GALP Ría de Pontevedra

Llamar Cómo llegar Página web

GALP Ría de Pontevedra Asociación sen ánimo de lucro que xestiona axudas a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca

Asociación sen ánimo de lucro que xestiona axudas a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca en colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de GAlicia. O noso ámbito de actuación son os concellos da área de influencia da Ría de Pontevedra.

⚓ O MAR TAMÉN É FUTURO. DESCUBRE O TEU CAMIÑO.Estás pensando que estudar?Buscas unha saída profesional?Gustaríache traba...
13/10/2026

⚓ O MAR TAMÉN É FUTURO. DESCUBRE O TEU CAMIÑO.

Estás pensando que estudar?

Buscas unha saída profesional?

Gustaríache traballar no mar pero non sabes por onde comezar?

Do 21 ao 23 de outubro, o proxecto RELEVO XERACIONAL: O FUTURO DO MAR estará presente en EDUGAL, a Feira Educativa de Pontevedra, cun stand propio.

Queremos achegarche todas as posibilidades que ofrece o sector marítimo-pesqueiro e mostrarche que non hai un único camiño para chegar ao mar.

🎓 Formación Profesional e FP Dual

⚓ Formación e titulacións profesionais para traballar no mar (formación básica, mariñeiro/a pescador/a, patróns, redeiras e outros cursos e acreditacións específicas do sector)

💼 Saídas laborais reais no sector marítimo-pesqueiro

Porque o sector pesqueiro precisa novas xeracións, persoas formadas e novos profesionais que garantan o seu futuro. Un sector con tradición, pero tamén con novas oportunidades, tecnoloxía, innovación e emprego cualificado.

Se es estudante, docente, orientador/a, estás decidindo que estudar, buscas unha nova oportunidade laboral ou simplemente queres coñecer mellor as profesións e posibilidades de formación que ofrece o mar, ven falar connosco.

Pásate polo noso stand en EDUGAL e descubre que camiño pode levarte ao mar. 🌊

📍 EDUGAL · Pontevedra
📅 21, 22 e 23 de outubro
🕙 De 10:00 a 18:00 h
👉 Agardámoste!

Máis información sobre a feira: EDUGAL – Feira Educativa de Pontevedra

🐟 🌊 Na segunda sesión do curso de cociña e nutrición, seguimos explorando as posibilidades gastronómicas dos produtos do...
09/10/2026

🐟 🌊 Na segunda sesión do curso de cociña e nutrición, seguimos explorando as posibilidades gastronómicas dos produtos do noso mar, combinando tradición, creatividade e técnicas culinarias para dar lugar a elaboracións cheas de sabor.

👨‍🍳 As propostas desta sesión foron:

🔥 Lombo de xarda asada á chama con costra de pan de broa de Bueu e allada emulsionada.

🍊 Escabeche de xurelo curado con cítricos.

🍅 Xarda curada con berberecho da ría e sopa fría de tomate.

Ademais de descubrir novas formas de preparar e presentar estes produtos, puxemos en valor as súas propiedades nutricionais. A xarda e o xurelo, como peixes azuis, son fontes de proteínas de alta calidade e ácidos graxos omega-3. Pola súa banda, os berberechos destacan polo seu contido en ferro e vitamina B12.

💙 Cociñar con produto local é tamén apostar pola calidade, a tradición e unha alimentación variada e equilibrada.

Seguimos aprendendo, experimentando e poñendo en valor a riqueza dos produtos do mar galego!

🌊 Terceira xornada da visita de estudo: coñecer como conviven pesca, natureza e novas oportunidades arredor do mar.A vis...
09/10/2026

🌊 Terceira xornada da visita de estudo: coñecer como conviven pesca, natureza e novas oportunidades arredor do mar.

A visita de estudo dos GALP das Rías Baixas continuou o xoves en Caorle, cunha xornada para achegarse a diferentes experiencias vinculadas á actividade pesqueira, á protección dos ecosistemas e á comercialización dos produtos do mar.

🚤 A primeira parada levounos á Lagoa de Caorle, cun percorrido en barco para coñecer a riqueza natural de Vallevecchia, un espazo protexido de arredor de 900 hectáreas e descubrir a estreita relación entre o medio natural e as actividades que se desenvolven na zona.

🦪 A programación incluíu tamén un achegamento á produción da Ostra Venere de Caorle, para coñecer o proceso de traballo con este produto e a súa vinculación co territorio.

🐟 A xornada completouse coa visita ao Mercado Ittico Comunale de Caorle, onde a delegación puido coñecer o funcionamento do mercado.

Para rematar tamén puidemos coñecer o apoio que o GALP local presta aos pescadores de Caorle aos que financia un técnico para a realizacion das labores administrativas vinculadas aos controis pesqueiros.

🤝 Experiencias diferentes cun mesmo fío condutor: coñecer como outros territorios pesqueiros poñen en valor os seus recursos, protexen o medio e buscan novas oportunidades arredor da economía do mar.

📍 Segunda xornada da visita de estudo dos GALP das Rías Baixas.Durante a mañá coñecemos, da man da empresa Lorenzo & Gen...
07/10/2026

📍 Segunda xornada da visita de estudo dos GALP das Rías Baixas.

Durante a mañá coñecemos, da man da empresa Lorenzo & Genny Busetto, os sistemas de cultivo do mexillón en Pellestrina e Chioggia, desde os antigos parques —hoxe destinados á investigación— ata a actual produción offshore. A visita permitiunos afondar tamén en cuestións como a trazabilidade, a sustentabilidade, o relevo xeracional e o desenvolvemento de novos produtos, ademais das experiencias de pescaturismo como actividade complementaria financiada a través do GALP local.

♻️ Pola tarde, a visita á fábrica Favini permitiunos descubrir outra maneira de aproveitar os recursos mariños coa súa liña de papel elaborado con algas, un exemplo de innovación e economía circular.

Seguimos descubrindo outros xeitos de mirar ao mar e ás oportunidades que ofrece. 🌊

🌊 Coñecer outras realidades pesqueiras para compartir experiencias e buscar novas respostas aos retos do sector.Os GALP ...
06/10/2026

🌊 Coñecer outras realidades pesqueiras para compartir experiencias e buscar novas respostas aos retos do sector.

Os GALP das Rías Baixas visitaron hoxe o FLAG do Véneto, en Italia, para coñecer de primeira man a situación dos cultivos e da recollida de moluscos na lagoa de Venecia.

🐚 Durante a xornada, a Soc. Coop. San Marco - Pescatori di Burano compartiu cos participantes os problemas que están a provocar as especies invasoras e os efectos do cambio climático, unha situación que levou a paralizar a pesca de ameixa desde 2024.

A visita permitiu coñecer tamén como os pescadores están buscando novas vías de diversificación. Unha delas é o pescaturismo, co que achegan aos visitantes de Burano o oficio da pesca tradicional, a cultura mariñeira e a realidade actual do sector. A bordo do Bragozzo Rosa dei Venti , a delegación puido descubrir ademais a pesca do cangrexo moeca e os principais oficios pesqueiros e acuícolas da lagoa.

♻️ Outra das liñas de traballo é a restauración dos ecosistemas lagunares co apoio de fondos europeos, combinando actividade pesqueira e recuperación ambiental.

A xornada rematou compartindo unha degustación de produtos locais xunto a representantes do GALP local e das cooperativas de pescadores.

🤝 Un intercambio de experiencias entre territorios pesqueiros que afrontan retos comúns e exploran novas formas de manter vivo o sector e a cultura mariñeira.

🐚 Unha nova oportunidade para descubrir o marisqueo de Lourizán desde dentro!Este venres 9 de outubro, acompáñanos nunha...
06/10/2026

🐚 Unha nova oportunidade para descubrir o marisqueo de Lourizán desde dentro!

Este venres 9 de outubro, acompáñanos nunha visita guiada da man de Victoria López e María Jesús Martínez, mariscadoras da Confraría de Lourizán.

Unha experiencia para achegarse ao seu día a día, coñecer os saberes que hai detrás do oficio e descubrir a estreita relación entre o marisqueo, os recursos e o coidado da ría.

📅 Venres, 9 de outubro
🕙 10:00 h
📍 Punto de encontro: Colexio Sagrado Corazón de Placeres, Pontevedra
🎟️ Actividade gratuíta
📲 Inscricións: 618 32 00 33

A actividade forma parte de Mar e Rías Pesca & Turismo, unha iniciativa que achega á cidadanía os oficios, as persoas e o patrimonio vinculados ao mar.

🌊 Os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro poñemos en marcha «Feito co Mar», un proxecto para fomentar o emprendeme...
05/10/2026

🌊 Os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro poñemos en marcha «Feito co Mar», un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro. ⚓️

💡 Estamos a traballar na posta en marcha dos Viveiros Formativos de Emprendemento, que contarán con dous programas en 2027:
🔹 Iniciación
🔹 Profesionalización

Ambos os dous estarán orientados á formación práctica, á experimentación e ao acompañamento de proxectos de emprendemento e innovación. 🌱

📍 Encontros informativos: A partir de outubro celebraremos máis de 20 encontros en concellos de toda a costa de Galicia para presentar a programación detallada e captar proxectos que poidan impulsarse nos Viveiros. 📢

📲 Máis información e contacto: i.gal/feitocomar

✉️️Correo: [email protected]

📞 Teléfono: 627 570 950

02/10/2026

🐟👩‍🍳 Da ría aos fogóns: aprender sobre o produto tamén é descubrir todo o que podemos facer con el.

Así foi unha das sesións do II Obradoiro de Nutrición e Cociña con Produtos do Mar que estamos a desenvolver en Marín, onde as persoas participantes combinan coñecementos sobre alimentación saudable con práctica na cociña.

E nesta ocasión, o produto do mar transformouse en tres propostas para abrir o apetito: 👇

🍽️ Lombo de pescada confitado con ameixas
🍽️ Falsos canelóns de cabaciña recheos de nécora e pescada
🍽️ Tortellini de raia con salsa de porro e limón

Tres receitas, diferentes produtos do mar e un mesmo obxectivo: aprender a coñecelos, valoralos e descubrir novas formas de incorporalos á nosa alimentación cotiá. 🌊💙

Dámoslle ao play? Así se cociñou en Marín. ▶️

🐟 Ver, coñecer e vivir a pesca desde diferentes perspectivas. Así foi a terceira xornada da visita de estudo ao País Vas...
01/10/2026

🐟 Ver, coñecer e vivir a pesca desde diferentes perspectivas. Así foi a terceira xornada da visita de estudo ao País Vasco no marco do proxecto RELEVO XERACIONAL: O Futuro do Mar.

A primeira parada foi na Kofradia - Itsas Etxea, un proxecto que pon en valor a pesca artesanal e de baixura do País Vasco, antes de pasar da teoría á práctica e embarcarnos nunha experiencia de turismo mariñeiro para observar en directo a pesca do congro.

🥽⚓ Xa de volta en terra, no Museo Marítimo Vasco-Euskal Itsas Museoa, descubrimos outras formas de divulgar e achegar o patrimonio marítimo á sociedade, vivindo incluso unha experiencia inmersiva de pesca de baixura a través da realidade virtual.

Unha xornada que nos deixa novas ideas sobre como facer máis visible a actividade pesqueira, transmitir a cultura do mar e espertar o interese das novas xeracións polo sector.

Mañá poñeremos rumbo de volta á casa para compartir todo o aprendido.

Dirección

Departamento De Exportadores, 14. Lonja De Marín. Puerto De Marín
Marín
36900

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34886213015

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GALP Ría de Pontevedra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir