a poesía de Rosalía, a voz de Uxía, as ilustracións de Marina Seoane e un prólogo da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño. 💜
Unha fermosa unión de talentos. ✨

Por mor da conmemoración do Día das Letras Galegas 2026, O Vello Cárcere conta cunha programación deseñada especialmente...
14/05/2026

Por mor da conmemoración do Día das Letras Galegas 2026, O Vello Cárcere conta cunha programación deseñada especialmente para homenaxear a autora Begoña Caamaño. Dita programación ofrece actividades durante os días 16 e 17 de maio para tódolos públicos, cun carácter lúdico e educativo.

Mais información na nosa web: https://ovellocarceredelugo.gal/programacion-dia-das-letras-galegas-2026/

Inscricións:
📩 [email protected]
☎️ 982 793 840

Cultura e Turismo de Lugo

En 1985, cinco amigos transformaron un soño en realidade, percorrer o Río Miño dende o seu nacemento ata a súa desemboca...
09/05/2026

En 1985, cinco amigos transformaron un soño en realidade, percorrer o Río Miño dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Nun acto performático, proxetaron e construíron as súas propias canoas a remo, compañeiras inseparables nunha travesía de 317 quilómetros polo “pai dos ríos galegos”.

Na nova exposición do bloque de mulleres, acompañamos esa aventura de descuberta, amizade e conexión cun dos bens naturais máis valiosos de Galicia, presente no cotián e na memoria de tantos galegos. Durante 10 días, entre o Pedregal de Irimia e A Guarda, os cinco remaron por paisaxes pouco coñecidas naquel momento, revelando unha travesía de enorme riqueza natural e cultural.

“O río que nos move”, convídanos, 40 anos despois, non só a revisitar esta expedición extraordinária e as súas fotografías, senón tamén a reflexionar sobre a importancia do coidado e do respecto polo medio ambiente. A exposición propón ademais unha nova ollada sobre o Río Miño, como unha ruta por descubrir chea de valor e potencial.
🗓️ De 08 a 30 de maio de 2026.
📍 2ª planta de celas de mulleres.

Cultura e Turismo de Lugo

🖤 “A inviabilidade do amor” é unha inmersión na loita interna e na transformación emocional da artista AiiCi. Nada dunha...
02/05/2026

🖤 “A inviabilidade do amor” é unha inmersión na loita interna e na transformación emocional da artista AiiCi. Nada dunha experiencia persoal de amor interrompido, esta mostra explora a progresión do dó: perda, dor, angustia, trauma, aceptación…

As once pezas que conforman esta exposición temporal están cargadas de cores, contrastes e emocións, invitándonos a percorrer o proceso íntimo de AiiCi.

🗓️ Do 1 ao 31 de maio 2026
📌 Celas de mulleres: planta baixa

Cultura e Turismo de Lugo

28/04/2026
Algunha vez vos atopástedes diante dunha peza de arte sen entender nada do que estabades a mirar?🙋 📚💛🖼️ Neste Día Intern...
23/04/2026

Algunha vez vos atopástedes diante dunha peza de arte sen entender nada do que estabades a mirar?

🙋

📚💛🖼️ Neste Día Internacional do Libro, e aproveitando a recente celebración do Día Mundial da Arte (15/04), traémosvos unha proposta literaria para reconciliarvos con aquelas obras que nalgún momento vos fixeron pensar: “isto tamén o podería facer eu”.

En “¿Qué estás mirando?”, Will Gompertz emprega un estilo ameno e accesible, moi afastado da linguaxe académica da arte, conseguindo que o aparentemente incomprensible cobre sentido.

Trátase dun percorrido por 150 anos de arte moderna, repleto de anécdotas e humor. Ao longo do libro, o autor achéganos a historia e o contexto necesarios para mirar con outros ollos o urinario de Marcel Duchamp, os rectángulos de cores de Mark Rothko ou as impactantes performances de Marina Abramović. Porque, como dicía precisamente Duchamp, o acto creativo non depende só de quen realiza a obra, senón tamén de quen a observa, a pon en contacto co mundo exterior e a completa ca súa mirada. ✨

“¿Qué estás mirando?” non é tanto un manual para persoas expertas como unha viaxe para mentes curiosas. 🧠💡 Este pode ser o libro que cambie a vosa próxima visita a un museo!

🖍️ Imaxe 2: Ilustracións de Pablo Helguera, extraídas do libro “¿Qué estás mirando?”, de Will Gompertz

Cultura e Turismo de Lugo

Dirección

Praza Da Constitución, S/n
Lugo
27002

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 11:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 11:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 11:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Sábado 11:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Domingo 11:00 - 14:00
16:00 - 19:00

Teléfono

+34982297195

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O Vello Cárcere publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a O Vello Cárcere:

Compartir