Museo Pedagóxico de Galicia, Mupega

Museo Pedagóxico de Galicia,  Mupega O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), recupera, conserva, mostra e difunde todas aquelas expresións educativas do patrimonio educativo de Galicia.

Museo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Recuperación, conservación e difusión do patrimonio educativo de Galicia.

Seguro que con esta calor moitas e moitos xa fostes á praia pero, sabiades que pasar o día á beira do mar é unha forma d...
01/07/2025

Seguro que con esta calor moitas e moitos xa fostes á praia pero, sabiades que pasar o día á beira do mar é unha forma de ocio bastante recente? 🏖️☀️

Este cubo infantil de folla de lata, dos anos 30, lévanos a unha época na que a praia comezaba a deixar de ser só un espazo asociado á saúde, ao que as clases acomodadas acudían a bañarse cun fin terapéutico, para ir gañando terreo como lugar de lecer.

Tanto o propio cubo, parte dos xogos na area, como as imaxes que o acompañan convídannos a imaxinar a esas nenas e nenos gozando da praia case un século atrás.

📚✨ Remata o curso... e só podemos dicir: GRAZAS!Este curso escolar tivemos a sorte de recibir a numerosos centros educat...
20/06/2025

📚✨ Remata o curso... e só podemos dicir: GRAZAS!

Este curso escolar tivemos a sorte de recibir a numerosos centros educativos que se achegaron ao museo para descubrir a historia das nosas escolas.

👩‍🏫👦 A cada nena, neno, mestra e mestre: moitas grazas por compartir connosco un anaco do voso camiño.

💛 Agardamos vervos de novo o próximo curso e seguir aprendendo xuntos!

📸 Na imaxe, un deses momentos especiais que nos deixastes este ano.

📣 Estamos a renovarnos para vós!🛠️ A partir do luns 16 de xuño pecharemos temporalmente para comezar unhas obras de mell...
13/06/2025

📣 Estamos a renovarnos para vós!

🛠️ A partir do luns 16 de xuño pecharemos temporalmente para comezar unhas obras de mellora nas instalacións do museo.

🔔 Avisarémosvos cando volvamos abrir para recibirvos cun espazo máis accesible, confortable e moderno.

Mentres tanto seguiremos activos nas redes, compartindo contidos con vós. ❤️

Este mapa de América do Sur foi deseñado como ferramenta didáctica para persoas con discapacidade visual. Fabricado a me...
06/06/2025

Este mapa de América do Sur foi deseñado como ferramenta didáctica para persoas con discapacidade visual.

Fabricado a mediados do século pasado, emprega a técnica do termoformado para reproducir con precisión relevos sobre unha lámina de plástico, permitindo explorar o coñecemento xeográfico a través do tacto. 🤚🌍

📅 Hoxe, na xornada dedicada á accesibilidade pola MuseumWeek , queremos poñer en valor pezas que amosan como a educación pode e debe chegar a tódalas persoas.

📍Achégate ao museo e descobre máis obxectos coma este!

Hoxe sumámonos á MuseumWeek  explorando o movemento a través dalgunhas pezas dos fondos do museo relacionadas co xogo e ...
03/06/2025

Hoxe sumámonos á MuseumWeek explorando o movemento a través dalgunhas pezas dos fondos do museo relacionadas co xogo e co mundo infantil 🎠🚲

E ti, con que xoguete te moviches sen parar na túa infancia? 🤸

⚽ Sabías que o futbolín ten orixe galega?Corría o ano 1937 cando Alexandre Campos, nado en Fisterra, ideou este popular ...
28/05/2025

⚽ Sabías que o futbolín ten orixe galega?

Corría o ano 1937 cando Alexandre Campos, nado en Fisterra, ideou este popular xogo. Tiña só 18 anos e estaba ingresado nun hospital catalán, recuperándose das feridas sufridas nos bombardeos de Madrid durante a Guerra Civil.

Inspirándose no tenis de mesa, creou un xogo que permitise aos rapaces feridos, coma el, seguir gozando do fútbol dende o hospital. Así naceu o futbolín!

📷 Na nosa colección conservamos este exemplar que nos fala de xogo, historia e enxeño.

🗺️ E ti, en cantos lugares do mundo atopaches un futbolín?

20/05/2025

🖼️ Castelao ensina. Con esta mostra do Museo Pedagóxico de Galicia, Mupega celebramos o

Unha dobre visión como docente no Instituto de Pontevedra e cidadán que compartiu na súa obra a súa visión sobre a escola da Galicia que lle tocou vivir

🕒 Ata 14 de xuño
✅ Entrada libre

Escoitaches algunha vez a expresión “pasar máis fame que un mestre de escola”? 🤔A súa orixe está nas graves dificultades...
01/05/2025

Escoitaches algunha vez a expresión “pasar máis fame que un mestre de escola”? 🤔

A súa orixe está nas graves dificultades económicas polas que pasaron mestres e mestras durante o século XIX, especialmente no rural. Con salarios moi escasos e sufrindo de continuo grandes atrasos no cobro dos mesmos, a súa mantenza dependía moitas veces da solidariedade das familias que lles proporcionaban alimentos cos que poder subsistir.

A raíz daquela situación naceu este dito popular que lembra dun xeito crítico aquela precariedade das persoas dedicadas á docencia.

📸Imaxe: Libro de persoal de escolas da provincia de Pontevedra. Tomo IV. 1924-1940. Fondo Museo Pedagóxico de Galicia

Non podemos entender a historia da educación sen os libros. Presentes nas aulas ao longo do tempo, foron e seguen a ser ...
23/04/2025

Non podemos entender a historia da educación sen os libros. Presentes nas aulas ao longo do tempo, foron e seguen a ser unha porta de entrada a novos coñecementos para xeracións de estudantes 📖

Esta semana festexamos o seu día con algunhas actividades especiais. Tomade nota 👇

📅Venres 25 de abril: Obradoiro infantil "Escola de escribas"
⏰17:00h
👥Público infantil de 6 a 12 anos
📋Imprescindible reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/vis.../actividades-e-obradoiros

📅Sábado 26 de abril: Bookcrossing no museo
⏰ En horario de apertura do museo (10:00-14:00; 16:00-19:30)
Procura nas salas do museo algún dos libros que liberaremos durante esta xornada!

+ Info: https://mupega.edu.xunta.ga

📸 Nenas lendo. Balbino Pérez Fernández. Fondo Museo Pedagóxico de Galicia

15/04/2025

Volve a nosa "Escola de escribas"!✍️📖✨

Este ano, con motivo do Día do Libro, poñemos rumbo ao antigo Exipto para coñecer tódolos segredos da súa escritura a través deste obradoiro dirixido á cativada de 6 a 12 anos.

Xa podedes reservar praza na web do museo!

📅Venres 25 de abril
⏰17:00 a 18:00
👥Público infantil de 6 a 12 anos
💰Actividade de balde
📋Imprescindible reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Dirección

Calle De San Lázaro, 107
Santiago De Compostela
15781

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museo Pedagóxico de Galicia, Mupega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Museo Pedagóxico de Galicia, Mupega:

Compartir

Categoría