Espazo museístico da carpintaría de ribeira "Estaleiro de Ciprián"

  • Casa
  • España
  • Outes
  • Espazo museístico da carpintaría de ribeira "Estaleiro de Ciprián"

Espazo museístico da carpintaría de ribeira "Estaleiro de Ciprián" Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Espazo museístico da carpintaría de ribeira "Estaleiro de Ciprián", Museo, Outes.

28/04/2026
Boa tarde desde o     Un dos obxectivos principais do Espazo Museístico da Carpintaría de ribeira Estaleiro Ciprián do  ...
27/04/2026

Boa tarde desde o


Un dos obxectivos principais do Espazo Museístico da Carpintaría de ribeira Estaleiro Ciprián do é a posta en valor dun oficio tradicional artesanal íntimamente ligado a este concello como é a CARPINTARÍA DE RIBEIRA.

Os carpinteiros de ribeira eran os encargados da construcción de embarcacións tradicionais de madeira; madeira procedente das árbres dos nosos montes ou fragas, madeira de árbres autóctonas ( carballo e piñeiro ). Estas embarcacións eran propulsadas a velas e a remos.

No estaleiro de Ciprián dignificamos este oficio pero tamén a estas persoas, que tiñan gran relevancia na sociedade do litoral de Galicia, xa que eran os encargados de construír esa ferramenta que era o medio de vida de todas as persoas da beiramar.

Como vedes, o Estaleiro Ciprián segue a ser un espazo vivo, onde segue habendo barcos, pero non como parte da exposición senón barcos vivos, barcos que hai que reparar, darlle masilla, pintar, pulir, darlle patente......e botalos ao mar.

Neste senso, queremos destacar e agradecer a labor da , que lle da un valor engadido, axuda e fai posible que este espazo siga latexando e sigamos percibindo esos aromas a trementina, pintura, patente....aromas das carpintarías de ribeira que nos evocan esa época na que Outes era o berce da carpintaría de ribeira de Galicia.

Nas imaxes de hoxe, a botadura do "Langaño" que tivo lugar onte, domingo, despois da posta a punto levada ao cabo pola .


Bo día desde o   Onte sábado o Estaleiro de Ciprián estivo cheo de actividade todo o día, desde a mañanciña ata rematar ...
26/04/2026

Bo día desde o

Onte sábado o Estaleiro de Ciprián estivo cheo de actividade todo o día, desde a mañanciña ata rematar as tarde

A primeira hora da mañá recibimos con moito agarimo unha visita moi numerosa chegada do Concello de Ponteceso, organizada pola Fundación Eduardo Pondal, que se desprazaron ata o para coñecer o berce da carpintaría de ribeira, así como tamén visitar as raíces do Poeta Añón ( Outes, 1812-Madrid, 1878 ) xerme do Rexurdimento Galego e predecesor de Eduardo Pondal, o bardo galego por excelencia ( Ponteceso, 1835- A Coruña, 1917 ) .

Bos días desde o    ☀️   Os traballos de posta a punto do bote de Noia "Langaño" remataron onte á tardiña. Son moitos os...
26/04/2026

Bos días desde o
☀️


Os traballos de posta a punto do bote de Noia "Langaño" remataron onte á tardiña. Son moitos os pequenos e minuciosos detalles que precisan moito tempo e moita calma.
O tempo acompañou para o secado da pintura, a patente.... e tan só queda voltar ao mar, despois das tarefas realizadas.

Tras horas de traballo, a da por finalizadas as labores de mantemento e o "Langaño" voltará ao seu amarre.
Mirade qué fermoso quedou!!!!

Boa tarde desde o   Coñecedes este lugar que vos mostro en imaxes?Non é a Costa Amalfitana non.....Está moi preto das vo...
25/04/2026

Boa tarde desde o

Coñecedes este lugar que vos mostro en imaxes?

Non é a Costa Amalfitana non.....

Está moi preto das vosas casas, dos vosos fogares, pero non o coñecedes. É un lugar puro, que garda a súa esencia orixinal, un dos como vos demostro nas imaxes, sin filtros nin trucos.

Fálovos dun lugar da parroquia de San Cosme de Outeiro, no , provincia da Coruña, que como vedes, garda a esencia e autenticidade que hoxe en día moi poucos lugares conservan. Posúe unha paisaxe moi pouco modificada pola acción do Home, e así loce de xenuíno a día de hoxe.
Este lugar é A Barquiña, cuxo porto foi construído en 1168, mediante unha concesión de Fernando II ao Arcebispo de Santiago Don Pedro II.



Boa tarde desde o    !  Fai un día tan fermoso que o "San José" saíu a navegar esta mañá pola Ría de Muros-Noia.O San Jo...
25/04/2026

Boa tarde desde o !


Fai un día tan fermoso que o "San José" saíu a navegar esta mañá pola Ría de Muros-Noia.

O San José é un "Bote de Noia", tipoloxía de embarcacións tradicionais galegas, que está fondeado habitualmente na ensenada de Broña e hoxe foi unha delicia velo despregar as velas e navegar pola contorna do Estaleiro de Ciprián.



Bos días desde o    !   Hoxe tivemos unha visita moi especial. Un grupo de persoas chegadas das terras de    quixeron co...
25/04/2026

Bos días desde o !



Hoxe tivemos unha visita moi especial.
Un grupo de persoas chegadas das terras de quixeron coñecer o e comezaron polo Estaleiro de Ciprián a primeira hora da mañá, para continuar despois acompañados por que os levaría a coñecer o lugar que veu nacer ao Poeta Añón e a parroquia de Santo Ourente, onde se elaboraban os chapeus "sancosmeiros", sinal de identidade do .

Agradecemos á Fundación Eduardo Pondal ( FEP ) de Ponteceso a súa visita e o seu interés pola nosa historia e .

Boa tarde desde o   A flota tradicional galega constitúe unha parte importantísima do noso rico e variado patrimonio mar...
24/04/2026

Boa tarde desde o

A flota tradicional galega constitúe unha parte importantísima do noso rico e variado patrimonio marítimo e fluvial.

É sorprendente a enorme variedade existente de embarcacións tradicionais galegas. Esta diversidade é froito da permanente e intensa relación de Galicia co mar e cos ríos a través do tempo, e débese a factores diversos: a necesidade de ir adaptando as embarcacións ás diferentes características das rías ou do mar aberto; a adaptación aos diferentes traballos ( pesca, marisqueo, transporte de mercadorías e de persoas ), así como ás distintas artes de pesca.

Unha das tipoloxías de de Galicia é a **ta.

Nas imaxes de hoxe, temos á "Bu**ta Támara", que pertence á , e estivo días atrás amarrada no varadoiro do Estaleiro de Ciprián.

A BU**TA é unha embarcación da familia das LANCHAS, pero con menos manga en relación á eslora.
Con diferentes variacións no que atinxe ao tamaño e ao oficio ( pesca ), podíase atopar en toda a costa galega, onde tiña denominacións específicas: volanteira de Malpica, canoa na Ría de Muros e Noia...A Bu**ta do norte tiña a popa máis aparellada.
Adicábase á pesca con liña ou pequenos aparellos e ao marisqueo. Foi tamén usada para regatas de remos.
A proa e a popa son simétricas e o casco é redondeado.
A súa eslora mide entre 5 e 6 metros.
A propulsión era a remos ou vela de relinga ou mística, aínda que tamén houbo algunhas aparelladas con vela latina, especialmente no interior das rías.




Bibliografía:
Embarcacións tradicionais de Galicia. CULTURMAR
O saber inmaterial dos carpinteiros de ribeira, do concepto ao gálibo.
J. GERARDO TRIÑANES FERNÁNDEZ

Bos días desde o    ! Nas imaxes de hoxe venres preséntovos ao fundador e constructor do taller de carpintaría de ribeir...
24/04/2026

Bos días desde o !


Nas imaxes de hoxe venres preséntovos ao fundador e constructor do taller de carpintaría de ribeira Cipriano Domínguez Montes, quen, ao regresar da guerra en 1942 continúa co oficio familiar, xa que o seu avó e o seu pai, Domingo Domínguez Filgueira, eran tamén carpinteiros de ribeira.
Antes de asentarse na actual localización na ribeira da enseada de Broña, desenvolvían o oficio de carpinteiros de ribeira a poucos metros de distancia, no lugar próximo á ponte da desembocadura do río Bendimón.

A ensenada de Broña, no , posuía unhas óptimas condicións naturais que a converteron nun lugar idóneo para o asentamento de distintas instalacións como amarres de embarcacións, ramplas litorais, casetas de pescadores e carpintarías de ribeira.
Neste lugar conviviron nove estaleiros tradicionais adicados á construcción de embarcacións de madeira: Nimo, Amado, Andrés de Ciprián, Becerra, Cipriano, Patelo, Cacharulo, O Barqueiro e Ríos.
Actualmente, de todas estas instalacións só podemos percibir vestixios coma ramplas ou algún dos muros de pedra, a excepción do estaleiro de Ciprián, que chegou en perfectas condicións ata o ano 2016, en que inicia o seu declive.

O tradicional oficio da carpintaría de ribeira evolucionou a unha industria primaria en áreas onde existían bos fondeadoiros ou zonas de abrigo, así coma unha proximidade da materia prima ( grandes extensións de bosques de madeira autóctona ); esas eran as razóns principais para asentarse, modificar as súa contorna e finalmente, construír o estaleiro para realizar as súa actividade.

Galicia contou con centos de instalacións ou talleres esparexidos pola súa costa, pero foi a , e especialmente este tramo litoral de , o berce deste oficio tradicional.

Bos días desde o      Hoxe é o   , conmemoraciòn celebrada a nivel mundial cada   co obxectivo de fomentar a lectura, a ...
23/04/2026

Bos días desde o



Hoxe é o , conmemoraciòn celebrada a nivel mundial cada co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual mediante os dereitos de autor.

A orixe do Día do Libro remóntase ao ano 1926 e nace en España. A idea orixinal parte de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés e tras ser aprobada polo rey Alfonso XIII no ano 1926, celébrase o primeiro Día do Libro o 7 de outubro dese ano. Pouco despois, no ano 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril, coincidindo co día de San Jorge, patrón de Cataluña.

Desde o ano 1995 o Día do Libro convértese nunha celebración mundial promovida pola UNESCO.

A data non foi elixida ao azar, senón por coincidir coa morte de tres grandes escritores universais no ano 1616 : Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Deste xeito convértese cada 23 de abril nun día simbólico para a promoción e fomento da lectura a nivel mundial, na honra destes grandes autores falecidos.

Nas imaxes do día de hoxe déixovos unha escolma de libros que forman parte da biblioteca do Espazo Museístico da Carpintaría de ribeira Estaleiro de Ciprián, no , que nos sirven de consulta e inspiración para as publicacións diarias.

Dirección

Outes
15287

Horario de Apertura

Martes 10:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Miércoles 10:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Jueves 10:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Viernes 10:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Sábado 10:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Domingo 10:00 - 13:00

Teléfono

+34669337266

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Espazo museístico da carpintaría de ribeira "Estaleiro de Ciprián" publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Espazo museístico da carpintaría de ribeira "Estaleiro de Ciprián":

Compartir

Categoría