Museo Os Oleiros - José Mª Kaydeda

Museo Os Oleiros - José Mª Kaydeda O Museo Os Oleiros é un centro de titularidade municipal dedicado ao estudo e difusión da olería que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Nesta actividade participante confeccionará e decorará dúas pezas de cerámica que transformaremos en dúas candeas.A acti...
28/01/2026

Nesta actividade participante confeccionará e decorará dúas pezas de cerámica que transformaremos en dúas candeas.
A actividade será dirixida pola ceramista Isabel Gómez.

📅 7, 21 e 28 de febreiro.
📍 Escola Municipal de Olería (centro cultural As Torres)
👉 Inscricións ata o día 2 de febreiro
📌 Maiores de 12 anos empadroadas no Concello de Oleiros
💲 4€
🎉Sorteo de prazas o 3 de febreiro
🔈 Comunicación de admitid@s: entre o 3 e 4 de febreiro.

Enlaces:
⏰1ª quenda (de 16.00 a 17.30 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2281057
⏰2ª quenda (de 17.30 a 19.00 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2281075

Nesta actividade cada participante decorará unha bola de cerámica para adornar a súa casa polo Nadal, coa axuda da ceram...
27/11/2025

Nesta actividade cada participante decorará unha bola de cerámica para adornar a súa casa polo Nadal, coa axuda da ceramista Susana Anta.

📆 13 e 20 de decembro (só será posible participar nunha das dúas sesións).
📍 Escola Municipal de Olería, Torres de Santa Cruz.
👉 Inscricións ata o 4 de decembro
📌 Maiores de 12 anos empadroadas no Concello de Oleiros.
💲 4 €
🎉 Sorteo de prazas 5 de decembro
🔈 Comunicación de admitid@as: entre o 6 e o 9 de decembro

Enlaces:
⏰ 13 de decembro (de 16.00 a 18.00h):
https://www.oleiros.org/es/web/forms/shared/-/form/2188693
⏰ 20 de decembro (de 16.00 a 18.00 h): https://www.oleiros.org/es/web/forms/shared/-/form/2188809

O SON E O BARRONesta actividade o oleiro de Buño Alberto Añón explicará aos participantes cales son os elementos básicos...
20/09/2025

O SON E O BARRO
Nesta actividade o oleiro de Buño Alberto Añón explicará aos participantes cales son os elementos básicos dun chifre de barro e ensinaralles como confeccionar un chifre personalizado.

📆 11 e 18 de outubro (obrigatorio poder asistir ás dúas xornadas para participar).
📍 Escola Municipal de Olería, Torres de Santa Cruz.
👉 Inscricións : Do 19 de setembro ao 3 de outubro.
📌Persoas maiores de 12 anos empadroadas no concello de Oleiros.
🆓 Prezo: 4 €
🎉 Sorteo prazas: 4 de outubro
📣 Comunicación admitid@s: entre o 4 e o 7 de outubro

Enlaces:
⏰ 1ª quenda (de 16.00 a 17.00 h): https://www.oleiros.org/es/web/forms/shared/-/form/2084696
⏰ 2ª quenda (de 17.00 a 18:00 h): https://www.oleiros.org/es/web/forms/shared/-/form/2084732

VEN CREAR O TEU XOGO DE SUSHI AO MUSEO!Neste obradoiro aprenderás a confeccionar un xogo de sushi composto por dúas band...
30/08/2025

VEN CREAR O TEU XOGO DE SUSHI AO MUSEO!

Neste obradoiro aprenderás a confeccionar un xogo de sushi composto por dúas bandexas e dous soportes para palillos. Experimentarás co emprego de pigmentos cerámicos de cores para decorar as túas creacións e esmaltarás as túas pezas.
A actividade será dirixida polo ceramista Nano Unzueta.

📆 20 e 27 de setembro (obrigatorio poder asistir ás dúas xornadas para participar).
A recollida das pezas realizarase o sábado 4 de outubro.
📍 Escola Municipal de Olería, Torres de Santa Cruz.

👉 Inscricións : Do 30 de agosto ao 12 de setembro.
📌Persoas maiores de 12 anos empadroadas no concello de Oleiros.
🆓 Prezo: 4 €
🎉 Sorteo prazas: 13 de setembro
📣 Comunicación admitid@s: entre 13 e 16 de setembro

Enlaces:
⏰ 1ª quenda (de 11.00 a 12.30 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2083015
⏰ 2ª quenda (de 12.30 a 14.00 h): https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2083032

[GAL]: Xa temos o cartel deste ano do micro festival As Tardes do Alfar 🎤🎸👉 Tomade nota: 📆 Todos os xoves do mes de xull...
14/06/2025

[GAL]: Xa temos o cartel deste ano do micro festival As Tardes do Alfar 🎤🎸

👉 Tomade nota:

📆 Todos os xoves do mes de xullo (3, 10, 17 e 24)
⏰ Ás 20.00 h
🌍 xardíns do centro cultural As Torres de Santa Cruz

E, como sempre, antes de cada concerto, ás 19.00 h, teremos unha demostración de olería ao vivo da man do oleiro Alberto Añón, de Buño

[CAST]: Ya tenemos el cartel de este año del micro festival As Tardes do Alfar 🎤🎸

👉 Tomad nota:

📆 Todos los jueves del mes de julio (3, 10, 17 e 24)
⏰ A las 20.00 h
🌍 jardines del centro cultural As Torres de Santa Cruz

Y, como siempre, antes de cada concierto, a las 19.00 h, tendremos una demostración de alfarería en vivo de la mano del alfarero Alberto Añón, de Buño

¡Xa están abertas as inscripcións para o obradoiro de Olería Castrexa! 🏺Esta actividade ofrece unha experiencia cerámica...
30/04/2025

¡Xa están abertas as inscripcións para o obradoiro de Olería Castrexa! 🏺

Esta actividade ofrece unha experiencia cerámica diferente, na que as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer e experimentar de primeira man as técnicas de traballo empregadas hai máis de dous mil anos.

Para guiar esta experiencia, contaremos coa experta Sandra Obarrio da Fundación Terra Termarum Castrolandín.

📆 Data, lugar e hora de realización:
24 de maio
⏰ 1ª quenda: de 10.00 a 14.00 h - Casa da Gardesa (centro cultural As Torres)
⏰ 2ª quenda: de 16.00 a 20.00 h - Escola Municipal de Olería (centro cultural As Torres)

🆓 Prezo: de balde
👉 Inscricións: Ata o 19 de maio
📌 Persoas destinatarias: Maiores de 16 anos (prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros)

¡Xa están abertas as inscripcións para o obradoiro de Restauración de Papel! 📜A colección do Museo Os Oleiros non se cir...
26/04/2025

¡Xa están abertas as inscripcións para o obradoiro de Restauración de Papel! 📜

A colección do Museo Os Oleiros non se circunscribe unicamente á colección de olería, nela tamén podemos atopar artefactos antropolóxicos e etnográficos, pintura, escultura e unha importante colección de estampas e obra gráfica. A conservación do papel é moi complexa e para dar acoñecer algunhas das técnicas de traballo dos restauradores especializados nesta disciplina contaremos coas explicacións da restauradora do Arquivo do Reino de Galicia, Eva García Amador.

📆 Lugar, data e hora de realización: Escola Municipal de Olería, centro cultural As Torres 7, 9 e 10 de maio
⏰ 1ª quenda: de 16.00 a 18.00 h
⏰ 2ª quenda: de 18.00 a 20.00 h
🆓 Prezo: de balde
👉 Inscricións: Ata o 30 de abril
📌 Persoas destinatarias: Maiores de 16 anos (prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros)

Con motivo dos Días Europeos da Artesanía o Museo Os Oleiros organiza dúas actividades:📌 Visita: as mulleres na colecció...
20/03/2025

Con motivo dos Días Europeos da Artesanía o Museo Os Oleiros organiza dúas actividades:

📌 Visita: as mulleres na colección do Museo Os Oleiros
📆: 5 de abril
⏰: 12.30 h
🌍: Museo Os Oleiros (centro cultural As Torres de Santa Cruz)
💸: de balde
👉Inscricións: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1690711

📌 Obradoiro de decoración con burbullas
📆: 5 de abril
⏰ 1ª quenda: de 10.30 a 12.00 h
⏰ 2ª quenda: de 12.30 a 14.00 h
🌍: Sala multiusos do centro cultural As Torres de Santa Cruz (xunto á biblioteca)
💸: 4€
👉Inscricións:
1ª quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1690699
2ª quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1689144

O marmoreado é unha técnica decorativa na que se mesturan barros de distintas cores para crear un patrón semellante ao d...
13/03/2025

O marmoreado é unha técnica decorativa na que se mesturan barros de distintas cores para crear un patrón semellante ao do mármore.

Os participantes desta actividade confeccionarán unha peza con esta técnica seguindo as indicacións da ceramista Susana Anta 🫲🏺🫱

📅: 5 e 12 de abril
⏰: 1ª quenda: de 17.00 a 18.30 h
⏰: 2ª quenda: de 18.30 a 20.00 h
💸: 4 €
👉 Inscricións do 12 ao 28 de marzo nos seguintes enlaces:
1º quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1679839
2º quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1679856

📌A actividade vai dirixida a maiores de 16 anos e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros

́mica

O rakú é o nome que reciben tanto a técnica como un tipo de olería de orixe xaponés. Consiste na aplicación de distintos...
22/02/2025

O rakú é o nome que reciben tanto a técnica como un tipo de olería de orixe xaponés. Consiste na aplicación de distintos esmaltes sobre a superficie das pezas que despois se levan ao forno. Cando os esmaltes alcanzan o seu punto de cocemento sácanse, aínda incandescentes coa axuda de pinzas de ferro, e deposítanse nun recipiente cheo de serraduras. Cando as pezas tocan estes materiais incéndianse, os esmaltes reaccionan co fume e a calor e converten os óxidos en metais. Logo de varios minutos, o proceso químico fíxase baixando bruscamente a temperatura con auga. O resultado de todo este proceso fai que xurdan na superficie da cerámica cambios de cor e efectos sorprendentes.
As persoas participantes nesta actividade terán a posibilidade de experimentar esta sorprendente técnica de traballo coa axuda do ceramista Nano Unzueta.

📅: 📅: 1º quenda: 15 e 22 de marzo ; 2º quenda: 15 e 29 de marzo
⏰: 1ª quenda: de 16.00 a 17.30 h
⏰: 2ª quenda: de 17.30 a 19.00 h
🌍: Escola Municipal de Olería
💸: 4 €
👉 Inscricións do 25 de febreiro ao 10 de marzo nos seguintes enlaces:
1º quenda:
https://www.oleiros.org/es/web/forms/shared/-/form/1438304
2º quenda: https://www.oleiros.org/es/web/forms/shared/-/form/1438347

́mica

Mañá día 14 de febreiro abre o prazo de inscrición do obradoiro de máscaras de entroido dirixido a nenas e nenos de 6 a ...
13/02/2025

Mañá día 14 de febreiro abre o prazo de inscrición do obradoiro de máscaras de entroido dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Cada participante poderá confeccionar unha orixinal máscara, empregando todo tipo materiais, coa axuda de Antía Ferrer do Tigre de Papel.

📅: 1 de marzo
⏰: 1ª quenda: de 10.00 a 11.30 h
⏰: 2ª quenda: de 12.00 a 13.30 h
🌍: Castelo de Santa Cruz
💸: de balde
👉 Inscricións do 14 ao 25 de febreiro nos seguintes enlaces:
1º quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1577675
2º quenda: https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/1577692

🏰

Dirección

Avenida Emilia Pardo Bazán 17
Lobera
15179

Horario de Apertura

Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 18:00
Sábado 10:00 - 14:00
16:00 - 18:00

Teléfono

+34981626692

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museo Os Oleiros - José Mª Kaydeda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Museo Os Oleiros - José Mª Kaydeda:

Compartir