Museo Etnográfico de A Capela

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Museo Etnográfico de A Capela OUTONO 2026

ABERTO: domingos e festivos

mañás de 11:30 a 13:30 h
tardes de 16:00 a 18:00 h pertencentes ao Concello, amais doutros socios particulares.

Todos os pobos teñen unha individualidade de seu que lles da a súa especifica personalidade. Esa conformación emana da fonda raigame dos nosos antepasados, os seus costumes, a súa maneira de vivir, as súas crenzas; todo un conxunto de compoñentes que dan lugar ao sagrado edificio da Cultura. É moito o que o mundo rural ten aportado a ese edificio e á vida, en xeral; tamén é evidente que unha grande parte desta aportación está esmorecendo progresiva e implacablemente. Coa finalidade de recuperar (como recurso de identidade) e poñer en valor (como recurso de desenvolvemento local) ese rico patrimonio, créase o MUSEO ETNOGRÁFICO DA CAPELA. No ano 1981 inicíase no CEIP “Mosteiro de Caaveiro” unha experiencia sociopedagóxica consistente nunha ” mostra permanente de obxectos recollidos polos alumnos nas suas casas, propios da cultura tradicional popular” , experiencia que resultou exitosa e gratificante, recoñecida e valorada por toda a comunidade educativa e veciñal e que pouco a pouco se foi extendendo fóra do Concello e da comarca, ata que rematou convertindose nunha importante Colección etnográfica incluída no censo de coleccións visitables da Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia. No ano 2001, o Concello da Capela e o CEIP Mosteiro de Caaveiro acordan a creación dunha asociación denominada “Patronato do Museo Etnográfico da Capela” coa fin de ser un valorizador integral do patrimonio cultural de A Capela; a este proxecto únense todas as asociacións veciñais, culturais, etc. O Patronato prantéxase dende o seu nacemento, dous obxectivos principais, a creación dun Museo Etnográfico, para albergar a Colección etnográfica, e a investigación, defensa e promoción da cultura galega, de tal forma que se fomente o aproveitamento dos recursos existentes, a contribución ao desenvolvemento sostible, a dinamización doutros sectores como a hostelería, artesania, etc., e o desenvolvemento turístico do Concello.

15 de outubro , DÍA INTERNACIONAL DAMULLER RURAL !!!O rural non se entende sen elas; as mulleres foron e seguen a ser o ...
15/10/2026

15 de outubro , DÍA INTERNACIONAL DA
MULLER RURAL !!!

O rural non se entende sen elas; as mulleres foron e seguen a ser o motor que sostén a terra, a economía e a vida das nosas aldeas.

... tede por certo que calquera traballo, grande ou pequeno, duro ou levián, que emprendades no nome de Galicia, é sempr...
15/10/2026

... tede por certo que calquera traballo, grande ou pequeno, duro ou levián, que emprendades no nome de Galicia, é sempre, SEMENTEIRA".

FLORENTINO L. CUEVILLAS. "Prosas galegas"

Nesta "ponte" de outono ... viaxa no tempo achegándote ao teu pasado recente da man da "CASA do  PAZO!  (Mueo etnográfic...
10/10/2026

Nesta "ponte" de outono ... viaxa no tempo achegándote ao teu pasado recente da man da "CASA do PAZO! (Mueo etnográfico da Capela)

Parabéns!!! 😉
08/10/2026

Parabéns!!! 😉

O traballo recoñecido titúlase «Economía simbólica damorte no mito fluvial eumés»

Boas!En aplicación do punto 7 das BASES do "XIX Premio de investigación FERRO CAAVEIRO" danse a coñecer os traballos pre...
06/10/2026

Boas!
En aplicación do punto 7 das BASES do "XIX Premio de investigación FERRO CAAVEIRO" danse a coñecer os traballos premiados:

1ª PREMIO: " Economía sombólica da morte no mito fluvial eumés" da autoría de XOSÉ MARÏA LÓPEZ FERNÁNDEZ.

2ª PREMIO: " Estudo sobre os hórreos de Seixas" de ALEJANDRO CASTRO MÁRQUEZ.

3º PREMIO: "Roi Xordo , o home que se alzou contra os Andrade" de XOSÉ CARLOS SARDIÑA RODRÍGUEZ .

Traballos que serán publicados no nº 20 de "O RETORNO"

PARABÉNS aos premiados e grazas a tod@s os que participaron nesta convocatoria

A CASA do PAZO, unha viaxe ao noso pasado recente!.HORARIO de OUTONO, INVERNO.Domingos e festivos: de 11.30 a 13.30 e de...
02/10/2026

A CASA do PAZO, unha viaxe ao noso pasado recente!.

HORARIO de OUTONO, INVERNO.

Domingos e festivos: de 11.30 a 13.30 e de 16 a 18 h.

FÓRA deste HORARIO pódense concertar visitas guíadas ( Casa do Pazo, A Escola,...) . TLFNOS: 678713971 . 981459380.

🥰MOITAS GRAZAS  a todol@s que percorristes  - da man da etno-historia - as 13 ESTACIÓNS do “T.C.E 1950.” Unha  festa da ...
20/09/2026

🥰MOITAS GRAZAS a todol@s que percorristes - da man da etno-historia - as 13 ESTACIÓNS do “T.C.E 1950.” Unha festa da memoria social de antano. ❤️❤️

😍PARABÉNS aos auténticos protagonistas da xornada ("actrices e actores") polo se bo facer e empata. MIL GRAZAS!!❤️❤️

💓Tamén a todol@s veciñ@s que axudaron para facer posible o roteiro e “etno-camareir@s”. MOITAS GRAZAS!!! 🩵🩵🩵
... a pola XI Edición (T.C.E. 1951)😜😜🤔🤔 destacados

T.C.E  é unha actividade participativa e divulgadora. Son os propios veciños e veciñas, amig@s do Museo,..os protagonist...
10/09/2026

T.C.E é unha actividade participativa e divulgadora. Son os propios veciños e veciñas, amig@s do Museo,..os protagonistas desta xornada. Xentes do común e de todas as idades, orgullosas da semente de dignidade e carraxe dos que os precederon e conscientes de que a súa memoria debe seguir viva e en pé ,agora e sempre, senten a necesidade de amosar e dignificar na súa riqueza e hetrexoneidade a cultura do rural.

Boas!!! 😄😄Como nos últimos anos compartimosvos unhas acordanzas e consellos... 🤔🙃Vémonos o domingo 13. 🥳Agardámosvos!!!😁...
09/09/2026

Boas!!! 😄😄

Como nos últimos anos compartimosvos unhas acordanzas e consellos... 🤔🙃

Vémonos o domingo 13. 🥳

Agardámosvos!!!😁😜

Moi boas! 😁👉🏻Para este “Tal Como Eramos. 1950” xa témolas PRAZAS ESGOTADAS… 🙃Vémonos o 13 de setembro, MOITAS GRAZAS á t...
07/09/2026

Moi boas! 😁

👉🏻Para este “Tal Como Eramos. 1950” xa témolas PRAZAS ESGOTADAS… 🙃

Vémonos o 13 de setembro, MOITAS GRAZAS á tódol@s que vós inscribichedes, esperamos que o desfrutedes!!!🥳🥰

Agardámosvos!!😉 destacados

Dirección

O Pazo S/n
Capela
15613

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo Etnográfico de A Capela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Museo Etnográfico de A Capela:

Compartir

Categoría