CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo

CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) Creado en 1993 como espazo de difusión cultural, propón dinamizar o panorama artístico actual. Free admission.
(466)

Creado en 1993 o Centro Galego de Arte Contemporánea é un espazo de difusión cultural cuxa función é dinamizar o panorama artístico actual e reflexionar sobre a diversidade das conformacións culturais na sociedade contemporánea. Ademáis dun espazo expositivo, o CGAC é un centro dinámico e multidisciplinar no que se celebran ciclos de conferencias, obradoiros impartidos por artistas e incursións no campo da música, as artes escénicas e o cinema, que permiten a participación activa do público e favorecen o intercambio de ideas entre profesionais de distintos ámbitos. Entrada de balde.

----------

Creado en 1993, el Centro Galego de Arte Contemporánea es un espacio de difusión cultural cuya función es dinamizar el panorama artístico actual y reflexionar acerca de la diversidad de las conformaciones culturales en la sociedad contemporánea. Desde sus inicios, el CGAC ha mostrado las líneas directrices del arte de las últimas décadas mediante exposiciones retrospectivas de artistas reconocidos internacionalmente al lado de exposiciones dedicadas a difundir el arte gallego, incluyendo tanto autores ya consagrados como a los más emergentes. También son continuas las colaboraciones con otras instituciones, que en esta nueva etapa se verán reforzadas con proyectos a largo plazo. Entrada gratuita.

----------

Created in 1993, the CGAC is a space for cultural diffusion, focusing on contemporary art, whose mission is to contribute to strengthen the modern art scene and to reflect on the diversity of cultural expressions in contemporary society. Furthermore, beyond the exhibiting space, the CGAC is a dynamic and multidisciplinary centre, which holds lectures, artist-driven workshops and incursions in the fields of music, cinema, and the performing arts, thus allowing for the direct participation of the public and favouring the exchange of views among professionals of different fields.

15/10/2026

A serie ‘Albatros’ (2001) evoca a viaxe, a migración e o transporte marítimo, á vez que fala do desgaste e da memoria dos obxectos.

📹 Vídeo completo: https://www.youtube.com/watch?v=ya0z7csFg-Q

Cultura de Galicia
Es Baluard Museu d'Art Contemporani de Palma

📸  Así vivimos a última ruta de arquitectura! Un paseo por Compostela para descubrir as chamadas “arquitecturas de bordo...
14/10/2026

📸 Así vivimos a última ruta de arquitectura! Un paseo por Compostela para descubrir as chamadas “arquitecturas de bordo”, actuacións que conectan zonas da cidade construídas en distintas épocas.

📣 Queda unha última ruta este ano o 14 de novembro e nela volveremos descubrir os espazos culturais.

Fotos: Manu Suárez

Vari Caramés, Premio Nacional de Fotografía 2026 concedido por Ministerio de Cultura ✨ Parabéns!O xurado outorgoulle o p...
13/10/2026

Vari Caramés, Premio Nacional de Fotografía 2026 concedido por Ministerio de Cultura ✨ Parabéns!

O xurado outorgoulle o premio destacando "a vixencia e contemporaneidade do seu traballo, a súa achega á fotografía artística e contribución á renovación cultural galega desde os anos 80"

📸 Nas imaxes: 'Natación' (2000), obra da serie 'Color' (2000) e pertencente á Colección CGAC, e unha parede da exposición do artista ferrolán no museo en 2001.

🧘 O martes 20 de outubro teremos unha nova sesión de 𝗜𝗢𝗚𝗔 inspirada nas novas exposicións do CGAC.𝐐𝐮𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐫?✍️ I...
13/10/2026

🧘 O martes 20 de outubro teremos unha nova sesión de 𝗜𝗢𝗚𝗔 inspirada nas novas exposicións do CGAC.

𝐐𝐮𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐫?
✍️ Inscrición en [email protected] do 13 ao 16 de outubro (ou ata esgotar prazas!)
👋 Para persoas maiores de 13 anos iniciadas no ioga e interesadas no mundo da arte
❗️ Debes traer a túa esteira, roupa cómoda e unha manta para a relaxación final.

🔗 https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/respirar-arte-sesions-de-ioga-e-arte-no-cgac

Cultura de Galicia

Un círculo de pegadas ausentes.En 'Danza' (1989-1990), Caxigueiro recrea os pasos circulares do baile tradicional galego...
11/10/2026

Un círculo de pegadas ausentes.

En 'Danza' (1989-1990), Caxigueiro recrea os pasos circulares do baile tradicional galego a través dunha instalación de linguaxe simbólica e austera.

A obra aborda a cultura popular, a miúdo relegada polos poderes fácticos, e insiste na necesidade de preservar a idiosincrasia cultural ante un mundo en proceso de despersonalización.

🖼️ Descubre esta e outras obras da mostra 'Illa ignorada' no CGAC.

Foto: Manu Suárez

Cultura de Galicia

08/10/2026

⛵ Velas mallorquinas, memoria do mar.

En 2013, Jannis Kounellis reutilizou velas mallorquinas usadas, tensadas e pregadas sobre marcos de aceiro. A súa pegada e o seu desgaste conservan a memoria da súa vida anterior no mar e evocan o vínculo de Palma co Mediterráneo.

📹 Vídeo completo: https://www.youtube.com/watch?v=spMcSpNL4sE

🎧 𝗖𝗟𝗨𝗕 𝗗𝗘 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗜𝗧𝗔. E se volvemos escoitar música sen présa e en compañía?O CGAC e o Modus Vivendi unímonos para crear un...
07/10/2026

🎧 𝗖𝗟𝗨𝗕 𝗗𝗘 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗜𝗧𝗔. E se volvemos escoitar música sen présa e en compañía?

O CGAC e o Modus Vivendi unímonos para crear un espazo de escoita consciente como práctica artística e acto comunitario. Unha proposta dirixida por Santi Araújo que conectará música e artes visuais a través de sesións de escoita colectiva de outubro a maio.

📣 A primeira sesión no CGAC será o luns 19 de outubro ás 20:15 h e a inscrición xa está aberta ata o 15 de outubro.

🔗 https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/club-de-escoita-escoita-consciente-como-practica-artistica-e-acto-comunitario

Cultura de Galicia

A axenda da dirección | Milán 🇮🇹Unha parte importante do traballo do CGAC tamén acontece fóra das súas salas: nos encont...
05/10/2026

A axenda da dirección | Milán 🇮🇹

Unha parte importante do traballo do CGAC tamén acontece fóra das súas salas: nos encontros, nas conversas e nos contactos que permiten coñecer de primeira man o contexto artístico.

A semana pasada, a directora do CGAC Eva López Tarrío, estivo en Milán mantendo reunións con artistas e galerías. Entre elas, o encontro con Alexander Brodsky e coa galerista Nina Colantoni, da Galería Maab, así como a asistencia á inauguración da exposición de Peter Halley convidada pola galería Francesca Minini.

Tradición, memoria e linguaxe contemporánea.En 'Sen título' (2023), Sonia Navarro recupera o tecido con esparto como rei...
04/10/2026

Tradición, memoria e linguaxe contemporánea.

En 'Sen título' (2023), Sonia Navarro recupera o tecido con esparto como reivindicación da tradición artesanal e como exercicio de memoria e restitución cara a saberes historicamente relegados polo sistema patriarcal.

A peza remite ao taller de costura familiar e resignifica o traballo manual máis alá do seu vínculo co doméstico, nunha obra de gran presenza escultórica que integra tradición e contemporaneidade.

🖼️ Descubre esta e outras obras da mostra 'Illa ignorada' no CGAC.

Foto: Manu Suárez

Cultura de Galicia

📸 Comezamos a explorar a fotografía desde o presente!Onte tivemos a primeira sesión de 'A posfotografía. Do píxel ao alg...
02/10/2026

📸 Comezamos a explorar a fotografía desde o presente!

Onte tivemos a primeira sesión de 'A posfotografía. Do píxel ao algoritmo', o curso de historia da fotografía dirixido por Xaime Fandiño este curso no CGAC. Por diante, máis encontros para afondar nas transformacións da imaxe na era dixital e seguir pensando como producimos, compartimos e miramos fotografías.

Fotos: Manu Suárez

Dirección

Rúa Ramón Del Valle Inclan, 2
Santiago De Compostela
15703

Horario de apertura

Martes 11:00 - 20:00
Miércoles 11:00 - 20:00
Jueves 11:00 - 20:00
Viernes 11:00 - 20:00
Sábado 11:00 - 20:00
Domingo 11:00 - 20:00

Teléfono

+34981546619

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea):

Compartir

Categoría