03/09/2026
https://skfb.ly/6AqFK
Vidro con cruz
Procedencia: Rúa San Pedro (1998)
Depósito: Servizo Municipal de Arqueoloxía
Titularidade: Depósito da Xunta de Galicia
Cultura: Romana
Uso: Vaixela de mesa/Litúrxico
Técnica: Soprado a molde
Orixe: Indeterminado
Cronoloxía: Séculos IV-VII d.C.
Dimensións: Diámetro: 1,2 cm. Altura conserv.: 2,3 cm
Material/Grupo: Vidro
Forma: Indeterminada
Fragmento de base pertencente a un vaso ou pequena botella cilíndrica de vidro de cor azul escura ou azul cobalto. A base presenta un motivo decorativo en relevo, obtido mediante o soprado a molde, consistente nunha cruz patada, de brazos iguais, cos extremos dos brazos lixeiramente curvos.
O motivo da cruz patada ou visigoda é aquela cuxos brazos se estreitan ao chegar ao centro e alárganse nos extremos. O seu nome provén de que os brazos deste tipo de cruz parecen patas. Este motivo ou marca asóciase frecuentemente a símbolos paleocristiáns, o cal podería suxerir a súa pertenza a un obxecto de uso litúrxico.
Bibliografía
RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Lucus Augusti. La ciudad romano-germánica del Finisterre Ibérico. Génesis y evolución histórica (14 a.C. – 711 d.C.), Concello de Lugo, 2011, p. 201
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, E.: “Fragmento de vidrio con cruz de Lugo” en López Quiroga, J. y Martínez Tejera, A.M., (coords.) In Tempore Sueborum El tiempo de los Suevos en la Gallaecia (411-585) El primer reino medieval de Occidente, 2017, pp.166-167. 📄
Supported devices: iPhone 6S+ & iPad 5+ on iOS 12+ and Android 8.0+ with ARCore 1.9 support Open this page with such a device to experience AR.