Mariña Patrimonio

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Mariña Patrimonio Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Mariña Patrimonio, Cervo.

Somos unha asociación sociocultural que botou a andar no ano 2008 co fin de defender e divulgar o patrimonio galego, centrándonos especialmente na comarca de A Mariña

Compartimos a convocatoria desta xornada, que se celebrará o vindeiro 10 de outubro en Mondoñedo e estará dedicada á rur...
08/10/2026

Compartimos a convocatoria desta xornada, que se celebrará o vindeiro 10 de outubro en Mondoñedo e estará dedicada á ruralidade, á memoria e ao papel das mulleres nas comunidades rurais.
Pola mañá presentarase o proxecto «Mulleres de San Vicente de Trigás: un estudo etnográfico e arqueolóxico do rural mindoniense», xunto cun documental sobre a investigación. Haberá tamén unha mesa redonda arredor do protagonismo das mulleres nas comunidades rurais.
Pola tarde, ás 16:00 h, a xornada continuará cun roteiro por San Vicente de Trigás.
📅 10 de outubro
🕥 Inicio ás 10:30 h
📍 Pazo de San Tomé (Cuartel Vello), Mondoñedo

O pasado sábado 5 de setembro, na Casa da Cultura das Rodrigas (Riotorto), cunha asistencia importante de público, o arq...
22/09/2026

O pasado sábado 5 de setembro, na Casa da Cultura das Rodrigas (Riotorto), cunha asistencia importante de público, o arqueólogo do INCIPIT (CSIC) Andrés Menéndez Blanco realizou unha presentación acerca do achádego en 2023 do campamento romano Vedro da Fame, situado a cabalo dos concellos de Riotorto e A Pastoriza.
O ponente realizou unha completa contextualización que permitiu coñecer como son os campamentos militares romanos e como adoitan situarse e distribuírse no territorio, en resposta á mobilidade das unidades militares. Neste caso, parece estar aliñado con outros xacementos de similares dimensións trazando un posible itinerario do exército romano desde a actual Lugo en dirección á Mariña.
Os campamentos responden a un patrón formal moi definido en todo o imperio romano, con forma de naipe con esquinas redondeadas e un tamaño variable en función da dimensión do continxente militar que albergasen. Construíanse para efectuar os descansos do exército no seu avance, por veces dunha soa noite, outras veces de dias ou semanas. Erguíanse de xeito moi rápido e organizado, cavando un foxo perimetral en forma de V dando lugar a un parapeto que se reforza con elementos defensivos de madeira. Dentro do recinto utilízaban tendas de campaña para albergar o continxente. Adoitan ubicarse en lugares altos, para permitir boa visibilidade do territorio e para facilitar a súa defensa.
A diferenza destes campamentos de campaña, construíanse tamén outros de carácter permanente, que corresponden a momentos nos que a conquista xa foi completada e diferentes unidades militares permanecen no territorio para consolidar o control do mesmo así como garantir e supervisar a explotación dos recursos. Neste caso, son construídos con materiais pétreos e non sempre se ubican en lugares altos.
Debido ao tempo transcorrido e á intervención humana posterior, os restos actuais deste campamento do Vedro da Fame son moi difíciles de ver no terreo. Pódense apreciar con certa claridade algún dos tramos do parapeto defensivo, pero a maioría desta liña defensiva perimetral confúndese entre a vexetación baixa e o bosque de piñeiros e eucaliptos, polo que non sería apreciable se non fose polas ferramentas dixitais actualmente dispoñibles, como as fotografias aéreas de diferentes momentos, imaxes desde drone ou imaxes LIDAR. A combinacion das mesmas permite definir con bastante claridade o perímetro do campamento, coa habitual forma de naipe, aínda que neste caso conta cun recinto anexo a un dos lados longos do rectángulo.
Ata hai poucos anos non se contaba con información sobre a ubicación dos campamentos romanos correspondentes ás campañas militares coñecidas como Guerras Cántabras, que permitiron o control do norte e noroeste peninsular por parte de Roma. En moi poucos anos, e grazas a estas novas ferramentas dixitais, estanse a coñecer os detalles de como se foron realizando as diferentes incursións militares que completaron, en tempos do emperador Augusto, a conquista do territorio castrexo posteriormente coñecido como Gallaecia.

Esta actividade foi organizada polas Asociacións Arrincadeira de Riotorto, Mariña Patrimonio e a Asociación Ecoloxista ADEGA e contou coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia. Deputación de Lugo.

Enjoy the videos and music you love, upload original content, and share it all with friends, family, and the world on YouTube.

Hoxe tivemos a visita aberta á sondaxe arqueolóxica realizada estes días no castro de Rueta, en Cervo.Queremos agradecer...
17/09/2026

Hoxe tivemos a visita aberta á sondaxe arqueolóxica realizada estes días no castro de Rueta, en Cervo.
Queremos agradecer ás máis de cen persoas que se achegaron ata Rueta para coñecer de primeira man os traballos realizados, ver a sondaxe e escoitar as explicacións do equipo arqueolóxico sobre os restos que apareceron durante a intervención.
Agradecemos tamén a colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia. Deputación de Lugo, que subvencionou esta intervención arqueolóxica, e do CONCELLO DE CERVO, que financia cada ano os traballos de limpeza do xacemento.
Sen estas axudas non sería posible levar a cabo esta intervención e seguir avanzando no coñecemento e na posta en valor do castro de Rueta.
Moitas grazas a todas e todos por acompañarnos!

VISITA Á SONDAXE ARQUEOLÓXICA DO CASTRO DE RUETAMañá, xoves 17 de setembro, ás 17.30 horas, organizamos unha visita aber...
16/09/2026

VISITA Á SONDAXE ARQUEOLÓXICA DO CASTRO DE RUETA
Mañá, xoves 17 de setembro, ás 17.30 horas, organizamos unha visita aberta ao castro de Rueta, en Cervo, para coñecer os traballos arqueolóxicos que se están realizando esta semana.
A intervención permitiu xa poñer ao descuberto estruturas arqueolóxicas, aínda que polo momento é demasiado pronto para determinar a súa natureza, función ou cronoloxía.
O equipo técnico de Tempos Arqueólogos explicará o traballo realizado, a metodoloxía empregada e os restos aparecidos ata agora.
Será unha oportunidade excepcional para observar directamente a sondaxe, xa que o venres rematará a intervención e procederase ao seu tapado para garantir a conservación dos restos.

📅 Xoves 17 de setembro
🕠 17.30 horas
📍 Castro de Rueta, Cervo

A actividade está aberta a todas as persoas interesadas. Agardámosvos!

Hoxe puxémonos mans á obra no castro de Rueta, en Cervo.Comezamos unhas catas arqueolóxicas que se van desenvolver ao lo...
14/09/2026

Hoxe puxémonos mans á obra no castro de Rueta, en Cervo.
Comezamos unhas catas arqueolóxicas que se van desenvolver ao longo desta semana e que esperamos nos axuden a coñecer un pouco mellor este xacemento.
Iremos compartindo por aquí como avanzan os traballos e, se aparece algo interesante, tamén volo contaremos.
Estes traballos arqueolóxicos son posibles grazas á colaboración da Área de Cultura de Vicepresidencia. Deputación de Lugo, que subvenciona a intervención arqueolóxica, e do CONCELLO DE CERVO, que financia cada ano a limpeza do xacemento.

CONFERENCIA SOBRE O CAMPAMENTO ROMANO DO VEDRO DA FAMEEste sábado, 5 de setembro, ás 19.00 horas, o arqueólogo e investi...
02/09/2026

CONFERENCIA SOBRE O CAMPAMENTO ROMANO DO VEDRO DA FAME
Este sábado, 5 de setembro, ás 19.00 horas, o arqueólogo e investigador Andrés Menéndez Blanco impartirá no Centro Sociocultural «Avelino Díaz» de Riotorto a conferencia:
«O campamento romano do Vedro da Fame en Riotorto: unha peza fundamental para entender a conquista romana do noroeste ibérico».
Organizan: Arrincadeira de Riotorto, Mariña Patrimonio e ADEGA.

Tempo de lectura: 4 min.O municipio de Riotorto converterase este sábado 5 de setembro nun punto de encontro para coñecer un dos xacementos arqueolóxicos que nos últimos anos...

CONFERENCIA SOBRE O CAMPAMENTO ROMANO DO VEDRO DA FAMEO sábado 5 de setembro, ás 19.00 horas, o arqueólogo e investigado...
28/08/2026

CONFERENCIA SOBRE O CAMPAMENTO ROMANO DO VEDRO DA FAME
O sábado 5 de setembro, ás 19.00 horas, o arqueólogo e investigador Andrés Menéndez Blanco impartirá no Centro Sociocultural «Avelino Díaz» de Riotorto a conferencia:
«O campamento romano do Vedro da Fame en Riotorto: unha peza fundamental para entender a conquista romana do noroeste ibérico».

Cunha superficie aproximada de 14,2 hectáreas, O Vedro da Fame é un dos maiores campamentos romanos coñecidos ata o momento en Galicia. A maior parte do xacemento está no concello de Riotorto, aínda que unha pequena zona entra no concello da Pastoriza.
Andrés Menéndez Blanco é doutor en Historia, arqueólogo vinculado ao Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC) e membro do colectivo investigador RomanArmy.eu. Participou directamente nas investigacións sobre este importante recinto militar romano.

Organizan: Arrincadeira de Riotorto, Mariña Patrimonio e Asociación Ecoloxista ADEGA.

Agradecemos a difusión!

📣 Este sábado 1 de agosto celébrase no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos a II Romaría Isaac, unha xornada para ...
27/07/2026

📣 Este sábado 1 de agosto celébrase no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos a II Romaría Isaac, unha xornada para lembrar e reivindicar o legado de Isaac Díaz Pardo, Carmen Arias de Castro —Mimina— e das mulleres que contribuíron a construír o proxecto cultural, artístico e social de Sargadelos.

O programa contará con actividades arredor da figura e do traballo de Mimina, un xantar de irmandade ás 14.00 horas, tertulia, música e, contra a tardiña, un concerto de DOA.

Desde Mariña Patrimonio, que participa na iniciativa Isaac-Sargadelos, animámosvos a asistir e a compartir esta convocatoria.

📍 Sargadelos
📅 Sábado 1 de agosto

📣 Lembramos!Hoxe temos unha cita co Festival Atlántica en Santo Estevo do Ermo, Barreiros.Dende Mariña Patrimonio animám...
03/07/2026

📣 Lembramos!
Hoxe temos unha cita co Festival Atlántica en Santo Estevo do Ermo, Barreiros.
Dende Mariña Patrimonio animámosvos a achegarvos e participar nestes dous actos nos que colaboramos.
Cultura, palabra, patrimonio e natureza nun espazo moi especial.

📣 Festival Atlántica en Santo Estevo do ErmoDende Mariña Patrimonio animámosvos a participar nos dous actos do Festival ...
30/06/2026

📣 Festival Atlántica en Santo Estevo do Ermo

Dende Mariña Patrimonio animámosvos a participar nos dous actos do Festival Atlántica que se celebrarán o venres 3 de xullo de 2026 en Santo Estevo do Ermo, Barreiros, e nos que colaboramos.

🕖 19.00 h
“O que contan as pedras e as prantas”
Roteiro narrado con Hugo López e Mariña Patrimonio polo sendeiro entre a ermida e a fervenza.
Actividade para público familiar.

🕗 20.00 h
“Autoestradas e corredoiras”
Espectáculo de narración oral con Quico Cadaval, na ermida de Santo Estevo do Ermo.
Actividade para público adulto.

Os dous actos serán en galego e con acceso libre.

Animádevos a achegarvos a Santo Estevo do Ermo para compartir unha tarde de cultura, palabra, patrimonio e natureza nun espazo moi especial.

🙏 E se podedes, axudádenos a difundir estes actos compartindo esta publicación para que chegue a máis xente.

📍 Santo Estevo do Ermo, Barreiros
📅 Venres 3 de xullo de 2026
🎟️ Acceso libre

Dirección

Cervo
27891

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mariña Patrimonio publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Mariña Patrimonio:

Atajos

Compartir