Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Cómo llegar Página web

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense A comezos do ano 2002, o museo pecha ao público para acometer obras de remodelación en profundidade.

Os servicios do museo trasládanse ao edificio Santa María de Europa, na Carballeira, no que se almacenan a maioría das coleccións, agás unha selección da escultura máis representativa, que se mostra permanentemente dende maio de 2006, baixo o titulo “Escolma de Escultura” na sala de exposicións San Francisco, que serve tamén de base para outras actividades puntuais. O Museo naceu por iniciativa da Comisión Provincial de Monumentos en 1845, e tivo a súa sede no edifico do antigo Colexio dos Xesuítas da actual rúa de Lamas Carvajal, de onde foi desaloxado en 1852, dispersándose os seus fondos, trasladándose despois ás oficinas da Deputación Provincial, que por aquelas datas se atopaba no antigo Convento de San Domingos. Posteriormente, os seus fondos foron trasladados a diversos sitios, dividíndose entre o Palacio Provincial, o Hospital e outros lugares, como ocorreu cos fondos que se lle cederon ao Concello de Celanova e que agora están na sancristía da igrexa do mosteiro. No ano 1895 a Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense decidiu a creación dun Museo Arqueolóxico Provincial no que se puidesen conservar todos os testemuños do pasado histórico do territorio da provincia e onde se puidesen reunir os tesouros dispersos que formaran parte do Museo de Pinturas. O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense abriu ao público o ano seguinte nunha instalación nos baixos do Palacio Provincial. As coleccións creceron considerablemente en pouco tempo e pronto cumpriu un espacio máis amplo, dando lugar aos primeiros traslados ata o seu asentamento no ano 1904 no Centro Provincial de Instrucción (o actual Instituto de Ensino Secundario “Otero Pedrayo”), converténdose en punto de referencia imprescindible para a vida intelectual da Galicia da época e para os visitantes con inquedanzas. O incendio do Centro, que o Museo compartía coa Biblioteca Pública e o Instituto de Segunda Ensinanza, na noite do 8 de nadal de 1927 provocou a destrucción da maioría dos fondos da Biblioteca e dunha parte dos do Museo. O estado do edificio motivou unha serie de traslados e o almacenamento dos fondos en circunstancias deficientes que estiveron a piques de provocar a súa desaparición. Cando se conseguiu un novo local, o antigo hospital das Mercedes, a Guerra civil impediu a instalación e, en novembro de 1938, a Administración do Novo Estado acordou que o Museo se integrase nos da súa dependencia, servidos polos funcionarios do Corpo Facultativo, acordo que se fixo efectivo seguidamente, firmándose acta do traspaso o 11 de febreiro de 1939. O Museo Provincial que xorde desta aceptación desenvolveu un activo labor de investigación arqueolóxica, recoñecido en diversas ocasións de maneira explícita, así como de recollida e conservación de elementos artísticos e etnográficos que enriquecen paulatinamente as súas coleccións. Nese traballo participaron activamente algúns membros da antiga Comisión de Monumentos e outros investigadores que se vinculan ao Museo a través do Grupo Marcelo Macías de colaboradores, creado en 1940. En 1993, a sección de etnografía, con sede en Ribadavia, separouse para converterse nun museo independente con este exclusivo carácter.

[GAL]O pasado luns 5 de outubro, dentro do ciclo Arqueoloxía en Monodose, Mario César Vila expuña os resultados da inter...
13/10/2026

[GAL]

O pasado luns 5 de outubro, dentro do ciclo Arqueoloxía en Monodose, Mario César Vila expuña os resultados da intervención desenvolvida no xacemento de Reza Vella (Ourense) motivada polas obras da chegada da Alta Velocidade a Ourense.

Entre os resultados destaca a documentación dunha vía secundaria (a VIII?), construída en época flavia e que foi obxecto dunha importante remodelación do seu trazado en época tardoimperial; quedando probada a existencia dun vial na marxe dereita do Miño.

Queda por localizar a localización de poboamento na área, ao que apunta por exemplo a presencia dun taller artesanal de época romana.

[CAST]

El pasado lunes 5 de octubre, dentro del ciclo Arqueoloxía en Monodose, Mario César Vila exponía los resultados de la intervención desarrollada en el yacimiento de Reza Vella (Ourense) motivada por las obras de la llegada de la alta velocidad a Ourense.

Entre los resultados destaca la documentación de una vía secundaria (la VIII?), construida en época flavia y que fue objeto de una importante remodelación en su trazado en época tardoimperial; quedando probada la existencia de un vial en la margen derecha del Miño.

Queda por localizar la localización de poblamiento en el área, a lo que apunta por ejemplo la presencia de un taller artesanal de época romana.

[GAL]📢 AVISO IMPORTANTEPor cuestións técnicas, a partir desta fin de semana a Escolma de Escultura permanecerá aberta un...
03/10/2026

[GAL]

📢 AVISO IMPORTANTE

Por cuestións técnicas, a partir desta fin de semana a Escolma de Escultura permanecerá aberta unicamente os sábados pola mañá durante as fins de semana.

O resto da semana, a Escolma manterá o seu horario habitual. Este cambio afecta exclusivamente ao horario de apertura das fins de semana e manterase ata novo aviso.

Desculpade as molestias que isto poida ocasionar.

[CAST]

📢 AVISO IMPORTANTE

Por cuestiones técnicas, a partir de este fin de semana la Escolma de Escultura permanecerá abierta únicamente los sábados por la mañana durante los fines de semana.

El resto de la semana, la Escolma mantendrá su horario habitual. Este cambio afecta exclusivamente al horario de apertura de los fines de semana y se mantendrá hasta nuevo aviso.

Disculpad las molestias que esto pueda ocasionar.

[GAL]✨ ¡Xa está aquí a Peza do Mes de outubro! 🍁O día 14 de outubro, ás 20:00 h, Avelino Rodríguez González  presentará ...
02/10/2026

[GAL]

✨ ¡Xa está aquí a Peza do Mes de outubro! 🍁

O día 14 de outubro, ás 20:00 h, Avelino Rodríguez González presentará a “Fotografía do arco neomudéxar en homenaxe ao Padre Feijoo”, o arco foi unha obra instalada de forma temporal en Ourense no marco das celebracións do segundo centenario do nacemento do Padre Feijoo, deseñado por Antonio Torres Tirado. Ven coñecela na nosa sala de exposicións «Escolma de escultura» en San Francisco (Rúa da Granxa, 1D, 32005, Ourense).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Podes ver máis información na nosa web.

[CAST]

✨ ¡Ya está aquí la Pieza del Mes de septiembre! 🍁

El día 14 de octubre, a las 20:00 h, Avelino Rodríguez González presentará la "Fotografía del arco neomudéjar en homenaje al Padre Feijoo", el arco fue una obra instalada de forma temporal en Ourense en el marco de las celebraciones del segundo centenario del nacimiento del Padre Feijoo, diseñado por Antonio Torres Tirado. Ven a conocerla en nuestra sala de exposiciones «Escolma de Escultura» en San Francisco (Rúa da Granxa, 1D, 32005, Ourense).

La entrada es libre hasta completar aforo.

Puedes ver más información en nuestra web.

[GAL]Arqueoloxía en monodose: "O xacemento arqueolóxico de Reza Vella (Ourense)”Mario César Vila nos falará sobre como a...
01/10/2026

[GAL]

Arqueoloxía en monodose: "O xacemento arqueolóxico de Reza Vella (Ourense)”

Mario César Vila nos falará sobre como as obras da Alta Velocidade na antiga liña ferroviaria permitiron coñecer unha necrópole romana, dous niveis de calzada de época antiga, restos de edificacións, pozos, un forno cerámico, obras de infraestrutura asociadas á calzada e unha zona artesanal.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 5 de outubro | 19:30 h

📺 En streaming no noso canal de YouTube! https://youtube.com/live/XhA2jbyTO3U?feature=share

👉 Consulta todas as actividades do MAPOU para este mes na nosa web.https://musarqourense.xunta.gal/gl/actualidade/actividades/actividades-do-mapou-en-outubro-do-2026

[CAST]

Arqueología en monodosis: "El yacimiento arqueológico de Reza Vella (Ourense)"

Mario César Vila nos hablará sobre como las obras de la Alta Velocidad en la antigua línea ferroviaria permitieron conocer una necrópolis romana, dos niveles de calzada de época antigua, restos de edificaciones, pozos, un horno cerámico, obras de infraestructuras asociadas a la calzada y una zona artesanal.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 5 de octubre | 19:30 h

📺 En streaming en nuestro canal de YouTube https://youtube.com/live/XhA2jbyTO3U?feature=share

👉 Consulta todas las actividades del MAPOU para este mes en nuestra web https://musarqourense.xunta.gal/es/actualidad/actividades/actividades-del-mapou-en-octubre-del-2026

[GAL]Axenda de outubro 2026:  -Arqueoloxía en monodose: “O xacemento arqueolóxico de Reza Vella (Ourense)” por Mario Cés...
30/09/2026

[GAL]

Axenda de outubro 2026:


-Arqueoloxía en monodose: “O xacemento arqueolóxico de Reza Vella (Ourense)” por Mario César Vila



📝 Entrada libre ata completar capacidade.


📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)


📅 Cando: Luns 5 de outubro, ás 19:30 h.



- Presentación da peza do mes: "Fotografía do arco neomudéxar en homenaxe ao Padre Feijoo", da man de Avelino Rodríguez González.


📝 Entrada libre ata completar capacidade.



📍 Onde: Escolma de escultura (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense)


📅 Cando: Mércores 14 de outubro, ás 20:00 h.



-Arqueoloxía en monodose: “Ti de quen vés sendo?: A industria lítica como indicador de mobilidade na Prehistoria recente no Alto Támega transfronteirizo” por Lucía Rodríguez Álvarez


📝 Entrada libre ata completar capacidade.


📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)


📅 Cando: Luns 19 de outubro, ás 19:30 h.



-Arqueoloxía en monodose: "Termas de Lugo” por Santiago Vázquez Collazo e Francisco Alonso Toucido


📝 Entrada libre ata completar capacidade.


📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)


📅 Cando: Luns 26 de outubro, ás 19:30 h.



[CAST]

Agenda de octubre de 2026:

-Arqueología en monodosis: "El yacimiento arqueológico de Reza Vella (Ourense)" por Mario César Vila

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 5 de octubre, a las 19:30 h.

-Presentación de la pieza del mes: "Fotografía del arco neomudéjar en homenaje al Padre Feijoo", de la mano de Avelino Rodríguez González.

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Escolma de escultura (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense)

📅 Cuándo: Miércoles 14 de octubre, a las 20:00 h.

-Arqueología en monodosis: "¿Tu de quien vienes siendo? La industria lítica como indicador de movilidad en la Prehistoria reciente en el Alto Támega transfronterizo" por Lucía Rodríguez Álvarez

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 19 de octubre, a las 19:30 h.

-Arqueología en monodosis: "Termas de Lugo" por Santiago Vázquez Collazo y Francisco Alonso Toucido

📝 Entrada libre hasta completar capacidad.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 26 de octubre, a las 19:30 h.

[GAL]A conferencia de onte no ciclo Arqueoloxía en Monodose de Tania Mosquera Castro sobre a  arte parietal paleolítica ...
29/09/2026

[GAL]

A conferencia de onte no ciclo Arqueoloxía en Monodose de Tania Mosquera Castro sobre a arte parietal paleolítica atopada en Cova Eirós (Triacastela, Lugo), pódese visualizar no noso Youtube.

[CAST]

La conferencia del pasado lunes, en el ciclo Arqueología en monodosis de Tania Mosquera Castro sobre el arte parietal paleolítico encontrado en Cova Eirós (Triacastela, Lugo), puede visualizarse en nuestro canal de Youtube.

25/09/2026

[GAL]

Xa está dispoñible o vídeo resumo da Peza do Mes de setembro de 2026, A figura do Neno Sentado de Antonio Faílde, realizada en terracota, a cal representa unha figura sedente coas pernas entrecruzadas, inclinada cara á esquerda, cun tratamento de volumes pesados e formas redondeadas que remiten ao Románico e á cantería popular.

Ángel Domínguez López vainos contar neste resumo as características principais desta peza.

Coma sempre, lembramos que os textos completos desta peza están dispoñibles na nosa web.

[CAST]

Ya está disponible el vídeo resumen de la Pieza del Mes de septiembre de 2026, La figura del Niño Sentado de Antonio Faílde, realizada en terracota, que representa una figura sedente con las piernas entrecruzadas, inclinada hacia la izquierda, con un tratamiento de volúmenes pesados y formas redondeadas que remiten al Románico y a la cantería popular.

Ángel Domínguez López nos contará en este resumen las características principales de esta pieza.

Como siempre, recordamos que los textos completos de esta pieza están disponibles en nuestra web.

[GAL]Arqueoloxía en monodose: "Arte paleolítica en Cova Eirós: novas imaxes, novas interpretacións”Tania Mosquera Castro...
24/09/2026

[GAL]

Arqueoloxía en monodose: "Arte paleolítica en Cova Eirós: novas imaxes, novas interpretacións”

Tania Mosquera Castro nos falará sobre como no corazón das serras orientais, o sistema cavernoso de Cova Eirós (Triacastela, Lugo) alberga as únicas manifestacións coñecidas de arte parietal paleolítica en Galicia. O seu descubrimento en 2011 marcou un fito nos estudos do Paleolítico galego, rachando coa concepción deste territorio como un baleiro artístico e alleo ao fenómeno gráfico peninsular.

📍 Onde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cando: Luns 28 de setembro | 🕢 19:30 h

📺 En streaming no noso canal de YouTube!

👉 Consulta todas as actividades do MAPOU para este mes na nosa web.

[CAST]

Arqueología en monodosis: "Arte paleolítico en Cova Eirós: nuevas imágenes, nuevas interpretaciones"

Tania Mosquera Castro nos hablará sobre en el corazón de las sierras orientales, el sistema cavernoso de Cova Eirós (Triacastela, Lugo) alberga las únicas manifestaciones conocidas de arte parietal paleolítico en Galicia. Su descubrimiento en 2011 marcó un hito en los estudios del Paleolítico gallego, rompiendo con su concepción de este territorio como un vacío artístico y ajeno al fenómeno gráfico peninsular.

📍 Dónde: Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense)

📅 Cuándo: Lunes 28 de septiembre | 🕢 19:30 h

📺 En streaming en nuestro canal de YouTube

👉 Consulta todas las actividades del MAPOU para este mes en nuestra web.

[GAL] 📢 Aviso importanteOs sábados 19 e 26 de setembro de 2026 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura...
18/09/2026

[GAL]

📢 Aviso importante

Os sábados 19 e 26 de setembro de 2026 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) so estará aberta ao público entre as 9 e as 15 horas. Os domingos 20 e 27 permanecerá pechada todo o día.

Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.

[CAST]

📢 Aviso importante

Los sábados 19 y 26 de septiembre de 2026 por cuestiones técnicas la exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) solo estará abierta al público entre las 9 y las 15 horas. Los domingos 20 y 27 permanecerá cerrada todo el día.

Gracias por su comprensión y disculpen las molestias.

Dirección

Rúa Xílgaros S/n
Orense
32005

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría