Centro Cultural Marcos Valcárcel

Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Centro Cultural Marcos Valcárcel O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense adícase a actividades culturais e artísticas.

O Centro Cultural Deputación Ourense atópase nun noble edificio construido a finais do século XIX e que foi recuperado pola institución provincial, en colaboración coa Xunta de Galicia para adicalo integramente a actividades culturais e artísticas. Con preto de 4.000 metros cadrados de superficie, o que no seu día fora un almacén textil- propiedade da familia Simeón García- e vivendas, é hoxe un moderno centro con salas de exposicións, salón de conferencias, aulas para formación, un museo de trens en miniatura, etc. A sobriedade da súa arquitectura, cunha magnífica canteiría de pedra e unha carpinteiría en madeira emblemática, encaixan perfectamente cunha recuperación que respetou escrupulosamente o seu carácter señorial para convertelo nun referente dentro da provincia de Ourense.

Pateiro inaugura  , una mirada a las emociones humanas en el Centro CulturañMarcos Valcárcel
09/10/2026

Pateiro inaugura , una mirada a las emociones humanas en el Centro CulturañMarcos Valcárcel

📷 Ecosistema dunha rodaxeO alumnado  de Fotografía da Escola de Arte  Deseño Antonio Faílde terá un encontro con Esteban...
07/10/2026

📷 Ecosistema dunha rodaxe

O alumnado de Fotografía da Escola de Arte Deseño Antonio Faílde terá un encontro con Esteban Delaiglesia no marco da exposición Ecosistema dunha rodaxe, que se pode visitar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Unha oportunidade para coñecer de preto o traballo fotográfico que nace arredor dunha rodaxe e compartir con Esteban Delaiglesia a súa experiencia e mirada sobre este universo.

📅 14 de outubro
🕚 11:00 h
📍 Centro Cultural Marcos Valcárcel

🎨 A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense comeza o curso 2026-2027 con 295 alumnos e alumnas🪵🖌️ Debuxo e pi...
06/10/2026

🎨 A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense comeza o curso 2026-2027 con 295 alumnos e alumnas

🪵🖌️ Debuxo e pintura, talla en madeira, modelado en barro e oleiría son as catro disciplinas que se imparten no centro, con clases de tarde entre as 16.00 e as 21.00 horas.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acompañado polo director da Área de Cultura, participou na apertura deste novo curso, no que o alumnado seguirá aprendendo, creando e compartindo os seus traballos

ESCOLA DE ARTES E OFICIOSAPERTURA DO CURSO ESCOLAR 2026/276 de outubro ás 19:00h.
04/10/2026

ESCOLA DE ARTES E OFICIOS

APERTURA DO CURSO ESCOLAR 2026/27

6 de outubro ás 19:00h.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel comprácese en convidalo/a á inauguración da exposiciónEL APRENDIZ DE ARQUERO do artis...
04/10/2026

O Centro Cultural Marcos Valcárcel comprácese en convidalo/a á inauguración da exposición

EL APRENDIZ DE ARQUERO do artista PATEIRO

que terá lugar o día 7 de outubro, mércores, ás 19.30 h.

30/09/2026

"Ecosistema dunha rodaxe", a exposición coa que o fotógrafo Esteban Delaiglesia rende homenaxe á complexa “tremoia humana” que fai posible cada produción audiovisual.

Unha mostra comisariada por Monse Cea, integrada por 62 pezas e unha proxección con arredor de 150 imaxes, que reivindica a dignidade dos oficios do audiovisual e o valor do traballo humano.

25/09/2026

Terra do Anel chega ao Centro Cultural Marcos Valcárcel da man do OUFF.

Armaduras, criaturas, obxectos e outros elementos inspirados no universo de "El Señor de los Anillos' ocupan a sala de exposicións e transfórmana nun espazo onde a Terra Media toma forma.

Unha exposición que lévanos ao universo creado por Tolkien.

📍 Centro Cultural Marcos Valcárcel
🎬 OUFF – Ourense Film Festival

OUFF · Ourense Film Festival

Un anel para entrar noutro mundo.A exposición Terra do Anel, do OUFF, chega ao Centro Cultural Marcos Valcárcel cun univ...
24/09/2026

Un anel para entrar noutro mundo.

A exposición Terra do Anel, do OUFF, chega ao Centro Cultural Marcos Valcárcel cun universo de armaduras, criaturas e personaxes da Terra Media.

Entre armaduras, personaxes e criaturas, atravesar o anel é suficiente para que o mundo ao outro lado se transforme.

OUFF • Ourense Film Festival Salo Cultura Deputación Ourense

19/09/2026

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle Ecosistema dunha rodaxe, a exposición coa que o fotógrafo Esteban Delaiglesia rende homenaxe á complexa “tremoia humana” que fai posible cada produción audiovisual.

Unha mostra comisariada por Monse Cea, integrada por 62 pezas e unha proxección con arredor de 150 imaxes, que reivindica a dignidade dos oficios do audiovisual e o valor do traballo humano fronte aos retos da intelixencia artificial.

🎬 O que acontece detrás das cámaras tamén merece estar en primeiro plano.O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle Ecosi...
19/09/2026

🎬 O que acontece detrás das cámaras tamén merece estar en primeiro plano.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle Ecosistema dunha rodaxe, a exposición coa que o fotógrafo Esteban Delaiglesia rende homenaxe á complexa “tremoia humana” que fai posible cada produción audiovisual.

📸 Unha mostra comisariada por Monse Cea, integrada por 62 pezas e unha proxección con arredor de 150 imaxes, que reivindica a dignidade dos oficios do audiovisual e o valor do traballo humano fronte aos retos da intelixencia artificial.

🗣️ O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, destacou a capacidade do autor para «converter aquilo que habitualmente permanece fóra de plano nun relato artístico cargado de honestidade, sensibilidade e respecto polos oficios».

👉 Descubre no Marcos Valcárcel as persoas, os xestos, as ferramentas e as historias que sosteñen a maxia do cinema.

Dirección

Calle Progreso Nº30
Orense
32003

Horario de apertura

Lunes 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Martes 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Miércoles 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Jueves 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Viernes 11:00 - 14:00
17:00 - 21:00
Sábado 11:00 - 14:00
Domingo 11:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Centro Cultural Marcos Valcárcel publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Centro Cultural Marcos Valcárcel:

Atajos

Compartir