14/10/2026
Cada Xoves Santo, o mosteiro de San Martiño Pinario instalaba unha magnífica arquitectura efémera destinada a acoller o Santísimo Sacramento despois da misa da Cea do Señor. Datado en 1772, foi realizado a partir do deseño do monxe bieito frei Plácido Caamiña, mentres que o labor escultórico correu a cargo de Xosé Ferreiro. Trala desamortización, perdeuse boa parte da estrutura, pero hoxe poden aínda verse un total de 29 esculturas que formaban parte del, expostas no Museo Diocesano.
***Este proxecto de difusión cultural é posible grazas as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.