Museo de Pontevedra

Cómo llegar Página web

Museo de Pontevedra O Museo de Pontevedra é unha das institucións culturais máis recoñecidas de Galicia. As súas heteroxéneas coleccións van desde a Prehistoria ata a actualidade.
(549)

O Museo de Pontevedra é unha institución pública, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. A súa misión é formar, conservar, investigar, difundir e exhibir unha colección permanente de obxectos de arte de todo tipo; ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e cultivar e fomentar a arte cos medios adecuados, dirixindo actividades axeitadas que conduzan ó desenvolvemento artístico e cultural da provincia, levando a cabo e participando en actividades de relevancia nacional e internacional.

O Museo de Pontevedra vén de sumar á súa colección unha obra de Castelao de singular interese dentro da súa produción ar...
15/10/2026

O Museo de Pontevedra vén de sumar á súa colección unha obra de Castelao de singular interese dentro da súa produción artística. ‘Home fumando (Retrato de Llamazares)’ é un óleo sobre táboa datado arredor de 1908, polo que é unha das escasas obras dos primeiros anos de Castelao como pintor. O cadro incorporouse xa á exposición permanente, abrindo as salas nas que o Museo percorre a súa traxectoria artística.

A táboa de 20,5 por 40,5 cm está asinada como A. Rodz. Castelao. Mostra, sobre un fondo neutro, o retrato caricaturesco dun personaxe con gorra no momento no que prende un cigarro cun isqueiro. O ton humorístico e a pincelada solta lembra aos dous cadros de 1908 titulados ‘No faetón de Rianxo a Santiago’ e que forman parte da colección Afundación.

O cadro foi depositado no Museo por Carmen Trillo Filgueira. Na memoria familiar, o retratado é identificado como Llamazares, un personaxe popular de Compostela nos anos universitarios de Castelao, nos que frecuentaba as tabernas e compartía esmorgas e bromas cos estudantes.



El Museo de Pontevedra acaba de sumar a su colección una obra de Castelao de singular interés dentro de su producción artística. ‘Home fumando (Retrato de Llamazares)’ es un óleo sobre tabla datado alrededor de 1908, por el que es una de las escasas obras de los primeros años de Castelao como pintor. El cuadro se incorporó ya a la exposición permanente, abriendo las salas en las que el Museo recorre su trayectoria artística.

La tabla de 20,5 por 40,5 cm está firmada como A. Rodz. Castelao. Muestra, sobre un fondo neutro, el retrato caricaturesco de un personaje con gorra en el momento en el que prende un cigarro con un mechero. El tono humorístico y la pincelada suelta recuerda a los dos cuadros de 1908 titulados ‘No faetón de Rianxo a Santiago’ y que forman parte de la colección Afundación.

El cuadro fue depositado en el Museo por Carmen Trillo Filgueira. En la memoria familiar, el retratado es identificado como Llamazares, un personaje popular de Compostela en los años universitarios de Castelao, nos que frecuentaba las tabernas y compartía juergas y bromas con los estudiantes.

Esta semana no Museo: xenealoxía e heráldica, moda do século XX e literatura feita por mulleres. Con Asociación Academia...
13/10/2026

Esta semana no Museo: xenealoxía e heráldica, moda do século XX e literatura feita por mulleres.

Con Asociación Academia de Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia e Deputación Pontevedra

13/10/2026

Durante tres meses acollimos 'A derradeira leición do mestre' de Castelao e máis de 26.000 persoas viñestes ver o cadro en persoa. Esa exposición deixou momentos inesquecibles e serviunos para reflexionar sobre a figura de Alexandre Bóveda, sobre a represión franquista e a memoria democrática, sobre o papel do exilio e a diáspora galega na construción do país. Todo iso tratamos de recollelo no mosaico de voces que se suceden nos 4 minutos deste vídeo.

E aínda que nada pode substituír a sensación de estar fronte á obra orixinal, quixemos que esta exposición non rematase coa volta do cadro ao Centro Galicia de Buenos Aires. Por iso creamos unha exposición dixital da man de Orestes Comunica que completa a experiencia. Coa narración do xornalista Arturo Lezcano percorremos a sala, podemos deternos en cada peza exposta e ver os vídeos nos que interveñen, entre outros, Ángeles Tilve, Henrique Monteagudo, Manuel Gago, Xosé Manuel Seixas, Amalia Bóveda, Ramón Villares e Rafa Domínguez.

Podes visitar a exposición dixital en museo.depo.gal.



Durante tres meses acogimos 'A derradeira leición do mestre', de Castelao, y más de 26.000 personas habéis venido a ver el cuadro en persona. Esa exposición ha dejado momentos inolvidables y nos ha servido para reflexionar sobre la figura de Alexandre Bóveda, sobre la represión franquista y la memoria democrática, sobre el papel del exilio y la diáspora gallega en la construcción del país. Todo eso hemos tratado de recogerlo en el mosaico de voces que se suceden en los 4 minutos de este vídeo.

Y aunque nada puede sustituir la sensación de estar frente a la obra original, quisimos que esta exposición no terminase con la vuelta del cuadro al Centro Galicia de Buenos Aires. Por eso hemos creado una exposición digital que completa la experiencia. Con la narración del periodista Arturo Lezcano recorremos la sala, podemos detenernos en cada pieza y ver los vídeos en los que intervienen, entre otros, Ángeles Tilve, Henrique Monteagudo, Manuel Gago, Xosé Manuel Seixas, Amalia Bóveda, Ramón Villares y Rafa Dpomínguez.

Puedes visitar la exposición digital en museo.depo.gal.

Hoxe venres as Ruínas de San Domingos están pechadas desde as 17h. Desculpade as molestias!
09/10/2026

Hoxe venres as Ruínas de San Domingos están pechadas desde as 17h. Desculpade as molestias!

👇
09/10/2026

👇

O Museo de Pontevedra será a sede da ICOM Exhibitions Annual Conference 2027, o evento que reúne cada ano preto de 150 p...
08/10/2026

O Museo de Pontevedra será a sede da ICOM Exhibitions Annual Conference 2027, o evento que reúne cada ano preto de 150 profesionais de museos e galerías de todo o mundo para intercambiar ideas e experiencias sobre exposicións museísticas.

Tomamos o relevo do Musée national des beaux-arts du Québec (MNBAQ) de Québec 🇨🇦, onde onte se anunciou oficialmente que Pontevedra será a sede do 19 ao 24 de setembro de 2027, coincidindo coa última semana da 33.ª Bienal de Arte de Pontevedra.

Museo de Pontevedra, ICOM Exhibitions e ICOM España traballaremos para que sexa unha edición memorable. Agardámosvos!



El Museo de Pontevedra será la sede de la ICOM Exhibitions Annual Conference 2027, el evento que reúne cada año a cerca de 150 profesionales de museos y galerías de todo el mundo para intercambiar ideas y experiencias sobre exposiciones museísticas.

Tomamos el relevo del MNBAQ de Quebec, donde ayer se anunció oficialmente que Pontevedra será la sede del 19 al 24 de septiembre de 2027, coincidiendo con la última semana de la 33.ª Bienal de Arte de Pontevedra.

Museo de Pontevedra, ICOM Exhibitions e ICOM España trabajaremos para que sea una edición memorable. ¡Os esperamos!

Esta semana no Museo de Pontevedra 👇   Esta semana en el Museo de Pontevedra 👇Con Fundación Alexandre Bóveda, Real Acade...
06/10/2026

Esta semana no Museo de Pontevedra 👇



Esta semana en el Museo de Pontevedra 👇

Con Fundación Alexandre Bóveda, Real Academia Galega

Hoxe é o Día Mundial das e dos Docentes, co que a Unesco celebra o seu papel na transformación da educación. Aproveitamo...
05/10/2026

Hoxe é o Día Mundial das e dos Docentes, co que a Unesco celebra o seu papel na transformación da educación.

Aproveitamos a ocasión para lembrar a María Pilar Díez Jiménez-Castellanos, a primeira muller en ocupar unha cátedra de instituto de Lingua e Literatura Españolas. En 1932 tivo praza no instituto de Pontevedra durante uns curtos tres meses, do que nos queda o testemuño de dúas fotografías conservadas no arquivo persoal de Castelao.

Feliz día a todas as mestras e mestres!



Hoy es el Día Mundial de las y los Docentes, con el que la Unesco celebra su papel en la transformación de la educación.

Aprovechamos la ocasión para recordar a María Pilar Díez Jiménez-Castellanos, la primera mujer en ocupar una cátedra de instituto de Lengua y Literatura Españolas. En 1932 tuvo plaza en el instituto de Pontevedra durante unos cortos tres meses, de lo que nos queda el testimonio de dos fotografías conservadas en el archivo personal de Castelao.

¡Feliz día a todas las maestras y maestros!

Ata o 25 de outubro aínda podes visitar no Museo de Pontevedra 'Mudanza'. Ira Lombardía combina fotografía, colaxe, escu...
03/10/2026

Ata o 25 de outubro aínda podes visitar no Museo de Pontevedra 'Mudanza'. Ira Lombardía combina fotografía, colaxe, escultura e arquitectura efémera para reflexionar sobre as nocións de domesticidade, memoria material, desprazamento e pertenza.

Ira Lombardía: “A partir do contraste entre a lixeireza do xesto e a densidade dos materiais —que remiten a obxectos de traslado e paredes domésticas en proceso de construción—, este traballo aborda o conflito entre aquilo que levamos connosco e o que inevitablemente queda atrás. O feltro, o papel burbulla e a gomaespuma evocan ideas de temporalidade e desprazamento, así como a fraxilidade do que se tenta preservar. Neste contexto, o fogar redefínese como algo inestable, próximo á idea de refuxio onde o corpo, arrolado polo movemento, aprende a habitar un espazo residual entre a presenza e a ausencia”.

Co comisariado de Iñaki Martínez Antelo dentro do proxecto Infiltracións
Deseño expositivo: Marcos Parga
Fotos: Romina Doce

🖼️ 'Infiltracións. Ira Lombardía. Mudanza'
📍 Edificio Castelao e Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra
🗓️ 12/06/26 - 25/10/26



Hasta el 25 de octubre aún puedes visitar en el Museo de Pontevedra 'Mudanza'. Ira Lombardía combina fotografía, collage, escultura y arquitectura efímera para reflexionar sobre las nociones de domesticidad, memoria material, desplazamiento y pertenencia.

Ira Lombardía: “A partir del contraste entre la ligereza del gesto y la densidad de los materiales —que remiten a objetos de traslado y paredes domésticas en proceso de construcción—, este trabajo aborda el conflicto entre aquello que llevamos con nosotros y lo que inevitablemente queda atrás. El fieltro, el papel de burbujas y la gomaespuma evocan ideas de temporalidad y desplazamiento, así como la fragilidad de lo que se intenta preservar. En este contexto, el hogar se redefine como algo inestable, próximo a la idea de refugio donde el cuerpo, arrollado por el movimiento, aprende a habitar un espacio residual entre la presencia y la ausencia”.

Con el comisariado de Iñaki Martínez Antelo dentro del proyecto Infiltracións
Diseño expositivo: Marcos Parga
Fotos: Romina Doce

O óleo 'A derradeira leición do mestre' estivo tres meses no Museo de Pontevedra e 26.375 persoas quixestes velo de pret...
29/09/2026

O óleo 'A derradeira leición do mestre' estivo tres meses no Museo de Pontevedra e 26.375 persoas quixestes velo de preto. Foi, sen dúbida, unha exposición histórica. Moitas grazas.

O óleo que Castelao pintou en 1945 regresa a Buenos Aires, pero o groso da súa obra artística permanece no Museo de Pontevedra, e temos as portas abertas todo o ano para mostrarvos o mellor da súas facetas: o belixerante contra as inxustizas sufridas polo pobo galego, o caricaturista, o ilustrador, o amante da paisaxe e da paisanaxe, o investigador etnográfico, o escritor, o dramaturgo...

E, por suposto, o militante do galeguismo republicano que entre 1937 e 1938 creou os 31 debuxos dos seus 'Álbums de guerra'. Aí está, na estampa nº 6 de 'Galicia mártir', o debuxo orixinal 'A derradeira lección do mestre'. Este conxunto ten un valor incalculable para a memoria democrática galega e está con nós todo o ano.

Non os perdades: vale a pena volver a eles unha e outra vez.



El óleo 'A derradeira leición do mestre' estuvo tres meses en el Museo de Pontevedra y 26.375 personas quisisteis verlo de cerca. Fue, sin duda, una exposición histórica. Muchas gracias.

El óleo que Castelao pintó en 1945 regresa a Buenos Aires, pero el grueso de su obra artística permanece en el Museo de Pontevedra, y tenemos las puertas abiertas todo el año para mostraros lo mejor de sus facetas: el beligerante contra las injusticias sufridas por el pueblo gallego, el caricaturista, el ilustrador, el amante del paisaje y del paisanaje, el investigador etnográfico, el escritor, el dramaturgo...

Y, por supuesto, el militante del galleguismo republicano que entre 1937 y 1938 creó los 31 dibujos de sus 'Álbums de guerra'. Ahí está, en la estampa nº 6 de 'Galicia mártir', el dibujo original 'A derradeira lección do mestre'. Este conjunto tiene un valor incalculable para la memoria democrática gallega y está con nosotros todo el año.

No os los perdáis: merece la pena volver a ellos una y otra vez.

Dirección

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3
Pontevedra
36002

Horario de apertura

Martes 10:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 21:00
Domingo 11:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo de Pontevedra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría