Museo do Castro de Viladonga

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Museo do Castro de Viladonga Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Museo do Castro de Viladonga, Museo, Viladonga, Castro de Rei.

O castro consta de varios recintos de murallas e fosos, dous antecastros ou zonas de expansión e unha grande área central ou croa, onde se atopan a maioría das estruturas escavadas.

16/10/2026
15/10/2026

📚 A nosa biblioteca non deixa de medrar! Podes vir a consultar os fondos da biblioteca:

Todos os días (agás 24, 25 e 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro).
🕙 Marzo–outubro: 10:00–20:00
🕙 Novembro–febreiro: 10:00–19:00





📞 Inscrición: 982870160👉 Un novo obradoiro chega ao museocastroviladonga. Esta vez é un obradoiro interxeracional no que...
06/10/2026

📞 Inscrición: 982870160
👉 Un novo obradoiro chega ao museocastroviladonga. Esta vez é un obradoiro interxeracional no que persoas de diferentes idades construiremos xuntas narrativas visuais coa axuda de Adela Vázquez.

🤗 Un encontro para descubrir técnicas coas que relatar memórias de forma gráfica.

👩‍🎨 Unha forma de achegarnos ao castro de Viladonga desde a narrativa gráfica em busca de perspectivas diversas e da construcción de significados.





▶️ O vindeiro 16 de outubro, no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, celebramos unha actividade moi especial c...
05/10/2026

▶️ O vindeiro 16 de outubro, no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, celebramos unha actividade moi especial con motivo do Día Internacional da MULLER RURAL.

▶️ MULLERES RAÍZ é un concerto da man de Martina Ferradás e Xavier Blanco, que nos convidan a entrar no universo das mulleres do rural a través da música producida polas súas propias ferramentas de traballo: máquinas de coser, leiteiras, agullas...

▶️ Un encontro para escoitar, sentir e recoñecer o papel fundamental das mulleres que sosteñen a vida do rural e do mundo enteiro.

🤗 Esperámosvos na Palloza Campelo o venres día 16 de outubro ás 16:30. Non faltedes!





📢 Vémonos este sábado día 26 de setembro no CASTRO DE VILADONGA para coñecer de primeira man os traballos arqueolóxicos ...
23/09/2026

📢 Vémonos este sábado día 26 de setembro no CASTRO DE VILADONGA para coñecer de primeira man os traballos arqueolóxicos da campaña 2026.




22/09/2026

🔸Nesta campaña 2026, a restauradora Iria López achegou todo o seu saber e bo facer na consolidación das estruturas escavadas.
🤗 Moitas grazas por todo o traballo!
Queres saber máis sobre esta campaña?
Ven á visita guiada deste sábado día 26 de setembro!
En breves publicaremos a hora e información da visita.
👀 Estade atentos/as!




16/09/2026

Nas escavacións arqueolóxicas hai un aliado que nunca falla: unha boa biblioteca.
Porque cada fragmento, cada estrutura, cada hipótese… só cobra sentido cando se contrasta coa investigación previa.

No Museo do Castro de Viladonga temos unha biblioteca especializada que non deixa de medrar!

📚 Horario de consulta en sala:
Todos os días (agás 24, 25 e 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro).
🕙 Marzo–outubro: 10:00–20:00
🕙 Novembro–febreiro: 10:00–19:00





14/09/2026
🎉 Esta fin de semana comezamos a tempada de obradoiros, e fixémolo cun obradoiro de cerámica castrexa: "Do orixinal á ré...
14/09/2026

🎉 Esta fin de semana comezamos a tempada de obradoiros, e fixémolo cun obradoiro de cerámica castrexa: "Do orixinal á réplica".
🏺Tratamos de reproducir unha peza orixinal do museo, en concreto unha taza de tradición castrexa con continuidade na época galaico-romana.
😍 A verdade é que os resultados non puideron ser mellores!
🫶 Grazas a Sandra Obarrio da Funfación Terra Termarum de Castrolandín por guiarnos taaaan ben!
🤗 Mil grazas a todas as persoas participantes por virdes ao museo e aprender a mirar a colección, o castro e o propio museo desde outra perspectiva.
👀 Estade atentos ás nosas redes..., moi pronto haberá máis obradoiros.




11/09/2026

A escavación desta campaña 2026 céntrase na estrutura E-25, E-26. Unha verdadeira encrucillada de paramentos que nos falan de diferentes momentos de ocupación. Pouco a pouco iremos vendo o que nos contan estes restos arqueolóxicos da man do arqueólogo Álvaro Pérez.




Dirección

Viladonga
Castro De Rey
27259

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo do Castro de Viladonga publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Museo do Castro de Viladonga:

Compartir

Categoría