Fundación Luis Seoane

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo
A exposición ‘Seoane reencontrado. Óleos 1945-1977’ conta cunha programación didáctica dirixida a grupos de adultos e es...
19/10/2026

A exposición ‘Seoane reencontrado. Óleos 1945-1977’ conta cunha programación didáctica dirixida a grupos de adultos e escolares de todas as idades que permite afondar na obra do artista galego a través dunha serie de actividades centradas na estética e evolución da súa pintura. Ademáis das visitas guiadas e os obradoiros de Educación Infantil, a didáctica da mostra inclúe dous novos obradoiros para Educación Primaria, ESO e Bacharelato, ‘Gran marea Seoánica’ e ‘Seoane expandido’, dúas propostas centradas nos elementos gráficos característicos da obra de Luis Seoane. + info na nosa web: https://fundacionluisseoane.gal/gl/portada-didactica(fotografía: Raúl Fernández Ferreiro)

Bos días!Luis Seoane: Nu azul, 1959. Gravado en madeira sobre papel. Colección da Fundación Luis Seoane
16/10/2026

Bos días!
Luis Seoane: Nu azul, 1959. Gravado en madeira sobre papel. Colección da Fundación Luis Seoane

Vari Caramés, Premio Nacional de Fotografía 2026 . Parabéns!Imaxe: vista da exposición ‘Vari Caramés. Lugares’. Fundació...
14/10/2026

Vari Caramés, Premio Nacional de Fotografía 2026 . Parabéns!
Imaxe: vista da exposición ‘Vari Caramés. Lugares’. Fundación Luis Seoane, 10/06 a 27/10 de 2019. Fotografía de Raúl Fernández Ferreiro

Despedimos a semana cunha das xilografías incluídas no álbum ‘La dama y otros grabados en madera’ de Luis Seoane. Public...
09/10/2026

Despedimos a semana cunha das xilografías incluídas no álbum ‘La dama y otros grabados en madera’ de Luis Seoane. Publicados en 1959 en Bos Aires, os gravados, impresos cos tacos orixinais, foron realizados expresamente polo artista para unha edición limitada de exemplares numeros e asinados a cargo da Editorial Stilcograf de Bos Aires (imaxe: arquivo da Fundación Luis Seoane) (imaxe: arquivo da Fundación Luis Seoane)

Bos días!A Fundación Luis Seoane forma parte de novo das sedes que acollen a programación da nova edición de INTERSECCIÓ...
05/10/2026

Bos días!
A Fundación Luis Seoane forma parte de novo das sedes que acollen a programación da nova edición de INTERSECCIÓN, o Festival Internacional de Cine da Coruña, unha cita anual coa arte contemporánea e o cine de vangarda. Ata o 25 de outubro, dentro das seccións Órbita Galega e Fulgor do certame se poderán ver traballos de María X. Fernández, Area Erina, Xosé Luis Otero, Jesu Moratiel e Pablo Agma; e de Carla Agustiño Soto, Carlota Flora, Cristina Souto Pita e Sara Ricoy Rajoy respectivamente. + info: https://fundacionluisseoane.gal/gl/exposicions/interseccion-festival-internacional-de-cine-da-coruna/

Alejandro Palomas presentará 'Casa' (Espasa, 2026), a súa última novela, dentro do ciclo 'Compaxinadas' organizado pola ...
02/10/2026

Alejandro Palomas presentará 'Casa' (Espasa, 2026), a súa última novela, dentro do ciclo 'Compaxinadas' organizado pola UIMP e a Fundación Luis Seoane. O acto terá lugar o vindeiro martes 6 de outubro, ás 19:30 horas, no auditorio da Fundación Luis Seoane, e o autor estará acompañado polo coordinador do ciclo, Javier Pintor. Entrada libre!

O cine independente a través da análise da obra de dez destacados cineastas de distintos países é o eixo de ‘Cine indie’...
30/09/2026

O cine independente a través da análise da obra de dez destacados cineastas de distintos países é o eixo de ‘Cine indie’, o novo obradoiro dirixido pola docente e investigadora María Donapetry, que terá lugar entre o 6 de outubro e o 9 de decembro na Fundación Luis Seoane. Se queredes participar nesta actividade, tedes máis información no enlace seguinte: https://fundacionluisseoane.gal/gl/actividades/cine-indie/

Bos días!Luis Seoane: S/T, 1956. Témpera estarcida sobre papel. Colección da Fundación Luis Seoane
28/09/2026

Bos días!
Luis Seoane: S/T, 1956. Témpera estarcida sobre papel. Colección da Fundación Luis Seoane

Con 'Diálogo preocupado' (1976), 'As irmás' e 'A planta' (1977) finaliza o percorrido pola pintura de Luis Seoane a trav...
25/09/2026

Con 'Diálogo preocupado' (1976), 'As irmás' e 'A planta' (1977) finaliza o percorrido pola pintura de Luis Seoane a través de 55 óleos pertencentes aos fondos da colección institucional. Se desexades coñecer os outros 52 que lles preceden, a maioría deles nunca expostos con anterioridade nas nosas salas, convidámosvos a visitar a exposición 'Seoane reencontrado. Óleos 1945-1977', que estará na Fundacion Luis Seoane ata maio de 2027, e aproveitamos para desexarvos unha feliz fin de semana! (fotografía: Raúl Fernández Ferreiro)

Xa é posible inscribirse no obradoiro de escritura 'Menos é máis' coordinado polo escritor Fernando Ontañón, unha propos...
23/09/2026

Xa é posible inscribirse no obradoiro de escritura 'Menos é máis' coordinado polo escritor Fernando Ontañón, unha proposta que se desenvolverá entre o 13 de outubro e o 16 de decembro na Fundación Luis Seoane en formato presencial e online na que se introducirá aos participantes nos procedementos para depurar un texto despoxándoo de elementos superfluos. + info: https://fundacionluisseoane.gal/gl/actividades/menos-e-mais/

Dirección

Calle San Francisco, 27
A Coruña
15001

Horario de apertura

Martes 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Miércoles 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Jueves 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Viernes 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Sábado 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00
Domingo 11:00 - 15:00
17:00 - 21:00

Teléfono

+34981216015

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Luis Seoane publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Fundación Luis Seoane:

Atajos

Compartir