CIMIX Narón

Cómo llegar Página web Contactar con el museo

CIMIX Narón Centro de interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (Narón).

Explora a Real Fábrica de Fariñas máis importante do século XVIII, unha viaxe ao pasado industrial de Narón. Coñece a historia do emprendedor francés Jean Lestache, figura clave no desenvolvemento industrial da comarca no boiante Ferrol da Ilustración. Adéntrate nun espazo único no que aprenderás o funcionamento deste fascinante complexo industrial, impulsado pola avanzada enxeñaría hidráulica da época.

Que teñen en común o biscoito, a Armada Invencible e os nosos muíños? 🥖⚓⚙️📅 Este venres, 16 de outubro, celebramos o Día...
13/10/2026

Que teñen en común o biscoito, a Armada Invencible e os nosos muíños? 🥖⚓⚙️

📅 Este venres, 16 de outubro, celebramos o Día Mundial do Pan cunha visita temática moi especial no CIMIX.

⏳ Viaxaremos ata o século XVI para descubrir como a necesidade de conservar o pan durante as longas travesías marítimas deu lugar a un alimento esencial para a armada, e coñecer o papel da nosa comarca no abastecemento da frota real ⚓👑🌾

📍Ven descubrir connosco esta fascinante historia! Reserva a túa praza: cimixnaron.gal 🌐

Esta mañá despedimos no CIMIX a exposición “Organismo vivo. Cartografía dunha conciencia en transformación” de Søje Polc...
11/10/2026

Esta mañá despedimos no CIMIX a exposición “Organismo vivo. Cartografía dunha conciencia en transformación” de Søje Polcæm , cun acto de clausura que puxo o broche final a estas semanas nas que tivemos o pracer de acoller a súa obra 🖼️🗝️

Grazas a todas as persoas que vos achegastes a descubrir esta proposta artística e por formar parte desta experiencia! 💚

🎒🌾 Comezamos a tempada de visitas escolares no CIMIX!E que ganas tiñamos de volver encher o muíño de novas voces, curios...
10/10/2026

🎒🌾 Comezamos a tempada de visitas escolares no CIMIX!

E que ganas tiñamos de volver encher o muíño de novas voces, curiosidade e moitas ganas de aprender! 💛

Esta semana recibimos o alumnado do Ceip Plurilingüe O Ramo , co que compartimos unha mañá descubrindo a historia do muíño, dende os seus primeiros pasos, ata converterse na principal Fábrica de Fariñas do Reino! 🏭

Moitas grazas por visitarnos! 😊

🏫 Tamén queres traer ao teu alumnado?! Contacta con nós e organizamos a vosa visita ✉️➡️ [email protected]

🍂 O CIMIX, cheo de plans para os últimos meses do ano! ⚙️🌾🔎 Visitas guiadas e temáticas para coñecer a historia do muíño...
09/10/2026

🍂 O CIMIX, cheo de plans para os últimos meses do ano! ⚙️🌾

🔎 Visitas guiadas e temáticas para coñecer a historia do muíño e o pasado industrial de Narón 🏭

💡Obradoiros creativos para desenvolver a imaxinación e crear pezas únicas.

🗝️ Xogos de pistas para explorar o centro e descubrir os seus segredos.

🎃🎂🎄E unha actividade especial cada mes! Tres propostas diferentes para g***r do CIMIX dun xeito especial en cada época do ano.

📅 Consulta a programación e prepara a túa próxima visita ao CIMIX 👉 cimixnaron.gal

🍂 Benvido, outono!Hoxe comeza oficialmente a nova estación, aínda que o termómetro parece non telo moi claro 😅Por aquí x...
23/09/2026

🍂 Benvido, outono!

Hoxe comeza oficialmente a nova estación, aínda que o termómetro parece non telo moi claro 😅

Por aquí xa temos ganas de volver ver a contorna do CIMIX vestida de outono: as árbores cambiando de cor, a paisaxe enchéndose de tons ocres e, sobre todo, o río recuperando o seu caudal!💧

Porque se hai algo que nos gusta desta época no muíño é velo cambiar coa paisaxe 🌿🍁

Agora só falta que chegue o outono de verdade… 🍂pero mentres esperamos, nós xa imos preparando todo o que virá nos próximos meses 👀

✨ Este mes temos novos plans para g***r en familia!🔎 Se vos gustan os retos, as pistas e poñer a proba a vosa capacidade...
14/09/2026

✨ Este mes temos novos plans para g***r en familia!

🔎 Se vos gustan os retos, as pistas e poñer a proba a vosa capacidade de observación, Viaxe á Ilustración agárdavos como novo xogo de pistas con dous niveis de dificultade para redescubrir o muíño 🧩⚙️

📖 E se o voso é experimentar e crear, en Fábrica de papel poderedes poñer as mans na masa (ou, neste caso, no papel) e elaborar o voso propio caderno a partir de follas de papel reciclado 📄♻️

Dúas propostas, dous xeitos de achegarse ao CIMIX e un mes cheo de plans para compartir en familia💛

👉 Xa podedes consultar toda a información e facer a vosa reserva na nosa web: cimixnaron.gal

08/09/2026

🎒VOLVEMOS ÁS AULAS! O novo Cartafol Escolar do CIMIX xa está aquí 🌾⚙️

Arrincamos o curso 2026/27 no Muíño de Xuvia coa oferta educativa actualizada para o teu centro:

👉 Modalidades de visita adaptadas a cada etapa.
👉 Obradoiros didácticos prácticos e interactivos.
👉 Reserva rápida paso a paso para organizar a experiencia ao teu gusto.

🌐 Descarga o cartafol completo na nosa web ➡️ cimixnaron.gal ou escríbenos a didá[email protected] para reservar a túa data.

Agardámosvos! 🙌✨

21/05/2026

Día Europeo da Rede Natura 2000 💚🌿

O entorno natural do río Xuvia, no que se enmarca o CIMIX, forma parte desta gran rede europea de espazos protexidos creada para conservar a biodiversidade e os ecosistemas máis valiosos do continente📍🌳

A paisaxe que rodea o muíño non só forma parte da nosa historia industrial e cultural, senón tamén dun espazo natural de enorme riqueza ambiental. As augas do Xuvia, a súa ribeira e a fauna e flora que habitan neste entorno forman parte dun patrimonio vivo que debemos coñecer, valorar e coidar 🦦🦆

Un entorno único visto desde o muíño, no que natureza e historia levan séculos convivindo 🌱⚙️

Dirección

Aldea San Roque, 8
Narón
15770

Horario de apertura

Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Domingo 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIMIX Narón publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a CIMIX Narón:

Atajos

Compartir

Categoría