Museo Provincial de Lugo

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Museo Provincial de Lugo Museo creado o 29 de febreiro de 1932 e inaugurado o 10 de xaneiro de 1934. Conta con 28 salas.
(220)

Situado no antigo convento de San Francisco, conserva deste vello cenobio o refectorio, a cociña e o claustro (delarados Ben de Interese Cultural).

16/10/2026

Vari Caramés, Premio Nacional de Fotografía 2026! 🏆

«Non me vexo nin moi fotógrafo, nin moi pintor, nin moi artista, nin moi nada. Estou entre algo que me entretén». Con esa humildade e esa ollada única, poética e desenfocada, Vari Caramés enche de maxia a arte contemporánea. Hoxe, no día do seu aniversario, sumámonos con inmensa ledicia e orgullo ao aplauso unánime polo seu merecidísimo Premio Nacional de Fotografía.

Para a Rede Museística Provincial de Lugo, Vari é moito máis ca un referente: é parte da nosa propia historia e do noso ADN.

Todo comezou hai anos, cando nunha viaxe cargada de ilusión e orzamentos axustados á feira ARCO, namorámonos desta obra que hoxe compartimos con vós: unha sinxela cadeira de plástico branca, mergullada nunha piscina, que baixo a súa ollada se converteu en pura poesía visual e inaugurou a nosa colección de fotografía. Aquela adquisición foi o inicio dunha longa e belísima relación.

Desde entón, a súa xenerosidade e compromiso, sempre movidos polo amor á arte, acompañáronnos en infinidade de aventuras. Desde a súa participación no encontro "Aldearmos" no Museo Fortaleza San Paio de Narla, onde presentou o seu proxecto e libro "Imaxes sacras. Fotografía e comunidades da Ribeira Sacra", ata reinterpretar o territorio en "Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo". Unha complicidade e un arraigo que hoxe continúan vivos, tamén a través do incansable traballo da súa filla, a comisaria Ánxela Caramés.

Que inmensa satisfacción dá ver como aquelas persoas creadorxs que camiñaron connosco nos inicios, co apoio da comunidade artística e de tantas persoas que creron nun «museo para todos e todas», acadan os maiores recoñecementos históricos.

Parabéns polo aniversario e polo premio, Vari! Grazas por deixarnos habitar o teu universo e por ensinarnos a mirar a través da brétema.

Esta foto e este premio tamén son unha viaxe de volta á casa! 📸💙

🔵 |

💜 Grazas, COGAMI! Grazas, compañeira Ángeles Miguélez!✨ Dous días fermosos de reflexión, creatividade, aprendizaxes comp...
15/10/2026

💜 Grazas, COGAMI! Grazas, compañeira Ángeles Miguélez!

✨ Dous días fermosos de reflexión, creatividade, aprendizaxes compartidas e encontros que deixan pegada.

Desde a Rede Museística Provincial de Lugo levamos 20 anos traballando por unha cultura máis accesible, inclusiva e participativa, na que todas as persoas teñan voz e lugar.

Vinte anos de compromiso, de escoita e de aprendizaxe colectiva. E seguimos, coa mesma convicción, loitando pola eliminación de barreiras físicas, sociais e culturais, e dicindo alto e claro NON AO CAPACITISMO.

💜 Seguimos e seguiremos! Porque a inclusión é un compromiso diario e aínda queda camiño por percorrer.

♿ O CAPACITISMO: UNHA LACRA QUE TEMOS QUE SEGUIR COMBATENDO. DERRUBAR BARREIRAS É CONSTRUÍR DEREITOS.Hoxe, desde a Rede ...
14/10/2026

♿ O CAPACITISMO: UNHA LACRA QUE TEMOS QUE SEGUIR COMBATENDO. DERRUBAR BARREIRAS É CONSTRUÍR DEREITOS.

Hoxe, desde a Rede Museística Provincial de Lugo, aproveitando que están próximas a desenvolverse as probas da oferta pública de emprego para acceder como persoal funcionario de carreira, quixemos abrir un espazo de reflexión e diálogo con dous colectivos fundamentais: ACADAR e COGAMI.

Falamos de capacitismo, desa gran lacra social que segue condicionando a vida das persoas con discapacidade, moitas veces a través de prexuízos, actitudes e barreiras que permanecen invisibles para quen non as sofre.

Porque as barreiras non son só arquitectónicas. Son tamén laborais, sociais, culturais, institucionais e, sobre todo, mentais. E mentres conseguimos derrubar algunhas, aparecen outras novas que debemos aprender a identificar e combater.

Non abonda con garantir o acceso ao emprego. Cómpre garantir o dereito a participar, decidir, traballar, crear, g***r da cultura e vivir con plena autonomía e dignidade.

Desde a Rede Museística defendemos que a inclusión non pode ser unha declaración de intencións nin unha medida excepcional. Debe formar parte da maneira de entender as institucións públicas e da nosa responsabilidade cotiá coa cidadanía.

Grazas a ACADAR e COGAMI por acompañarnos nesta reflexión, por compartir coñecemento e por lembrarnos que as persoas con discapacidade non teñen que adaptarse permanentemente a un mundo que segue levantando barreiras. É a sociedade a que ten a obriga de transformarse.

💜 Non queremos unha sociedade que simplemente permita estar. Queremos unha sociedade na que todas as persoas poidan ser, participar, traballar e g***r da vida en igualdade.

Porque a accesibilidade é un dereito, a diversidade é unha riqueza e combater o capacitismo é unha responsabilidade colectiva.

ℹ️ O legado do tempoColección de reloxos de José Antonio Puentes Romay ℹ️Reloxo de sobremesa. Sinclair Harding & Co.Ca. ...
13/10/2026

ℹ️ O legado do tempo
Colección de reloxos de José Antonio Puentes Romay
ℹ️Reloxo de sobremesa. Sinclair Harding & Co.
Ca. 1975-1985 (edición limitada 863/999)
Este reloxo presenta unha caixa esqueleto de estrutura rectangular formada por 4 piares cilíndricos e apoiada sobre unha base de madeira dotada de pequenas patas de soporte. O compartimento inferior destinado á recepción e retorno do tren de esferas está forrado de feltro verde para amortecer o impacto dos móbiles metálicos. A estrutura portante de latón deixa ao descuberto os compoñentes e o característico sistema de plano inclinado e rodadura superior.
Na parte superior os raís do carril helicoidal almacenan as 24 esferas de aceiro que actúan como motor ou regulador de gravidade mediante o percorrido alternativo sobre a bandexa inclinada.
A esfera é circular, con anel capitular prateado, números romanos negros para as horas e florituras intermedias. Presenta agullas de aceiro negro. Os catro parafusos visibles na esfera cumpren unha dobre función: suxeitan a esfera á maquinaria e, de forma simultánea, fixan a platina anterior aos piares cilíndricos.
Na zona inferior do círculo central da esfera disponse unha pequena placa circular aplicada coa firma do minorista, en cursiva: Dove / Bazeley / Cheltenham / ENGLAND.
Na platina posterior aparece: Sinclair Harding & Co. (England), coa inscrición central "FEMA".
Presenta unha base de madeira nobre pulida con catro patas ou soportes metálicos curtos, cuxo compartimento inferior de recepción/retorno de bólas está forrado de feltro de cor verde escura. Conta cunha placa de latón dourado coa inscrición: Spherical Weight Clock / Nº 863 / 999, referida á edición limitada.
Para o seu funcionamento, unha esfera situada na parte superior percorre a pista inclinada dun lado a outro. Deslízase por ese plano por efecto da gravidade. Ao chegar ao extremo da bandexa, o seu peso provoca a inversión da pendente da pista. Isto fai que a bandexa bascule, é dicir, que o extremo que estaba alto baixe e o que estaba baixo suba. Ese movemento de basculación é o que empurra un dente de escape ou libera momentaneamente o tren de engrenaxes, permitindo que as agullas avancen un intervalo preciso de tempo antes de que a bola rode en dirección contraria (ou se complete o ciclo do tren de esferas).
Libérase una bóla cara a bandexa da base (forrada de feltro verde para amortecer o impacto) cada 1,5 horas aproximadamente.
Sinclair Harding & Co. é un fabricante inglés moderno de reloxos de alta calidade, especialmente coñecido polos reloxos de precisión e pezas de inspiración clásica. Non estamos ante unha peza antiga do XIX, senón máis ben ante un reloxo de alta reloxería moderna inspirado nos conceptos cinemáticos de Sir William Congreve e na microenxeñería de finais do século XX.
Dove Bazeley (e a súa denominación estreitamente vinculada, Harding & Bazeley) foi unha célebre firma de microenxeñería e alta reloxería con sede en Cheltenham, Gloucestershire (Inglaterra). Concibiu a patente cinemática e o deseño do prototipo, mentres que Sinclair Harding & Co. realizou o mecanizado de precisión das platinas e tren e FEMA (G. & F. Molyneux) asumiu o acabado, o dourado de compoñentes e a distribución comercial para a serie The Heritage Collection.
Durante o último terzo do século XX, especialmente entre as décadas de 1970 e 1990, o taller converteuse nun referente de culto para a recreación de mecanismos de exhibición histórica e reloxos de fantasía e misterio, non producía reloxos convencionais de parede ou peto, senón mecanismos de exhibición cinemática, concibidos para ser observados en funcionamento.
Para producir pezas mecánicas dun nivel irreprochable, Bazeley estruturou unha trama colaborativa co mellor da horoloxía británica:
- Sinclair Harding & Co.: Encargados da fabricación do movemento principal e do mecanizado de precisión das platinas.
- FEMA (G. & F. Molyneux): Distribuidores comerciais e especialistas en acabados de latón y caixas.
- The Heritage Collection: Serie comercial de luxo concibida para coleccionistas internacionais baixo a cal se comercializaron modelos icónicos como o Spherical Weight Clock (o reloxo de pesos esféricos) ou o Perpetuum Clock.

12/10/2026
Participará a nosa directora Aurelia Aurita
09/10/2026

Participará a nosa directora Aurelia Aurita

San Luqueir@s do mundo.....

Este ano, Mondoñedo volve render homenaxe a Xosé Vizoso, unha figura inseparable da nosa cidade e da historia das nosas feiras. Os seus cabalos, os seus trazos e a súa maneira de entender a nosa terra forman xa parte da identidade das San Lucas.
O sábado 17 de outubro, unha xornada para lembrar, compartir e poñer en valor o enorme legado que nos deixou.
🗣️ Faladoiro «Vizoso e nós»
🎨 Apertura da exposición «Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo»
❤️ Inauguración e descuberta da placa da rúa Xosé Vizoso
Porque falar de Vizoso é falar de Mondoñedo, de cabalos, de arte e das San Lucas.
Unha homenaxe á altura de quen tanto nos deixou. 💙

Dirección

Soidade, 7
Lugo
27001

Horario de apertura

Lunes 10:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 10:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 10:30 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:30 - 14:00
17:00 - 20:00
Domingo 11:00 - 14:00

Teléfono

+34982242112

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo Provincial de Lugo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Museo Provincial de Lugo:

Atajos

Compartir

Categoría