14/06/2026
A Fundación Xosé Soto de Fión celebrou o venres 12 de xuño, no Ecomuseo Pazo de Arxeriz o acto de entrega de premios do I Certame Literario escolar Xosé de Arxeriz.
Os gañadores do primeiro premio foron :
Carmen Otero do CEIP Eloísa Rivadulla de Chantada, na categoría de Primaria co relato “A filla do mar”.
e Yassin Amarante El Hakimy do IES Lama das Quendas (Chantada) na categoría de Secundaria co relato “A Pedra”.
Os primeros premios consistían en 500€, diploma e varios exemplares da publicación que a Fundación realizou cos relatos gañadores. Ademáis as clases respectivas desfrutaron dunha viaxe en catamarán e unha visita ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz.
Os segundos premios valorados en 400 € foron na categoría de Primaria para Valentina Aguado Sánchez do CEIP de Quiroga co relato “Martiño e Uxío: dous heroes entre o lume” .
E na Categoría de secundaria para Ada Saurín do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña co relato “Xa cho conto mañá “.
O acto estivo presidido polo Vicepresidente da Fundación Xosé Soto de Fión, Néstor Quiroga Casas e a Presidenta de Honra da Fundación, Milagros Mondéjar Ovelleiro . Entre os dous entregaron os diplomas e premios.