Obradoiro de Gaitas Seivane

Cómo llegar Página web

Obradoiro de Gaitas Seivane Artesáns de gaitas dende 1939. Gaitas´ Luthiers since 1939. Falar hoxe de Seivane é falar de esmero, capacidade, competencia e precisión.

O Obradoiro de Gaitas Seivane é a primeira empresa galega na construción, comercialización e exportación de gaitas. A experiencia de máis de 80 anos e a súa aposta pola tecnoloxía moderna, desde o respecto á tradición, aseguran o máis alto grao de calidade en todos os seus produtos. Dicir Seivane é dicir compromiso coa música, compromiso con Galicia. Xosé Manuel Seivane funda unha das sagas de artesáns e músicos máis prestixiosa do país. A súa actividade no taller da Ribeira de Piquín (Lugo), converteuno nunha lenda en vida. Os seus fillos, Álvaro e Xosé Manuel, actualmente no seu taller de Cambre (A Coruña), toman o relevo do seu pai, acadando a excelencia na construción de gaitas e sendo artífices directos da evolución e mellora do instrumento.

----

The Obradoiro de Gaitas Seivane is the best Galician firm when it comes to the production, commercialisation and export of gaitas. The experience of more than 80 years and our commitment to modern technology, whilst respecting tradition, assure the very highest quality in all their products. Talking about Seivane today is to talk about elegance, ability, competence and precision. To say Seivane is to say commitment to music, commitment to Galicia. Xosé Manuel Seivane founds one of the most prestigious artisans and musicians sagas in the country. His activity in Ribeira de Piquín workshop (Lugo), made him a legend in life. His sons Álvaro and Xosé Manuel, currently in their workshop in Cambre (A Coruña), take over from their father, achieving the excellence in the construction of gaitas and being direct architects of the evolution and improvement of the instrument.

😀  Estamos felices por este premio da Cultura Galega, da Xunta de Galicia, na modalidade de Patrimonio Cultural. No 2029...
16/10/2026

😀 Estamos felices por este premio da Cultura Galega, da Xunta de Galicia, na modalidade de Patrimonio Cultural. No 2029 faremos 90 anos, de catro xeracións xa, dedicadas a conservar, investigar, potenciar e difundir un instrumento musical, a gaita, o símbolo musical de Galicia. Son moitos esforzos diarios, de todo un equipo, sumados durante moito tempo, para traballar por e para a gaita, por e para vós, os gaiteiros. Un amor pola gaita e por un oficio que nos inculcou o noso pai. Dende entón, dende que somos nenos, a nosa vida virou en torno a ela, respetámola e amámola profundamente, tanto que ás veces doe e outras fainos inmensamente felices, como agora. Un pobo se distingue pola súa terra, tradicións, costumes, lingua e tamén pola súa música. Estamos orgullosísimos de ti, nosa gaita ❤️
Grazas a quen pensou en nós, grazas ao xurado, grazas á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e grazas á Xunta de Galicia.
Noraboa, compañeiros!!

🏅 O xurado dos acaba de resolver as e os galardoados

Parabéns! 👏

📚 María Solar
🎨 Almudena Fernández Fariña
🎭 Compañía Elefante Elegante
🎼 Asociación Galega de Empresas Musicais
🎬 Alfonso Zarauza
🗣️ Espazo Lectura
🏛️ Obradoiro Gaitas Seivane
🌍 Festival EmigraSONS

14/10/2026

😍 Como tocas!!!! David Bellas. Músico Galego Que bó gusto, que limpeza, canto coñecemento e traballo invisible hai detrás de cada nota. Admiración máxima! Estamos felices de verte co teu novo punteiro en Sib subtónico, agardamos que te dea moitas satisfaccións, tantas como a nós verte, puro deleite, Mestre ❤️

A nosa agarimosa lembranza para Constante de Valiña. Constantino Fernández Castelao, de Vilar de Calvos, un dos últimos ...
16/09/2026

A nosa agarimosa lembranza para Constante de Valiña. Constantino Fernández Castelao, de Vilar de Calvos, un dos últimos gaiteiros vellos da Fonsagrada. Cántos bós gaiteiros pariu esta comarca do Eo-Naviega 🖤 Ata sempre, queridiño 🌹

14/09/2026

Casualidades da vida, hoxe Manuel Sisto Blanco veu poñer a punto as súas gaitas, e homenaxea ao seu tío Daniel Pazos da arxentina tocando "Xota do Encontro", peza composta polo grande Pazos. Canto legado deixas, Daniel Alejandro Pazos!! A túa familia galega non te olvida.

Querido amigo, mestre gaiteiro (como dicías ti), mestre de mestres, cántos alumnos sacaches… Marchaches e deixasnos cheo...
14/09/2026

Querido amigo, mestre gaiteiro (como dicías ti), mestre de mestres, cántos alumnos sacaches… Marchaches e deixasnos cheos de pena pola túa partida. Daniel Alejandro Pazos, un dos gaiteiros máis grandes da Arxentina, figura importantísima da cultura galega na diáspora. A piques de cumprir 63 anos, fúcheste co teu xeito tan bonito e enxebre de tocar, que nos poñía os pelos de punta. Unha perda moi grande para a gaita galega. No 2021, co motivo do centenario do nacemento do noso pai Xosé M. Seivane, entrevistabas a Álvaro no teu programa de RADIO ABC do Partido de Corcubión, en Bos Aires (tedes o enlace ao final por se queredes escoitalo). Canto cariño compartido, cantas conversas e cantos recordos pese a estar ao outro lado do charco. No 2023, cando estreamos nova páxina web, quixeches deixarnos este texto, cheo de agarimo en cada palabra, aquí o tedes para que vexades o latexo do seu corazón, sempre acompasado con nós. Que no ceo te encontres ao noso pai e que toquedes unhas pezas xuntos para nós!!

Abrazamos forte aos que o queríades, que sodes moitos.
QUE VIVA DANIEL PAZOS CARALLO!

---------

Queridos Álvaro y José y todo el Obradoiro,
Me siento muy honrado de que me pidan escribir unas palabras para vuestro taller el cual siempre ha cubierto totalmente mis expectativas porque desde mi punto de vista son los mejores artesanos de gaitas que he conocido en esta tierra.
Desde aquella primera vez en Ribeira de Piquín, donde fui recibido por vuestro padre, o sea don Xosé, y me dió mi primer punteiro Seivane en Sib, el cual no olvidaré jamás porque gracias a él pude saber lo que era una gaita afinada con exactitud, hasta el día de hoy, llevo la marca Seivane tatuada en el corazón porque ha sabido marcar mi vida con todas las gaitas que tengo las cuales siempre serán Seivane.
Quiero mandar un abrazo muy grande para toda la familia y decirles que este amigo nunca se olvida de todos ustedes y ojalá pueda verlos muy pronto.

Lo saluda atentamente.
Daniel Alejandro Pazos Martínez
Maestro Gaitero.
Y QUE VIVA SEIVANE CARALLO!

https://youtu.be/Wo9TRR8aj_I?si=v-6d3x5Qg_P-8mNU

Daniel Alejandro Pazos

Seivane necesita especialista en torno de madeira, lixado, pulido e vernizado. Tamén se valorarán outros coñecementos. I...
06/08/2026

Seivane necesita especialista en torno de madeira, lixado, pulido e vernizado. Tamén se valorarán outros coñecementos. Incorporación inmediata. Envía CV a [email protected] Estamos buscándote!! 😃

O patrón está de cumpreanos!!!💛 Moitos parabéns, Álvaro!!! Vamos a por moitos máis 🥳🥳🥳
29/07/2026

O patrón está de cumpreanos!!!💛 Moitos parabéns, Álvaro!!! Vamos a por moitos máis 🥳🥳🥳

Escolas Abertas 2026. O martes tivemos o honor de recibir un ano máis a visita destes nosos amigos galegos que viven ao ...
16/07/2026

Escolas Abertas 2026. O martes tivemos o honor de recibir un ano máis a visita destes nosos amigos galegos que viven ao redor do mundo, de Brasil, Arxentina, México, Francia, EEUU... Ademáis de Madrid, Barakaldo, etc. Galegos emigrantes que volven a casa uns días grazas ao curso de Gaita no programa das Escolas Abertas da Xunta de Galicia . Foi moi emotivo volver a vervos ❤️ GaliciaAberta

Esta moza estivo onte de cumpreanos!!! A nosa Saínza, que iluminas os nosos días, pura luz 😍 fermosísima de corazón ❤️ Q...
05/06/2026

Esta moza estivo onte de cumpreanos!!! A nosa Saínza, que iluminas os nosos días, pura luz 😍 fermosísima de corazón ❤️ Querémoste moitísimo, compañeira!!!

Grande Rafa!!! Orgullosos de ti❤️ Rafa Carracedo
29/05/2026

Grande Rafa!!! Orgullosos de ti❤️ Rafa Carracedo

Dirección

Lugar Volteiro, 1B/Cecebre
Cambre
15650

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00
Martes 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00
Miércoles 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00
Jueves 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00
Viernes 09:00 - 13:30
15:30 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Obradoiro de Gaitas Seivane publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir