Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Viaxa á prehistoria no Campo Lameiro (Pontevedra) no maior centro para entender os enigmáticos petróglifos de Galicia.

Visitas guiadas, nocturnas, obradoiros e actividades para todas as idades. Un equipamento cultural único para coñecer unha das máis características e primitivas manifestacións artísticas de Galicia: os petróglifos, signos e figuras gravados nas rochas. No Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro poderedes atopar:
-Un contorno privilexiado, en plena natureza, que reúne un conxunto exce

pcional de estacións con petróglifos.
-Unha suxestiva e innovadora exposición estable, entretida e emocionante, para gozar e aprender, a calquera idade.
-A recreación dun poboado da Idade do Bronce, para entender como era a vida nesa época.
-Unha variada gama de actividades que lles permitirán aos visitantes rexistrar petróglifos como os arqueólogos, disparar a unha diana coas armas que usaban os habitantes destes poboados, ou aprender a prender lume como o facían eles.

25/08/2026
A moda da Idade do Bronce 🌟Inspiración para crear o teu propio "outfit" para este Laeros 2026.Recordade os mellores vest...
20/08/2026

A moda da Idade do Bronce 🌟

Inspiración para crear o teu propio "outfit" para este Laeros 2026.

Recordade os mellores vestidos do Xantar Rupestre poderán obtar a un lote de comida para o vindeiro Laeros.

Modelos:
Asociación Tir Na n'Og


Organiza Concello de Campo Lameiro
Colabora Xunta de Galicia e Deputación Pontevedra

"El Parque Arqueológico ofrece talleres de caza prehistórica, demostraciones de fundición y recreaciones históricas grat...
20/08/2026

"El Parque Arqueológico ofrece talleres de caza prehistórica, demostraciones de fundición y recreaciones históricas gratuitas durante este domingo"

Moitas grazas pola entrevista! COPE

Organiza Concello De Campo Lameiro
Colaboran Xunta de Galicia Deputación Pontevedra

El Parque Arqueológico ofrece talleres de caza prehistórica, demostraciones de fundición y recreaciones históricas gratuitas durante este domingo

19/08/2026

Concursos de Laeros! 🥳

Caza na Prehistoria, ven demostrar o teu domino do tiro con arco e lanza. Poderase practicar durante toda a xornada, haberá diferentes categorías por idades. Os lanzamentos evaluaránse ás 18:30h, e o gañador levará diferentes artigos do PAAR. 🏹🦌

A mesa do Bronce, para aqueles que veñan desfrutar do xantar rupestre, se evaluará a vestimenta con respecto e fidelidade á indumentaria da época, e o traballo artesanal. O premio entregarase ás 17:30h, que consistirá nun lote de comida para Laeros 2027. 🏺🥻

Organiza
Colabora

Máis info en paar.xunta.gal

As actividades que poderedes desfrutar neste Laeros 2026 serán:Clío Xestión Cultural (Clío Gestión Cultural) confección ...
18/08/2026

As actividades que poderedes desfrutar neste Laeros 2026 serán:

Clío Xestión Cultural (Clío Gestión Cultural) confección e tinguido de textís da Prehistoria. 🧵🧶

Arqueoloxía experimental (Área de Arqueoloxía Experimental) nos aproximará a fundición de metais e cocción de cerámica. 🏺⚒

Fundación Terra Termarum (Cerámica de Castrolandín) demostración en vivo da elaboración de pezas cerámicas. 🏺🤲

Prehistocreplic (Kant) amosará a talla lítica do sílex e da obsidiana, ademáis de dinamizar o concurso "Caza na Prehistoria".🗿🏹

Tir Na N'og (Asociación Tir Na n'Og) representando a vida máis cotiá do Bronce. 👨‍🌾👩‍🌾

Mulleres Rurais do Campo Lameiro levarán a cabo obradoiros de inspiración prehistorica. 🧩🎨

Toda a información e horarios en paar.xunta.gal

Organiza Concello de Campo Lameiro colabora Xunta de Galicia e Deputación Pontevedra

Laeros, Festival da Arte Rupestre volta ao Campo Lameiro o vindeiro domingo 23! 🎉Ven desfrutar dun día de gastronomía, a...
16/08/2026

Laeros, Festival da Arte Rupestre volta ao Campo Lameiro o vindeiro domingo 23! 🎉

Ven desfrutar dun día de gastronomía, actividades e música na prehistoria.

Contaremos con dúas visitas guiadas:

Ás 12h Patricia Novas, guía e arqueóloga, nos levará polos principais puntos de interese da área arqueolóxica. 🌄

Ás 18h Suso Martinez, historiador e actor, nos transportará a Idade do Bronce nunha visita teatralizada da man do "Cervo Solar". 🗡🦌

As actividades son de balde pero require reserva previa en paar.xunta.gal

Agardamos a vosa visita.

Organiza Concello de Campo Lameiro colabora Xunta de Galicia e Deputación Pontevedra

Cando nos preguntan cal é a mellor hora para ver os petróglifos…Esta é Laxe da Forneiriña a diferentes horas, unha ás 13...
05/08/2026

Cando nos preguntan cal é a mellor hora para ver os petróglifos…

Esta é Laxe da Forneiriña a diferentes horas, unha ás 13h, outra ás 17h30’ e a última nunha das nosas nocturnas.

Cal vos parece que é a mellor?

Dirección

Parque Arqueolóxico Da Arte Rupestre De Campo Lameiro
Campo Lameiro
36119

Horario de Apertura

Martes 10:00 - 19:00
Miércoles 10:00 - 19:00
Jueves 10:00 - 19:00
Viernes 10:00 - 19:00
Sábado 10:00 - 19:00
Domingo 10:00 - 19:00

Teléfono

+34886151195

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre:

Atajos

Compartir

Categoría