10/07/2024
💥Lenda da Pena do Muíño
Na hai recollidas máis de 500 lendas pero é unha ledicia cando podemos recoller unha máis, particularmente nunha parroquia na que non había recollida ningunha. É o caso de Moneixas, ́n .
Nunha visita dentro das actividades que a Cruz Vermella organiza para os nosos maiores, dúas visitantes faláronnos dun penedo e das súas lendas, así que avisamos a Xoán Carlos García Porral para recollela máis polo miudo e incorporarala na súa páxina https://lendasdamourindadedeza.blogspot.com/2016/11/mapa-das-lendas-da-mourindade-na.html
👉A lenda: “A Pena do Muíño tiña forma de copa de champán, das de antes. Coma se fora un paraugas. De feito, cando chovía, acolliámonos debaixo dela. Intentaron derrubala con dinamita, pero non deron. A ela subiamos de nenos para xogar. Dela saía unha “muchacha” (moura) encantada seguida dunha galiña con pitiños. Tamén había unha serpe que saída da pena, poñía o rabo na congostra e, co impulso, pasaba para o prado que había do outro lado. Iso veuno meu avó."
Informante: Luisa Núñez Neira (Moneixas)
🕵️♀️E fomos ver de atopar o penedo...
O penedo é bo de atopar, ata está sinalizado, pero xa non está no estado que dou lugar ás lendas. Afortunadamente queda o patrimonio inmaterial, eses bens intanxibles que conforman a nosa identidade e a nosa alma.
Como curiosidade, nun caderno da Xeira de Deza de 1928 do Seminario de Estudos Galegos, conservados no Museo de Pontevedra consta a seguinte anotación: "Pena do Muiño (ou do encanto). Lenda moderna"
https://museo.depo.gal/-/xeiras-do-deza-moneixas
Dende aquí o noso agradecemento ás informantes e ó persoal de Cruz Vermella que nos axudou a localizalas.