21/10/2025
"O debuxo sempre foi importante na obra de Blanco, pero nestas últimas series a súa reivindicación parece asociada non só aos seus valores plásticos intrínsecos, senón tamén ao carácter accesible e democrático deste medio. Coma se a súa condición de arte “menor”, fronte a outras, supostamente, “maiores”, como a pintura ou a escultura, fose algo coherente e solidario coas historias periféricas, forzosamente marxinadas, que pretende evocar. (...) Doutra banda, hai unha vontade nestes traballos de aproximarse a xéneros “menores”, como a caricatura, para representar a “lóxica da guerra e da violencia”, en relación coa identidade, seguindo a tradición dun autor como George Grosz, por exemplo, que tamén viviu e traballou nun tempo histórico pre-bélico". Pedro de Llano Neira. Autor do texto da exposición.
(ESP) "El dibujo siempre ha sido importante en la obra de Blanco, pero en estas últimas series su reivindicación parece asociada no solo a sus valores plásticos intrínsecos, sino también al carácter accesible y democrático de este medio. Como si su condición de arte “menor”, frente a otras, supuestamente, “mayores”, como la pintura o la escultura, fuese algo coherente y solidario con las historias periféricas, forzosamente marginadas, que pretende evocar. (...) Por otro lado, hay una voluntad en estos trabajos de aproximarse a géneros “menores”, como la caricatura, para representar la “lógica de la guerra y de la violencia”, en relación con la identidad, siguiendo la tradición de un autor como George Grosz, por ejemplo, que también vivió y trabajó en un tiempo histórico pre-bélico". Pedro de Llano Neira. Autor del texto.
gal
📍 Galería NÉBOA | Rúa Lamas de Prado 31, Lugo
🌐 www.galerianeboa.com
🕢 Horario: M - V: 11:00 - 14:00 / 17:00 - 20:00 | S: 11:00 - 14:00