Palloza Museo Casa do Sesto

Palloza Museo Casa do Sesto 🛖Pequeno museo etnográfico localizado en Piornedo que pretende dar a coñecer como era a vida nas pallozas.
☎️ 622140241 // 630411518

Todos a mallar! 🌾
30/08/2026

Todos a mallar! 🌾

🌾 MALLEGA EN PIORNEDO 🌾

Os días 5 e 6 de setembro volvemos celebrar a Mallega de Piornedo, unha fin de semana para recuperar e compartir os labores e costumes tradicionais arredor do centeo 🌾

📅 Sábado 5
🕚 11:00 h — Mallega e escolmado nas liñeiras.

📅 Domingo 6
🕛 12:00 h — Obradoiro de escolmado e obradoiro de brincallos.
🕐 13:00 h — Coloquio: “O traballo do centeo e a conservación das pallozas”.
🕕 18:00 h — Concerto de A Quenlla 🎶

🍔 Haberá tamén hamburguesas de Carqueixa, o sabor dos Ancares.

📲 É necesario anotarse previamente. Inscricións no WhatsApp: 630 411 518.

🌧️ IMPORTANTE: todas as actividades estarán condicionadas pola meteoroloxía, polo que a celebración dependerá de se as condicións permiten realizalas.

Agardámosvos en Piornedo, toda axuda é ben recibida!! 💛🌾

Temos un novo curso en Piornedo! Unha xornada ben completiña para adquirir as noción básicas de orientación no medio nat...
31/07/2026

Temos un novo curso en Piornedo!

Unha xornada ben completiña para adquirir as noción básicas de orientación no medio natural.

Inscripcións e máis información: 622140241

"Os Ancares non se explican, vívense. 🐴⛰️✨​En Poste Cabrito non buscamos trazar rutas turísticas convencionais. O noso o...
26/07/2026

"Os Ancares non se explican, vívense. 🐴⛰️✨

​En Poste Cabrito non buscamos trazar rutas turísticas convencionais. O noso obxectivo é ensinarvos a montaña tal e como a coñecemos dende cativos: respectando a súa fauna, camiñando sen présas e conectando coa vida que medra a máis de 1.400 metros de altitude.

​A beleza destas serras está nos pequenos detalles: nun encontro inesperado no camiño, no silencio dos vales e na Inmensidade do noso horizonte.

Este venres hai unha proxección moi interesante en San Román
08/07/2026

Este venres hai unha proxección moi interesante en San Román

🐛🌱Os días 4 e 5 de xullo ten lugar o IV Bioblitz de Piornedo!! Trátase dunha actividade participativa de ciencia cidadá ...
01/07/2026

🐛🌱Os días 4 e 5 de xullo ten lugar o IV Bioblitz de Piornedo!!
Trátase dunha actividade participativa de ciencia cidadá que ten como obxectivo inventariar a biodiversidade local, contando coa colaboración de persoas expertas e afeccionadas de distintos ámbitos (botánica, micoloxía, fauna, insectos, etc.). Ao longo da fin de semana realizaremos saídas de campo, obradoiros e actividades para todos os públicos, nun espazo de alto valor natural e cultural.

Sábado, 4 de xullo
11:30 h. - Recepción dos participantes en Piornedo
11:45 h. - Presentación do bioblitz
12:00 h. - Itinerarios de descuberta de biodiversidade (I).
15:00 h. - Degustación de produtos da Reserva
17:00 h. - Itinerarios de descuberta de biodiversidade (II).
20:00 h. - Posta en común dos resultados da primeira xornada
21: 00 h. - Cea
22: 00 h. - Mostraxes nocturnas de morcegos e avelaíñas
Domingo, 5 de xullo
10:00 h. - Itinerarios de descuberta de biodiversidade (III)
14:30 h. - Posta en común dos resultados da segunda xornada
15:00 h. - Degustación de produtos da Reserva
17:00 h. - Visita guiada por Piornedo
18:30 h. - Peche do Bioblitz

Esta actividade enmárcase dentro das axudas da Deputación de Lugo para o desenvolvemento de actividades de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.

Para darlle valor a un lugar, sen dúbida, é necesario coñecer a súa historia. Inda estades a tempo de anotarvos nesta xo...
28/05/2026

Para darlle valor a un lugar, sen dúbida, é necesario coñecer a súa historia.
Inda estades a tempo de anotarvos nesta xornada tan interesante, onde se mezcla cultura, tradición e festa, non quedes sen a tua praza!

🛖⛰️

14/04/2026

⏳Últimos días para solicitar a participación no programa

🗓️ Prazo aberto ata o mércores 15 de abril, incluído.

👩‍🌾45 granxas e producións agrogandeiras abren ás súas portas para que nenas e nenos de infantil e primaria coñezan o día a día no sector primario

ℹ️Catálogo de actividades e formularios de solicitude dispoñibles en

https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/80634

Dende a Asociación cultural e deportiva de Árbol propoñen esta actividade tan completa, na que virán visitarnos. No cart...
13/04/2026

Dende a Asociación cultural e deportiva de Árbol propoñen esta actividade tan completa, na que virán visitarnos. No cartaz aparece toda información para que podades anotarvos, vémonos!! 🎊

🏜️ Como vos adiantamos hai unhas semanas, a Asociación Cultural e Deportiva de Árbol foi unha das entidades admitidas no programa 'Coñece a túa provincia 2026', impulsado pola Deputación de Lugo. 🎟️

🥾 Agora xa temos cartel. Promovemos unha excursión gratuita aos Ancares cunha primeira parada na Granxa Gayoso Castro, dirixida pola veterinaria nacida na nosa parroquia, Sonia Verdes. Logo, continuaremos camiño para visitar a aldea de Piornedo, con entrada á Palloza Museo Casa do Sesto e posterior visita a Navia de Suarna e a unha fábrica de embutidos. 🏞️

📆 Mércores 20 de maio
⌚ Saída do bus ás 9:20 h con paradas na igrexa e na Escola do Santo
🆓 Viaxe en bus, visitas e xantar totalmente gratuíto

🚌 Para que a excursión se leve a cabo necesítase que participen un mínimo de 15 persoas e existe un máximo de 23. As prazas concederanse por orde de inscrición, con prioridade para as persoas socias.

🔖 Día límite para anotarse: 12 de maio

RESERVAS NOS SEGUINTES TELÉFONOS:
📞 Marisol: 675 987 412
📞 Tamara: 627 395 122

🙏🏻 Sabemos que é máis complicado ao ser un día pola semana, pero críamos que era importante participar neste tipo de actividades. Animádevos e animade a xente das vosas casas que pode ir!


07/04/2026
07/04/2026

Dirección

Piornedo De Ancares
Lugo
27667

Horario de Apertura

Sábado 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00
Domingo 10:30 - 14:00
16:30 - 20:00

Teléfono

+34630411518

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Palloza Museo Casa do Sesto publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Palloza Museo Casa do Sesto:

Atajos

Compartir

Categoría