Museo do Pobo Galego

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Museo do Pobo Galego MUSEO DO POBO GALEGO Dispón tamén de seccións de arqueoloxía e de arte.
(438)

A EXPOSICIÓN PERMANENTE

O Museo conta con salas permanentes dedicadas ao mar, aos oficios, ao campo, ao traxe, á música, ao hábitat e a arquitectura, á sociedade e á prensa e a imprenta. O criterio seguido na súa montaxe pretende conxugar nunha visión de síntese as distintas facetas que definen a cultura de Galicia. Lonxe de encerrar no ámbito físico do museo todo o complexo fenómeno cultural, téntase proporcionar un compendio da diversidade de Galicia, que sirva como referencia para a valoración das distintas manifestacións dentro do conxunto e para impulsar o interese polo coñecemento directo e a procura de alternativas de futuro para a tradición.

15/10/2026

🗣️ Onte tivemos a honra de acoller unha masterclass co director de cinema 𝐓𝐨𝐦𝐦𝐚𝐬𝐨 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚𝐦𝐛𝐫𝐨𝐠𝐢𝐨, baixo o título 𝑫𝒂 𝒗𝒐𝒛 𝒂́ 𝒊𝒎𝒂𝒙𝒆: 𝒕𝒓𝒂𝒅𝒊𝒄𝒊𝒐́𝒏𝒔 𝒐𝒓𝒂𝒊𝒔 𝒆 𝒏𝒂𝒓𝒓𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒗𝒊𝒔𝒖𝒂𝒍 𝒄𝒐𝒏𝒕𝒆𝒎𝒑𝒐𝒓𝒂́𝒏𝒆𝒂 𝒆𝒏𝒕𝒓𝒆 𝑬𝒕𝒊𝒐𝒑𝒊́𝒂, 𝑮𝒂𝒍𝒊𝒄𝒊𝒂 𝒆 𝑰𝒕𝒂𝒍𝒊𝒂.

Santambrogio falounos do seu proceso artístico, orientado á investigación de arquivo, á antropoloxía e á oralidade e do que emerxe a temática dos relatos, os corpos, os lugares e as comunidades situados fóra das narrativas do poder.

O director italiano explicou o seu proxecto en desenvolvemento 𝑻𝒆𝒓𝒆𝒕 𝑻𝒆𝒓𝒆𝒕, un traballo de varios anos arredor da narración oral etíope, centrada na figura dos 𝘢𝘻𝘮𝘢𝘳𝘪 e maila represión que sufriu este colectivo a mans do colonialismo italiano nos anos 30, ademais de trazar unha liña entre a tradición oral etíope, a italiana e a galega.

🎞️ Seguidamente, proxectouse 𝑻𝒂𝒙𝒊𝒃𝒐𝒍, a película de Santambrogio que se fixo co Premio MICE ao Mellor Filme na 19ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego.


Cultura de Galicia Pazo de Raxoi

🎞️ O vindeiro martes, 20 de outubro, o Museo acollerá a presentación do documental 𝑶 𝒓𝒊́𝒐 𝒅𝒐 𝑷𝒐𝒓𝒕𝒐, 𝒐 𝒓𝒊́𝒐 𝒈𝒓𝒂𝒏𝒅𝒆 𝒅𝒂 𝑻𝒆𝒓...
14/10/2026

🎞️ O vindeiro martes, 20 de outubro, o Museo acollerá a presentación do documental 𝑶 𝒓𝒊́𝒐 𝒅𝒐 𝑷𝒐𝒓𝒕𝒐, 𝒐 𝒓𝒊́𝒐 𝒈𝒓𝒂𝒏𝒅𝒆 𝒅𝒂 𝑻𝒆𝒓𝒓𝒂 𝒅𝒆 𝑺𝒐𝒏𝒆𝒊𝒓𝒂, de Manuel Rial.

🗓️ 20 de outubro
🕖 19 horas
📍Ala Sur do Museo do Pobo Galego

💧 O documental, producido polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM), adapta o libro homónimo editado pola mesma entidade co obxectivo de insistir no coñecemento e posta en valor da principal arteria fluvial da Terra de Soneira e mais de recuperar o seu nome histórico de río do Porto.

🗣️ Na presentación intervirán Xosé Mª Lema, presidente do SEMESCOM e patrón do Museo do Pobo Galego, Manuel Rial, director, guionista e voz do documental, e Pablo Alvite, encargado da fotografía, son e montaxe. Presentará o evento Augusto Pérez Alberti, catedrático emérito de Xeografía da USC.

🧺 Como abordou a historia o xénero e os coidados?👉 O xoves 15 e mailo venres, 16 de outubro, terá lugar no Museo do Pobo...
13/10/2026

🧺 Como abordou a historia o xénero e os coidados?

👉 O xoves 15 e mailo venres, 16 de outubro, terá lugar no Museo do Pobo Galego as xornadas 𝑿𝒆́𝒏𝒆𝒓𝒐, 𝒑𝒓𝒐𝒅𝒖𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒆 𝒄𝒐𝒊𝒅𝒂𝒅𝒐𝒔 𝒂 𝒕𝒓𝒂𝒗𝒆́𝒔 𝒅𝒂 𝒑𝒆𝒓𝒔𝒑𝒆𝒄𝒕𝒊𝒗𝒂 𝒕𝒓𝒂𝒏𝒔𝒉𝒊𝒔𝒕𝒐́𝒓𝒊𝒄𝒂, organizadas polo proxecto Coidarq: Coidados, materialidades e espazos para establecer un espazo para pensar os coidados dende unha perspectiva ampla, crítica e transhistórica.

🗓️ 15 e 16 de outubro
📍 Auditorio do Museo do Pobo Galego

🫂 Abordaranse temas como a organización das tarefas, os vínculos, os corpos, os territorios e as memorias que sosteñen a vida en distintos contextos históricos e sociais.

09/10/2026

▶️ Quen eran as mulleres que cruzaban a fronteira como medio para gañar a vida?

As trapicheiras, as mulleres da Raia, son as protagonistas de 𝑻𝒓𝒂𝒏𝒔𝒇𝒓𝒐𝒏𝒕𝒆𝒊𝒓𝒊𝒛𝒂. Mulleres que, nun contexto de fame, escasas posibilidades laborais e penuria económica, fixeron da fronteira unha vía para saír adiante.

A súa historia quedou durante moito tempo fóra dos relatos oficiais. Por iso, Diana Gonçalves quixo recoñecelas como suxeitos históricos e recuperar as súas vidas e os seus percorridos pola Raia.

🎞️ 𝑻𝒓𝒂𝒏𝒔𝒇𝒓𝒐𝒏𝒕𝒆𝒊𝒓𝒊𝒛𝒂 tamén volve ás súas orixes cinematográficas. As cintas do filme 𝑴𝒖𝒍𝒍𝒆𝒓𝒆𝒔 𝒅𝒂 𝑹𝒂𝒊𝒂, que comezaban a degradarse, foron recuperadas e dixitalizadas coa colaboración da Facultade de Comunicación da USC.

Agora, esas cintas e parte das gravacións recuperadas saen da pantalla para entrar no museo.

Porque en 𝑻𝒓𝒂𝒏𝒔𝒇𝒓𝒐𝒏𝒕𝒆𝒊𝒓𝒊𝒛𝒂, a investigación, o cinema e a memoria entrecrúzanse.

📍 Desde o 22 de outubro | Museo do Pobo Galego

🤝 Xunta de Galicia Pazo de Raxoi
Municipio De Valença Município de Melgaço Património Cultural, I.P. República Portuguesa Museo de Pontevedra GNR - História e Cultura de Defensa España de Santiago de Compostela


"

Hoxe, no marco da 20ª edición do Premio Luís Ksado de fotografía, celebrouse no Museo do Pobo Galego unha homenaxe ao fo...
08/10/2026

Hoxe, no marco da 20ª edición do Premio Luís Ksado de fotografía, celebrouse no Museo do Pobo Galego unha homenaxe ao fotógrafo histórico 𝐉𝐨𝐬𝐞́ 𝐒𝐮𝐚́𝐫𝐞𝐳.

No acto interviñeron María Xosé Fernández Cerviño, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego; Natividad González Rodríguez, deputada de cultura da Deputación da Coruña; e o fotógrafo Xurxo Lobato.

📸 A continuación puidemos escoitar unha conferencia de Manuel Sendón sobre a figura e a obra de José Suárez que, enmarcado nas vangardas de principios do século XX, magnificou ás galegas e galegos a través do seu obxectivo. Un fotógrafo cun enorme valor documental e artístico que retratou á Galicia dos anos 20 e 30, mais tamén a Pampa arxentina dende o exilio ou a cultura xaponesa; e en cuxas fotografías están sempre presente as persoas ou a súa pegada a través dos obxectos.


Deputación da Coruña Xurxo Lobato

Lamentamos fondamente o falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela 1936 – Brión 2026), membro do ...
08/10/2026

Lamentamos fondamente o falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela 1936 – Brión 2026), membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, figura relevante da política galega contemporánea e referente histórico do nacionalismo.

Queremos trasladar o noso cariño e pesar á súa familia, amizades e persoas achegadas.

Todas aquelas persoas que desexen renderlle homenaxe, poderán facelo na sala que habilitaremos ao respecto desde 𝐦𝐚𝐧̃𝐚́ 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬, 𝐝𝐢́𝐚 𝟗 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨, 𝐚́𝐬 𝟏𝟐:𝟎𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬. Posteriormente, 𝐚́𝐬 𝟏𝟔:𝟎𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐨 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬, celebrarase tamén no Museo o 𝐚𝐜𝐭𝐨 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐝𝐞 𝐡𝐨𝐦𝐞𝐧𝐚𝐱𝐞 aberto á cidadanía.


📸 Xurxo Lobato

📸 Hoxe inauguramos no Museo do Pobo Galego a exposición do 20º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica. As obras gañad...
07/10/2026

📸 Hoxe inauguramos no Museo do Pobo Galego a exposición do 20º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica.

As obras gañadoras e finalistas desta edición, convocada pola Deputación da Coruña, xa se poden visitar durante todo o mes de outubro. Unha mostra que reúne seis miradas diferentes a través dos traballos de Miguel Muñiz, gañador desta edición con Aventados; e das persoas finalistas Carlos Folgoso Sueiro, con Néboa; Tono Arias, con Terra negra; Roberto de la Torre Camiña, con Terra de promesas; Rodrigo Sánchez Suárez, con Latencia; e Raquel López Pajares, con La mente vacía.

O acto contou coa presenza da deputada de Cultura da Coruña, Natividad González; do comisario do premio, o fotógrafo Xurxo Lobato; e da vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, María Xosé Fernández Cerviño.

🎥 Celebramos así a fotografía, as súas múltiples miradas e 20 edicións dun dos grandes premios da creación fotográfica galega.

E este xoves, nova cita importante, coa homenaxe ao fotógrafo histórico José Suárez. Ás 19:00 horas, no .

Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña Xurxo Lobato

🗣️🎞️ Co título 𝑫𝒂 𝒗𝒐𝒛 𝒂́ 𝒊𝒎𝒂𝒙𝒆: 𝒕𝒓𝒂𝒅𝒊𝒄𝒊𝒐́𝒏𝒔 𝒐𝒓𝒂𝒊𝒔 𝒆 𝒏𝒂𝒓𝒓𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒗𝒊𝒔𝒖𝒂𝒍 𝒄𝒐𝒏𝒕𝒆𝒎𝒑𝒐𝒓𝒂́𝒏𝒆𝒂 𝒆𝒏𝒕𝒓𝒆 𝑬𝒕𝒊𝒐𝒑𝒊́𝒂, 𝑮𝒂𝒍𝒊𝒄𝒊𝒂 𝒆 𝑰𝒕𝒂𝒍𝒊𝒂, o...
06/10/2026

🗣️🎞️ Co título 𝑫𝒂 𝒗𝒐𝒛 𝒂́ 𝒊𝒎𝒂𝒙𝒆: 𝒕𝒓𝒂𝒅𝒊𝒄𝒊𝒐́𝒏𝒔 𝒐𝒓𝒂𝒊𝒔 𝒆 𝒏𝒂𝒓𝒓𝒂𝒄𝒊𝒐́𝒏 𝒗𝒊𝒔𝒖𝒂𝒍 𝒄𝒐𝒏𝒕𝒆𝒎𝒑𝒐𝒓𝒂́𝒏𝒆𝒂 𝒆𝒏𝒕𝒓𝒆 𝑬𝒕𝒊𝒐𝒑𝒊́𝒂, 𝑮𝒂𝒍𝒊𝒄𝒊𝒂 𝒆 𝑰𝒕𝒂𝒍𝒊𝒂, o director de cinema 𝐓𝐨𝐦𝐦𝐚𝐬𝐨 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐚𝐦𝐛𝐫𝐨𝐠𝐢𝐨 impartirá unha masterclass arredor do proxecto en desenvolvemento 𝑻𝒆𝒓𝒆𝒕 𝑻𝒆𝒓𝒆𝒕, un traballo de investigación dedicado á tradición oral etíope e a unha das páxinas máis escuras do colonialismo italiano: a represión deliberada contra contacontos, adiviños e narradores orais, principais custodios da memoria colectiva do país, tralo atentado contra o virrey Rodolfo Graziani en 1937.

🗓️ 14 de outubro
🕠 17:30 a 20:00 horas
📍 Ala Sur do Museo do Pobo
📩 Inscricións: [email protected].

📽️ Despois do obradoiro proxectarase 𝑻𝒂𝒙𝒊𝒃𝒐𝒍, a película de Santambrogio que se fixo co Premio MICE ao Mellor Filme na 19ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego.


Cultura de Galicia Pazo de Raxoi

𝐓𝐚𝐦𝐛𝐨𝐫 𝐝𝐚𝐬 𝐜𝐚𝐬𝐭𝐚𝐧̃𝐚𝐬🌰 Trátase dun asador con forma cilíndrica que serve para asar castañas, colocado sobre unha fonte de...
06/10/2026

𝐓𝐚𝐦𝐛𝐨𝐫 𝐝𝐚𝐬 𝐜𝐚𝐬𝐭𝐚𝐧̃𝐚𝐬

🌰 Trátase dun asador con forma cilíndrica que serve para asar castañas, colocado sobre unha fonte de calor e dándolle voltas mediante a barra que o atravesa. E a vós, como vos gustan as castañas, agora é tempo de magosto? 😋

Ficha:

▻ Ano: 1950, ca.
▻ Material: Ferro.
▻ Procedencia: Vilar do Courel, Vilarmor (San Vicente), Folgoso do Courel (Lugo).
▻ Doazón de Juan Sánchez Rodríguez.

Para o mes, un novo xogo co Museo do Pobo Galego.


Cultura de Galicia Deputación da Coruña Pazo de Raxoi

Dirección

San Domingos De Bonaval S/n, Galiza
Santiago De Compostela
15703

Horario de apertura

Martes 11:00 - 19:30
Miércoles 11:00 - 18:00
Jueves 11:00 - 18:00
Viernes 11:00 - 19:30
Sábado 11:00 - 19:30
Domingo 11:00 - 14:00

Teléfono

+34981583620

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo do Pobo Galego publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Museo do Pobo Galego:

Atajos

Compartir

Categoría