Museo De San Paio

Museo De San Paio Museo Fortaleza de San Paio de Narla - http://museosanpaio.blogspot.com/

Os primeiros documentos que fan referencia á primitiva Torre de Xiá son do século XIV, aínda que con motivo das Revoltas Irmandiñas a Fortaleza vese moi afectada e no XVI ten que ser reconstruída. O actual edificio está composto por elementos que abarcan do século XVI ó XIX, aínda que reaproveitando materiais medievais. A Fortaleza foi adquirida pola Deputación Provincial no ano 1939 e no 1983 abr

e as súas portas coma Museo Etnográfico e da Historia, sendo obxecto dunha última reforma no ano 2003. O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior. A planta baixa acolle diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros, zoqueiros...) Nas cortes dos cabalos instaláronse cadeiras de man e de montar a cabalo e na adega móstranse os elementos propios desta dependencia (pelellos, prensadores de uvas, medidas de viño...) A primeira planta componse dunha cociña na que se encontran tres elementos da construcción primitiva : a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais de mobiliario típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc. ; un salón cunha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista ; a sala do tear; un escritorio e un dormitorio. O primeiro e segundo piso da Torre da Homenaxe albergan as coleccións de armas brancas e de fogo, destacando unha armadura de placas de hasta, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas, revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, fusís, canóns, etc. No terceiro piso sobresae a cheminea renacentista que Vasco das Seixas mandou construír no século XVI, decorada a base de elementos zoomorfos e fitomorfos. A capela, de planta cuadrangular, foi construída no século XVIII e ten un retablo do XIX con diversas imaxes populares.

🌿 SOTERRADAS: vidas e historias na busca de xustiza socialHai historias que permaneceron demasiado tempo baixo terra, si...
11/08/2026

🌿 SOTERRADAS: vidas e historias na busca de xustiza social

Hai historias que permaneceron demasiado tempo baixo terra, silenciadas ou esquecidas. Historias que merecen ser recuperadas, contadas e incorporadas á nosa memoria colectiva.

Luz Darriba, Mar Caldas, Tamara Wasaf, Carmen Porteiro, Ana Arregui, Ana Gil e Ruth Lodeiro rescatan esas historias e contribúen a darlles voz, presenza e futuro.

Elas forman parte do proxecto museolóxico permanente do Museo de San Paio de Narla«Soterradas: vidas e historias na busca de xustiza social», un espazo para recuperar memoria, visibilizar vidas e avanzar cara a unha sociedade máis consciente e xusta.

Porque rescatar o que foi soterrado tamén é un acto de xustiza. 💜




Rede Museística Provincial de Lugo Vicepresidencia. Deputación de Lugo

✨ Arte e ceo únense nun momento único.Coincidindo coa inauguración da exposición Átona, de Ruth Lodeiro, mañá ás 19:00 h...
05/08/2026

✨ Arte e ceo únense nun momento único.

Coincidindo coa inauguración da exposición Átona, de Ruth Lodeiro, mañá ás 19:00 horas, entregaranse simultaneamente nos catro museos da Rede as gafas para a observación segura do eclipse solar, ata esgotar existencias.

Achégate á inauguración ou a calquera dos museos da Rede para recoller as túas gafas e g***r, con total seguridade, dun dos acontecementos astronómicos máis agardados do ano.
Vicepresidencia. Deputación de Lugo Rede Museística Provincial de Lugo

🗓️ Mañá | 19:00 h
📍 Nos catro museos da Rede
🎟️ Ata esgotar existencias

02/08/2026

La asociación Terras Irmãs organiza actividades creativas en Narla, Tor, Cervo y Lugo dentro del ciclo «Cartografías do invisible»

25/07/2026

🤍🩵🤍 Hoxe celebramos o Día da Patria Galega.

Un día para reivindicar a nosa identidade, a nosa lingua, a nosa cultura e todo aquilo que nos une como pobo.

Feliz Día Nacional de !

22/07/2026

Dirección

A Castronela
Friol
27220

Horario de Apertura

Martes 10:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 20:00
Domingo 10:00 - 20:00

Teléfono

982375156

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museo De San Paio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría