12/10/2026
Aquí vos deixamos unhas imaxes do último obradoiro de cerámica celebrado onte no marco da exposición "A cerámica castrexa en Galicia", no Centro de Interpretación de A Telleira, en Sanxenxo.
Con este obradoiro poñemos fin ás actividades complementarias e entramos na recta final da exposición, que permanecerá neste lugar tan emblemático ata o xoves, 15 de outubro, en horario de 10:00 a 17:00 h.
Agardamos que estas actividades fosen do voso agrado e confiamos en ter contribuído a transmitir a importancia da cerámica na vida dos castros galaicos, así como o seu valor como parte fundamental do noso patrimonio cultural.
Queremos expresar o noso agradecemento á Deputación Pontevedra e a Turismo Rías Baixas por contar con nós para o desenvolvemento desta iniciativa, no marco do proxecto Trazas de Pontevedra. Así mesmo, agradecemos ao Concello de Sanxenxo por acollernos neste espazo tan especial.
E, por suposto, moitas grazas a todas as persoas que nos acompañastes ao longo destas semanas, tanto ao público visitante como ás persoas participantes nos obradoiros, pola vosa participación, interese e amabilidade.
Grazas por compartir con nós esta experiencia arredor da cerámica castrexa!