Fundación Curros Enríquez

Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Fundación Curros Enríquez Entidade cultural sen ánimo de lucro creada para difundir a literatura de Celanova, en especial a de Manuel Curros Enríquez, cuxa casa é a Casa dos Poetas.

A Fundación Curros Enríquez é a encargada de ter aberta ó público as portas da vella casa familiar do poeta galego Manuel Curros Enríquez. Coñecida como “Casa dos Poetas” está situada no número 37 da rúa Curros Enríquez en Celanova. Esta entidade ten ademais como obxectivo dar a oportunidade de coñecer os espazos vitais nos que se formou a personalidade poética do propio Curros Enríquez, e do resto de escritores de Celanova como son Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín así como tamén de outros autores menos coñecidos como Castor Elices ou Pepe Velo, entre outros. Con este fin é co que ven deseñando anualmente unha serie de actividades que teñen como eixe central, pero non exclusivo, a literatura. Entre as iniciativas que desenvolvemos destaca a entrega anual do premio “Celanova, Casa dos Poetas”, a realización de programas de visitas por Celanova para todos os públicos, obradoiros, presentacións de libros, audiovisuais, etc.

Hoxe participaron os alumnos de 1º da Bacharelato  do IES Agra de Leborís da Laracha no programa escolar ' Ven coñecer a...
15/10/2026

Hoxe participaron os alumnos de 1º da Bacharelato do IES Agra de Leborís da Laracha no programa escolar ' Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio'. Graciñas pola vosa visita e graciñas á colaboración do IES Celanova CEF nesta xornada.

Fai tempo que non viamos unha minipublicación! VER de Goliardo Ceibe é a incorporación desta semana á biblioteca da Casa...
13/10/2026

Fai tempo que non viamos unha minipublicación! VER de Goliardo Ceibe é a incorporación desta semana á biblioteca da Casa dos Poetas.
O que atoparás principalmente nesta biblioteca é fondo local sobre a Terra de Celanova e os seus escritores.

Esta ponte recibimos en Vilanova dos Infantes varios grupos desde Ponteareas, A Coruña e Ourense. Graciñas a todos por p...
12/10/2026

Esta ponte recibimos en Vilanova dos Infantes varios grupos desde Ponteareas, A Coruña e Ourense. Graciñas a todos por participar no roteiro 'Celanova: un paseo pola historia de Galicia' ou vir coas Rutas que Rexeneran (Terra de Celanova-Serra do Xurés) impulsadas polo INORDE.

Carlos Callón presentará na Casa dos Poetas a súa última publicación: O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA. Será o venres 16 d...
10/10/2026

Carlos Callón presentará na Casa dos Poetas a súa última publicación: O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA. Será o venres 16 de outubro ás 19.30 e estará acompañado por Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Ademáis de poder mercar un exemplar, os asistentes estarán convidados a un viño ó remate do acto.
Esta actividade é unha nova colaboración coa .galiza

Juan Luis Fernández presentou hoxe na Casa dos Poetas FUTEBOL GAÉLICO. Un libro sobre a historia deste deporte que emerx...
09/10/2026

Juan Luis Fernández presentou hoxe na Casa dos Poetas FUTEBOL GAÉLICO. Un libro sobre a historia deste deporte que emerxeu en Galicia hai uns anos e que se está a asentar nesta comunidade.

Recibimos desde Valencia, País Vasco, Extremadura e  outros lugares de España este grupo organizado pola agencia Interrí...
08/10/2026

Recibimos desde Valencia, País Vasco, Extremadura e outros lugares de España este grupo organizado pola agencia Interrías.

O sábado 20 de outubro a Casa dos Poetas acollerá a segunda sesión de curtas do Ciclo Mestre Mateo. Será ás 17 horas
06/10/2026

O sábado 20 de outubro a Casa dos Poetas acollerá a segunda sesión de curtas do Ciclo Mestre Mateo. Será ás 17 horas

Axenda cultural de Celanova do 13 ó 30 de outubro de 2026.
06/10/2026

Axenda cultural de Celanova do 13 ó 30 de outubro de 2026.

Axenda cultural de Celanova ata o 12 de outubro de 2026.
06/10/2026

Axenda cultural de Celanova ata o 12 de outubro de 2026.

Un novo vinilo con versións musicadas de poemas de Manuel Curros Enríquez pasa a engrosar o fondo da Fundación Curros En...
06/10/2026

Un novo vinilo con versións musicadas de poemas de Manuel Curros Enríquez pasa a engrosar o fondo da Fundación Curros Enríquez. Esta vez na voz de Joaquín Deus: MORRIÑAS DA MIÑA TERRA.

Dirección

Calle Curros Enríquez, 37
Celanova
32800

Horario de apertura

Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 19:00
Sábado 11:00 - 14:00
16:00 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Curros Enríquez publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Fundación Curros Enríquez:

Atajos

Compartir