Museos Históricos da Coruña

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Museos Históricos da Coruña Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón e as 3 Casas Museo de Picasso, María Pita e Casares Quiroga

Presentación da novela “Al calor de tu nombre”, de Selena Millares. A acompañará Claudio Rodríguez Fer. Xoves 22 de outu...
19/10/2026

Presentación da novela “Al calor de tu nombre”, de Selena Millares. A acompañará Claudio Rodríguez Fer. Xoves 22 de outubro ás 19 horas, na Casa Museo Casares Quiroga.

A figura do intelectual galego José Almoina serve de punto de partida. Unha obra ambiciosa que percorre algunhas das grandes feridas do século XX: a Guerra Civil, o exilio republicano, as ditaduras e a violencia política.

Cunha prosa de gran intensidade narrativa, a novela combina historia de amor, thriller político e memoria histórica para seguir o periplo de Almoina e da súa familia desde a España republicana ata Francia, a República Dominicana de Trujillo e México. Ao mesmo tempo, aborda cuestións como o desarraigamento, a persecución ideolóxica, a fraxilidade das democracias e as migracións forzadas, temas que continúan plenamente vixentes.

A obra recupera a memoria dunha figura esencial do exilio republicano galego. José Almoina (Lugo, 1903 - Cidade de México, 1960) foi escritor, mestre e militante socialista. A súa biografía enlaza dúas das grandes historias do século XX: o exilio provocado pola Guerra Civil e a loita contra a ditadura de Rafael Leónidas Trujillo.

Selena Millares (Las Palmas de Gran Canaria, 1963) é poeta, narradora, ensaísta e catedrática de Literatura Hispanoamericana na Universidade Autónoma de Madrid. Cunha ampla traxectoria investigadora e literaria, foi recoñecida con diversos galardóns, entre eles o Premio Internacional de Literatura Antonio Machado de Colliure pola súa novela El faro y la noche.

Un encontro arredor da literatura, da memoria histórica e das historias de exilio e resistencia que aínda nos interpelan no presente.

Volvemos co proxecto VINTE de ! Un percorrido escénico e afectivo pola etapa coruñesa de Picasso abordándoo desde a dive...
16/10/2026

Volvemos co proxecto VINTE de !

Un percorrido escénico e afectivo pola etapa coruñesa de Picasso abordándoo desde a diversidade e a inclusión. A Casa Museo Picasso converterase no escenario de accións teatrais, intervencións performáticas, musicais e visuais polas súas distintas estancias.

A obra inspírase en feitos e figuras clave da infancia do pintor na cidade, como a perda da súa irmá Conchita ou a figura da “moza dos pés descalzos”, considerada a súa primeira obra mestra.

Data: Sábado, 24 de outubro
Hora: 17:30 h
Lugar: Casa Museo Picasso (A Coruña)
Reservas: [email protected]
Máis información: 981 189 854

VINTE: “Visións, soños, sons e mentiras”.
Dirección artística:
Conceptualización, deseño e xestión: .bernardini
Coordinación:
Equipo artístico: .act
Deseño gráfico:

14/10/2026
14/10/2026

O artista galego expón na Casa Museo Picasso quince óleos nos que reinterpreta obras como La Gioconda ou La dama del armiño con humor e referencias próximas

🏰🎂Esta tarde, no obradoiro “Do pigmento ao soprado”, celebrado con motivo do LVIII Aniversario do Museo, achegámonos á a...
10/10/2026

🏰🎂Esta tarde, no obradoiro “Do pigmento ao soprado”, celebrado con motivo do LVIII Aniversario do Museo, achegámonos á arte rupestre a través da arqueoloxía experimental: moenda de minerais, elaboración de pigmentos e experimentación co “aerógrafo” prehistórico.
Unha xornada para descubrir, experimentar e comprender mellor as técnicas e o significado da arte dos nosos antepasados.

Cultura da Coruña Galipat Servizos Culturais

🏰🎂Hoxe celebramos o LVIII Aniversario do Museo viaxando á Prehistoria!🪨🎨 No taller “Pintando nas rochas”, os máis pequen...
10/10/2026

🏰🎂Hoxe celebramos o LVIII Aniversario do Museo viaxando á Prehistoria!

🪨🎨 No taller “Pintando nas rochas”, os máis pequenos e pequenas descubriron a arte rupestre, moeron minerais para elaborar pinturas tradicionais e experimentaron co “aerógrafo” prehistórico, nunha mañá chea de arqueoloxía, ciencia e creatividade.

Cultura da Coruña Galipat Servizos Culturais

O vindeiro 13 de outubro ás 19 horas inauguramos exposición na Casa Museo Picasso: “Versolandradas” de Leandro Lamas.Lea...
10/10/2026

O vindeiro 13 de outubro ás 19 horas inauguramos exposición na Casa Museo Picasso: “Versolandradas” de Leandro Lamas.

Leandro Lamas está considerado como unha das voces máis singulares da arte galega contemporánea. O seu estilo, claramente identificable caracterízase polo uso de cores intensas, a representación da vida cotiá e a presenza de escenas inspiradas na cultura popular galega. A súa obra transmite unha visión optimista e emocional do mundo, habitada por personaxes, animais e paisaxes que evocan a memoria, os afectos e as tradicións.

Ao longo da súa traxectoria, Leandro Lamas combinou a pintura coa ilustración, realizando portadas de discos, carteis, murais e ilustracións para numerosas publicacións. Nos últimos anos adquiriu tamén unha notable proxección grazas ás súas obras personalizadas, nas que transforma historias e vivencias persoais en composicións cheas de simbolismo, cor e sensibilidade.

Recoñecido como un dos artistas galegos máis populares da actualidade, a súa obra forma parte de coleccións públicas e privadas e continúa a contribuír á difusión dunha imaxe contemporánea, alegre e profundamente arraigada na identidade cultural de Galicia.

NEXOS regresa á Casa Museo Casares Quiroga o vindeiro xoves 15 de outubro ás 18:00 h.Unha nova sesión co guitarrista, in...
09/10/2026

NEXOS regresa á Casa Museo Casares Quiroga o vindeiro xoves 15 de outubro ás 18:00 h.

Unha nova sesión co guitarrista, investigador e comisario musical Samuel Diz que presenta “A guitarra de Lorca”. Unha proposta que mergulla no universo sonoro de Federico García Lorca e nos vínculos entre música, poesía, teatro e memoria.

A través de obras da Idade de Prata, melodías populares asociadas ao poeta e textos de carácter memorialístico, o concerto propón unha emocionante reflexión sobre o exilio republicano de 1939 e o legado cultural compartido por Lorca e María Casares.

Unha experiencia participativa que combina contextualización histórica, interpretación musical e coloquio co público, reafirmando a aposta de NEXOS por unha cultura viva, accesible e interdisciplinar.

📣Prazas limitadas. RESERVA no teléfono 981 189 856.

Hoxe, ás 18.00 horas, a Casa Museo María Pita presenta A NADA, a nova exposición da artista ourensá Ana Fernández, unha ...
08/10/2026

Hoxe, ás 18.00 horas, a Casa Museo María Pita presenta A NADA, a nova exposición da artista ourensá Ana Fernández, unha creadora que desenvolve o seu traballo no ámbito da poesía visual, a experimentación gráfica e o diálogo entre imaxe, palabra e emoción.

A autora propón unha reflexión sobre o baleiro, a identidade e a percepción a través dunha obra de gran sutileza formal e conceptual. Realizada mediante a técnica do gofrado e inspirada no gyotaku, tradicional sistema xaponés de estampación, a serie convida o público a unha experiencia de observación pausada. Neste proceso, o propio reflexo do visitante convértese en parte da obra e no punto de partida dunha viaxe emocional e introspectiva. A proposta formula tamén unha reflexión sobre como a conciencia individual está condicionada polo medio que rodea cada persoa e polas propias inseguridades que conforman a súa identidade.

A exposición compleméntase con textos poéticos seleccionados pola propia autora, reforzando o carácter interdisciplinar dunha proposta que invita a deterse, observar e descubrir novas lecturas daquilo que, aparentemente, non contén nada.

📢 Lembrade que xa está aberto o prazo de inscrición para as actividades de celebración do 58 aniversario do Museo Arqueo...
06/10/2026

📢 Lembrade que xa está aberto o prazo de inscrición para as actividades de celebración do 58 aniversario do Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón e do Día Europeo da Arte Rupestre!

Non quededes sen praza!

- Obradoiro infantil: Pintando nas rochas 👉 https://ticketing.coruna.gal/arq/pintando/

- Obradoiro para persoas adultas: Do pigmento ao soprado 👉 https://ticketing.coruna.gal/arq/rupestre/

📅 Actividades: sábado, 10 de outubro na biblioteca do Castelo.




Cultura da Coruña Galipat Servizos Culturais

Dirección

La Coruña
15001

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museos Históricos da Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Museos Históricos da Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría