Memoria de Salvaterra

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Memoria de Salvaterra Memoria de Salvaterra, en breves Para iso levamos algún tempo percorrendo todas as parroquias buscando imaxes e documentación para posteriormente dixitalizala.

Memoria de Salvaterra é un proxecto creado pola Asociación Lazoiro en colaboración con veciños e veciñas de todas as parroquias, onde levamos preto de dous anos traballando nel e que aínda non ten data de finalización. Memoria de Salvaterra busca poñer en valor a historia da nosa vila e da nosas parroquias; as súas xentes, as súas paisaxes, as festas, aqueles actos importantes... ou non tanto. Actualmente temos unha base de datos de centos de imaxes dende o ano 1910 con información o máis detallada posible: década, lugar, persoas que saen na foto, a súa historia...

Contamos con preto de 300 imaxes rexistradas con información e centos delas máis que aínda están por procesar, porque isto non ten data de finalización. Polo camiño tamén atopamos vídeos, folletos e recortes de xornais que teñen que ver coa nosa historia, pero sobre todo atopámonos cunha gran colaboración e participación veciñal. Queremos das as grazas a todas esas persoas que de forma desinteresada participaron en Memoria de Salvaterra, que confiaron en nós para deixarnos unha parte importante dos seus recordos para dixitalizalos e poñelos en valor. Grazas a todos e a todas! Demos a coñecer a nosa historia, démonos a coñecer. Proxecto Organizado por: Asociación Lazoiro
Colabora: Concello de Salvaterra
Patrocina: Os Foxos (Restaurnte - Taperia), Panadería A BROA, Farmacia Claudia Vidal, Unirpinter, bodegas LA VAL, Publicidad Abril e Áridos do Mendo.

29/09/2026

La Asociación Lazoiro organiza este sábado 3 de octubre una jornada de limpieza del río Tea con salida a las 09:30 horas desde O Cordeiro, en Alxén. Es necesario inscribirse previamente.

25/09/2026

Un ano máis, participamos na Limpeza Simultánea dos ríos galegos organizada pola Asociación Ecoloxista ADEGA dentro do Proxecto Ríos.

Obrigatorio anotarse.

17/08/2026
15/08/2026

🌹 Este domingo 16, e con motivo do día da Galiza Mártir, participamos dunha ofrenda floral en Salvaterra de Miño, na Fonte da rúa Marqués de Viana.

Acode e difunde

Asociación Lazoiro

10/08/2026
16/12/2025

La jornada se celebrará del viernes 19 al domingo 21 de diciembre en el Centro Cultural A Carballeira, y contará con una exposición, una andaina patrimonial y la presentación de un libro histórico.

16/12/2025

Vimos de engadir un número de WhatsApp na nosa páxina de Facebook, onde ademais, se fose preciso, podedes chamarnos. Con isto queremos mellorar a comunicación para que sexa máis eficiente, xa que ata agora usábamos os números persoais das persoas que forman a Xunta Directiva, deste xeito a Asociación terá un número propio.

13/12/2025

📌 PROXECTO 17 PARROQUIAS
🖼️ Exposición do patrimonio e historia de Fornelos da Ribeira e Lourido

Os días 19, 20 e 21 de decembro de 2025, o Centro Cultural A Carballeira de Fornelos da Ribeira acollerá unha exposición dedicada á memoria, ao patrimonio e á historia das parroquias de Fornelos da Ribeira e Lourido.

Unha iniciativa organizada pola Asociación Lazoiro e a Asociación Veciñal e Cultural de Fornelos da Ribeira e Lourido para coñecer, valorar e poñer en valor o noso pasado común, dentro do Proxecto 17 Parroquias.

📍 Entrada libre


03/11/2025

La preservación del medio rural y la lucha contra el deterioro ambiental se han situado en el centro del debate

Dirección

Salvatierra De Miño
36450

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Memoria de Salvaterra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Memoria de Salvaterra:

Atajos

Compartir

Categoría