Filmoteca de Galicia

Filmoteca de Galicia Filmoteca de Galicia Está integrada na Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A Filmoteca de Galicia é unha institución da Xunta de Galicia, que ten como principal misión a salvagarda e difusión do patrimonio audiovisual galego. Creada como Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) polo Decreto 210/1989, do 5 de outubro, da Xunta de Galicia, inaugurouse o 15 de marzo de 1991, data desde a que vén desenvolvendo as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía de x

eito regular. As súas principais funcións no ámbito audiovisual son a recuperación, a catalogación, a custodia e a difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego, así como a programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe. As súas instalacións —arquivo, mediateca, sala de proxeccións e oficinas— están localizadas na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña. Desde 1999, forma parte da International Federation of Film Archives (FIAF) co estatus de membro asociado.

29/05/2026

O ciclo 𝙈𝙖𝙩𝙚𝙧𝙞𝙖𝙞𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙝𝙞𝙨𝙩𝙤𝙧𝙞𝙖 𝙙𝙤 𝙘𝙞𝙣𝙚 𝙚𝙣 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 continúa na achegándonos a pezas fundamentais para reconstruír a memoria audiovisual do noso país. Onte presentamos cinco curtas producidas polo coruñés Víctor Ruppen nos anos 70, que supuxeron a primeira tentativa de rodar cine profesional en galego de forma sistemática, e que puideron ser redixitalizadas grazas á colaboración con Filmoteca Española.

🗣️ Con moitos familiares e persoas achegadas a Ruppen na sala, participaron na sesión 𝗔𝗻𝘁𝗼𝗻𝗶𝗼 𝗦𝗶𝗺ó𝗻 e 𝗠𝗶𝗴𝘂𝗲𝗹 𝗖𝗮𝘀𝘁𝗲𝗹𝗼, directores de O pai de Migueliño e de Fendetestas, respectivamente. Compartimos con eles unha conversa arredor da creación cinematográfica en Galicia naqueles anos, do valor da nosa lingua e da importancia de preservar estas películas.

📲 Podes ver a entrevista completa na nosa canle de Youtube.

Axencia Galega das Industrias Culturais | Cultura de Galicia

26/05/2026

O pasado venres na puxemos broche final ao programa 𝘾𝙤𝙢𝙥𝙖𝙧𝙩𝙞𝙧 𝙤 𝙘𝙞𝙣𝙚𝙢𝙖 coa visita da montadora belga 𝗖𝗹𝗮𝗶𝗿𝗲 𝗔𝘁𝗵𝗲𝗿𝘁𝗼𝗻, estreita colaboradora de 𝗖𝗵𝗮𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗔𝗸𝗲𝗿𝗺𝗮𝗻, con quen tivemos un encontro trala proxección de 𝘿'𝙀𝙨𝙩, primeiro filme no que traballaron xuntas.

🗣 Aproveitando a súa visita, falamos con ela sobre o poder do silencio na edición, as formas de “escoitar” un filme e a súa concepción da montaxe.

📲 Podes ver a entrevista completa na nosa canle de Youtube.

Axencia Galega das Industrias Culturais | Cultura de Galicia

📼 Esta semana na   recuperamos 𝙈𝙖𝙩𝙚𝙧𝙞𝙖𝙞𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙝𝙞𝙨𝙩𝙤𝙧𝙞𝙖 𝙙𝙤 𝙘𝙞𝙣𝙚 𝙚𝙣 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 cunha sesión que reúne as cinco curtas pr...
25/05/2026

📼 Esta semana na recuperamos 𝙈𝙖𝙩𝙚𝙧𝙞𝙖𝙞𝙨 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙝𝙞𝙨𝙩𝙤𝙧𝙞𝙖 𝙙𝙤 𝙘𝙞𝙣𝙚 𝙚𝙣 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 cunha sesión que reúne as cinco curtas producidas por 𝗩𝗶́𝗰𝘁𝗼𝗿 𝗥𝘂𝗽𝗽𝗲𝗻 entre 1975 e 1977 en novas restauracións dixitais que realizamos grazas á colaboración coa Filmoteca Española.

🎞 En 𝙁𝙤́𝙧𝙖 𝙙𝙚 𝙨𝙚𝙧𝙞𝙚 seguimos coa obra do rumano 𝗥𝗮𝗱𝘂 𝗝𝘂𝗱𝗲 e os títulos 𝙉𝙤 𝙚𝙨𝙥𝙚𝙧𝙚𝙨 𝙙𝙚𝙢𝙖𝙨𝙞𝙖𝙙𝙤 𝙙𝙚𝙡 𝙛𝙞𝙣 𝙙𝙚𝙡 𝙢𝙪𝙣𝙙𝙤 e 𝙐𝙣 𝙥𝙤𝙡𝙫𝙤 𝙙𝙚𝙨𝙖𝙛𝙤𝙧𝙩𝙪𝙣𝙖𝙙𝙤 𝙤 𝙥𝙤𝙧𝙣𝙤 𝙡𝙤𝙘𝙤; proxectamos 𝙑𝙞𝙚𝙣𝙩𝙤 𝙙𝙚𝙡 𝙚𝙨𝙩𝙚, da cineasta e artista visual arxentina 𝗠𝗮𝗶𝗮 𝗚𝗮𝘁𝘁𝗮́𝘀 𝗩𝗮𝗿𝗴𝗮𝘀; estreamos ¿𝙌𝙪𝙚́ 𝙩𝙚 𝙙𝙞𝙘𝙚 𝙚𝙨𝙖 𝙣𝙖𝙩𝙪𝙧𝙖𝙡𝙚𝙯𝙖?, o novo do coreano 𝗛𝗼𝗻𝗴 𝗦𝗮𝗻𝗴-𝘀𝗼𝗼 e proxectamos o clásico 𝘾𝙖𝙛𝙚́ 𝙮 𝙘𝙞𝙜𝙖𝙧𝙧𝙞𝙡𝙡𝙤𝙨, de 𝗝𝗶𝗺 𝗝𝗮𝗿𝗺𝘂𝘀𝗰𝗵.

🖇️ https://filmotecadegalicia.xunta.gal/gl/programacion

Axencia Galega das Industrias Culturais | Cultura de Galicia

19/05/2026

🎞 𝙁𝙤́𝙧𝙖 𝙙𝙚 𝙨𝙚𝙧𝙞𝙚 tráenos este mes una selección das últimas obras do rumano 𝗥𝗮𝗱𝘂 𝗝𝘂𝗱𝗲, recoñecido polo seu estilo provocador e satírico e a súa mirada crítica cara á sociedade e á historia de Romanía. Tres filmes que contaron cun amplo percorrido por festivais, ademais de acadar o Oso de Ouro en Berlín en 2021 por 𝙐𝙣 𝙥𝙤𝙡𝙫𝙤 𝙙𝙚𝙨𝙖𝙛𝙤𝙧𝙩𝙪𝙣𝙖𝙙𝙤 𝙤 𝙥𝙤𝙧𝙣𝙤 𝙡𝙤𝙘𝙤.

🗓 𝙆𝙤𝙣𝙩𝙞𝙣𝙚𝙣𝙩𝙖𝙡 ’𝟮𝟱 | Mércores 20 ás 18h | Xoves 21 ás 20.30h
🗓 𝙐𝙣 𝙥𝙤𝙡𝙫𝙤 𝙙𝙚𝙨𝙖𝙛𝙤𝙧𝙩𝙪𝙣𝙖𝙙𝙤 𝙤 𝙥𝙤𝙧𝙣𝙤 𝙡𝙤𝙘𝙤 | Martes 26 ás 18h
🗓 𝙉𝙤 𝙚𝙨𝙥𝙚𝙧𝙚𝙨 𝙙𝙚𝙢𝙖𝙨𝙞𝙖𝙙𝙤 𝙙𝙚𝙡 𝙛𝙞𝙣 𝙙𝙚𝙡 𝙢𝙪𝙣𝙙𝙤 | Mércores 27 ás 19h

🎥 𝙆𝙤𝙣𝙩𝙞𝙣𝙚𝙣𝙩𝙖𝙡 ’𝟮𝟱 (Radu Jude, 2025)

Axencia Galega das Industrias Culturais | Cultura de Galicia

🎬 Esta semana na   e, grazas ao programa 𝘾𝙤𝙢𝙥𝙖𝙧𝙩𝙞𝙧 𝙤 𝙘𝙞𝙣𝙚𝙢𝙖, contamos coa visita dunha estreita colaboradora de 𝗖𝗵𝗮𝗻𝘁𝗮𝗹 ...
18/05/2026

🎬 Esta semana na e, grazas ao programa 𝘾𝙤𝙢𝙥𝙖𝙧𝙩𝙞𝙧 𝙤 𝙘𝙞𝙣𝙚𝙢𝙖, contamos coa visita dunha estreita colaboradora de 𝗖𝗵𝗮𝗻𝘁𝗮𝗹 𝗔𝗸𝗲𝗿𝗺𝗮𝗻, a montadora belga 𝗖𝗹𝗮𝗶𝗿𝗲 𝗔𝘁𝗵𝗲𝗿𝘁𝗼𝗻, con quen conversaremos sobre a concepción da edición e os procesos de creación que compartiu con Akerman despois de ver 𝘿'𝙀𝙨𝙩, primeiro filme no que traballaron xuntas.

📹 Estreamos os dous últimos programas de 𝙋𝙚𝙧𝙢𝙖𝙣𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙙𝙤 𝙚𝙛é𝙢𝙚𝙧𝙤. (𝙄𝙢)𝙥𝙚𝙧𝙛𝙚𝙘𝙩𝙖𝙨 𝙤́𝙥𝙩𝙞𝙘𝙖𝙨 𝙙𝙖 𝙧𝙚𝙥𝙧𝙚𝙨𝙚𝙣𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 tráenos dous filmes que evidencian a fráxil pervivencia do patrimonio e a historia palestina tras décadas de bombardeo e investigan as imaxes nocturnas bélicas dos conflitos contemporáneos. 𝘾𝙤𝙡𝙚𝙘𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙙𝙤 𝙖𝙡𝙡𝙚𝙤 afonda a través de catro títulos en temas como o fetichismo de coleccionar imaxes, a representación das marxes sociais, a impostura dos paquetes de imaxes de ‘stock’ ou a intelixencia dos motores de busca.

🎞 En 𝙁𝙤́𝙧𝙖 𝙙𝙚 𝙨𝙚𝙧𝙞𝙚 mergullámonos na obra do rumano 𝗥𝗮𝗱𝘂 𝗝𝘂𝗱𝗲, recoñecido polo seu estilo satírico e ás veces controvertido con 𝙆𝙤𝙣𝙩𝙞𝙣𝙚𝙣𝙩𝙖𝙡 '𝟮𝟱, a historia de Orsolya, quen debe executar o desafiuzamento dun home sen teito que vive no soto dun edificio do centro destinado a converterse nun hotel de luxo. Tamén nos adentramos no legado do pobo xitano con 𝙋𝙚𝙣𝙙𝙖𝙧𝙞𝙥𝙚𝙣, 𝙡𝙖 𝙝𝙞𝙨𝙩𝙤𝙧𝙞𝙖 𝙨𝙞𝙡𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖𝙙𝙖 𝙙𝙚𝙡 𝙋𝙪𝙚𝙗𝙡𝙤 𝙂𝙞𝙩𝙖𝙣𝙤, un filme de 𝗔𝗹𝗳𝗼𝗻𝘀𝗼 𝗦𝗮́𝗻𝗰𝗵𝗲𝘇 que nos aproxima á identidade xitana nunha conversa con escritores, antropólogos, políticos e artistas xitanos.

🇩🇪 Poñemos o ramo ao foco de 𝗙𝗮𝘀𝘀𝗯𝗶𝗻𝗱𝗲𝗿 coas dúas últimas sesións de 𝙀𝙡 𝙢𝙖𝙩𝙧𝙞𝙢𝙤𝙣𝙞𝙤 𝙙𝙚 𝙈𝙖𝙧𝙞́𝙖 𝘽𝙧𝙖𝙪𝙣.

🖇️ https://filmotecadegalicia.xunta.gal/gl/programacion

Axencia Galega das Industrias Culturais | Cultura de Galicia

15/05/2026

Onte na acollimos unha nova sesión de 𝙊𝙛𝙛 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 coa proxección de 𝘿𝙚𝙘𝙤𝙧𝙖𝙙𝙤, do coruñés 𝗔𝗹𝗯𝗲𝗿𝘁𝗼 𝗩𝗮́𝘇𝗾𝘂𝗲𝘇, a mellor película de animación.

🗣 Aproveitando a súa visita, adentrámonos no universo animado e rebelde do filme e conversamos con el sobre as súas influencias, a súa mirada e sobre como a animación permite facer historias máis libres.Tamén sobre a súa relación de mocidade coa Filmoteca cando xa esperatara a súa vocación.

📲 Podes ver a entrevista completa na nosa canle de Youtube ou na ligazón das nosas historias.

🎥 E mañá sábado tes unha segunda oportunidade para ver 𝘿𝙚𝙘𝙤𝙧𝙖𝙙𝙤 ás 18:00 h. ⌚

🎟️ Entrada de balde.

Axencia Galega das Industrias Culturais | Cultura de Galicia

📹 Esta semana na   estreamos o terceiro programa de 𝙋𝙚𝙧𝙢𝙖𝙣𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙙𝙤 𝙚𝙛é𝙢𝙚𝙧𝙤, desta vez protagonizado polo colectivo 𝙉𝙀𝙊𝙕𝙊...
11/05/2026

📹 Esta semana na estreamos o terceiro programa de 𝙋𝙚𝙧𝙢𝙖𝙣𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙙𝙤 𝙚𝙛é𝙢𝙚𝙧𝙤, desta vez protagonizado polo colectivo 𝙉𝙀𝙊𝙕𝙊𝙊𝙉 que, desde hai 15 anos, afonda nos comportamentos sociais colectivos esmiuzando as súas autorepresentacións e obsesións a partir de asombrosas re-montaxes rítmicas e ‘collaxísticas’.

🧬 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗺𝘂𝘁𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 achéganos a 𝘾𝙧𝙤́𝙣𝙞𝙘𝙖 𝙙𝙚 𝙡𝙤𝙨 𝙖𝙣̃𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙛𝙪𝙚𝙜𝙤, de 𝗠𝗼𝗵𝗮𝗺𝗺𝗲𝗱 𝗟𝗮𝗸𝗵𝗱𝗮𝗿-𝗛𝗮𝗺𝗶𝗻𝗮, filme que a través dos ollos dun labrego, segue diversos acontecementos históricos entre 1939 e 1954 que explican o contexto que desembocou na guerra da independencia por Alxeria. Unha obra que ostenta aínda a única Palma de Ouro africana en Cannes e que restauramos no marco do African Film Heritage Project, creado por The Film Foundation, FEPACI e UNESCO –en colaboración con Cineteca di Bologna– para axudar a localizar, restaurar e difundir o cinema africano.

💙 En 𝙊𝙛𝙛 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 coñecemos as vivencias dun grupo de homes na Coruña dos anos 70 co documental 𝙍𝙚𝙛𝙡𝙚𝙭𝙤𝙨 𝙙𝙤 𝙖𝙢𝙤𝙧 𝙚𝙨𝙘𝙪𝙧𝙤, de 𝗙𝗿𝗮𝗻 𝗡𝗮𝘃𝗲𝗶𝗿𝗮, 𝗚𝘂𝘁𝗶𝗲𝗿 𝗥𝗼𝗹𝗮́𝗻 e 𝗝.𝗔. 𝗝𝗶𝗺𝗲́𝗻𝗲𝘇, que parte dunha curtametraxe de ficción en súper 8mm feita no ano 1977. Tamén programamos dúas proxeccións para adentramos no universo animado e rebelde de 𝘿𝙚𝙘𝙤𝙧𝙖𝙙𝙤, do coruñés 𝗔𝗹𝗯𝗲𝗿𝘁𝗼 𝗩𝗮́𝘇𝗾𝘂𝗲𝘇, gañador do a mellor película de animación.

🇩🇪 A retrospectiva de 𝗙𝗮𝘀𝘀𝗯𝗶𝗻𝗱𝗲𝗿 continúa esta semana co último pase de 𝙀𝙡 𝙖𝙨𝙖𝙙𝙤 𝙙𝙚 𝙎𝙖𝙩𝙖́𝙣 e dúas sesións de 𝙇𝙖 𝙧𝙪𝙡𝙚𝙩𝙖 𝙘𝙝𝙞𝙣𝙖.

📎 https://filmotecadegalicia.xunta.gal/gl/programacion

Axencia Galega das Industrias Culturais | Cultura de Galicia

📹 Esta semana na   estreamos o ciclo 𝙋𝙚𝙧𝙢𝙖𝙣𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙙𝙤 𝙚𝙛𝙚́𝙢𝙚𝙧𝙤, comisariado por 𝗠𝗶𝗾𝘂𝗲𝗹 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗶́ 𝗙𝗿𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 en colaboración co F...
05/05/2026

📹 Esta semana na estreamos o ciclo 𝙋𝙚𝙧𝙢𝙖𝙣𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙙𝙤 𝙚𝙛𝙚́𝙢𝙚𝙧𝙤, comisariado por 𝗠𝗶𝗾𝘂𝗲𝗹 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗶́ 𝗙𝗿𝗲𝗶𝘅𝗮𝘀 en colaboración co Festival PUNTO DE VISTA, cos dous primeiros programas: 𝙃𝙤𝙢𝙤 𝙚-𝙨𝙖𝙥𝙞𝙚𝙣𝙨, que expón as contradicións entre a liberdade individual e o control social e 𝘼 𝙞𝙣𝙛𝙞𝙣𝙞𝙩𝙖 𝙛𝙚𝙨𝙩𝙖 𝙛𝙞𝙣𝙖𝙡, programa que remestura con imaxinación e sarcasmo a feliz destrución do globo terráqueo e que emprega un remix de música, baile, lume e explosións antes de que soe a hora final.

🧬 𝗧𝗲𝗿𝗿𝗶𝘁𝗼𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗺𝘂𝘁𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀 achéganos a 𝙒𝙚𝙨𝙩 𝙄𝙣𝙙𝙞𝙚𝙨, o filme máis radical, ambicioso e operístico do mauritano 𝗠𝗲𝗱 𝗛𝗼𝗻𝗱𝗼 onde a música actúa como elemento cohesionador dunha historia oral de resistencia compartida.

💙 En 𝙊𝙛𝙛 𝙂𝙖𝙡𝙞𝙘𝙞𝙖 coñecemos de cerca a vida das mulleres no sector pesqueiro a través do documental 𝙐𝙣 𝙢𝙖𝙧 𝙙𝙚 𝙢𝙪𝙡𝙡𝙚𝙧𝙚𝙨, de 𝗦𝗮𝗯𝗲𝗹𝗮 𝗕𝗿𝗮𝗻𝗱, que mestura entrevistas para amosar a importancia dos saberes tradicionais, o emprendemento feminino e a contribución das mulleres á modernización económica e á mellora da vida nas comunidades mariñeiras.

🇩🇪 A retrospectiva de 𝗙𝗮𝘀𝘀𝗯𝗶𝗻𝗱𝗲𝗿 continúa esta semana cos pases de 𝙇𝙖 𝙡𝙚𝙮 𝙙𝙚𝙡 𝙢𝙖́𝙨 𝙛𝙪𝙚𝙧𝙩𝙚, 𝙑𝙞𝙖𝙟𝙚 𝙖 𝙡𝙖 𝙛𝙚𝙡𝙞𝙘𝙞𝙙𝙖𝙙 𝙙𝙚 𝙢𝙖𝙢𝙖́ 𝙆𝙪𝙨𝙩𝙚𝙧𝙨 e 𝙀𝙡 𝙖𝙨𝙖𝙙𝙤 𝙙𝙚 𝙎𝙖𝙩𝙖́𝙣.

🚸 𝙁𝙞𝙡𝙢𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖 𝙅𝙪́𝙣𝙞𝙤𝙧 pecha a semana cun pase de 𝙀𝙡 𝙃𝙖𝙫𝙧𝙚, a enésima obra mestra de 𝗔𝗸𝗶 𝗞𝗮𝘂𝗿𝗶𝘀𝗺ä𝗸𝗶 que nos amosa un cine singular, luminoso, cheo de respecto e interese pola condición humana.

📎 https://filmotecadegalicia.xunta.gal/gl/programacion

Axencia Galega das Industrias Culturais | Cultura de Galicia

Dirección

Durán Loriga, 10. Baixo
A Coruña
15003

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34881881260

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Filmoteca de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir