Museo do Videoxogo

Cómo llegar Página web Contactar con el museo

Museo do Videoxogo Primeiro museo aberto en España adicado á historia do videoxogo. Museo do Sistema Autonómico de Centros Museísticos de Galicia. Xestionado pola Fundación MUVI.

17/10/2026

2 xa está listo! Temos as conclusións sobre o estudo de investigación sobre os primeiros videoxogos en lingua galega, con Fran Morell e Xosé Manuel Pereiro como protagonistas.

Meses de traballo do equipo da Fundación para recuperar obras, documentar as súas historias e coñecer de primeira man a quen as fixo posibles. Unha investigación que achega novos datos á historia do e que axiña compartiremos con vós.

En colaboración co LOAD ZX Spectrum Museum de Portugal e a titulación ETIV da Universidade de Vigo, coa participación e o apoio de Museos de Galicia Cultura de Galicia, Puntogal Dominio Galego, Balidea e imaxin|software.

Os primeiros en teñen moito que contar. chegou o momento de escoitalos.

02/10/2026

II Xornadas do Galego no Videoxogo e uso saudable:

Sala de exposicións do Auditorio de Cangas.
▪️ Venres 2 de outubro (18:30h) pola tarde e sábado 3 pola mañá.(11:30h)
▪️ Sábado 3, desde as 16.30 h: entrada de balde ao MUVI para coñecer e probar videoxogos ata completar aforo.
Importante: (Priorizaranse os asistentes á mesa redonda)

Organiza o , a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración co MUVI, a e a .

Participan a psiquiatra Iria Veiga (), o médico Galo Martínez e Lucas Costas, do MUVI. Modera Mario Brión ( ).

Amosámosvos unha nova   de parte de Benjamín Paredes, máis coñecido como RetroBenSoft na súa faceta como desenvolvedor. ...
23/09/2026

Amosámosvos unha nova de parte de Benjamín Paredes, máis coñecido como RetroBenSoft na súa faceta como desenvolvedor. Del recibimos as copias físicas de dous para da súa creación: Perseus e Tuerkas, the white cat, así como senllas camisetas. Grazas Benjamín e grazas a todos os que contribuides ao con aportacións tan interesantes coma esta!

II XORNADAS DO GALEGO NO VIDEOXOGO E USO SAUDABLE▪️ Cangas · 2 e 3 de outubroUnha proposta especialmente dirixida ás fam...
16/09/2026

II XORNADAS DO GALEGO NO VIDEOXOGO E USO SAUDABLE

▪️ Cangas · 2 e 3 de outubro

Unha proposta especialmente dirixida ás familias que combina divulgación médica, participación e .

A psiquiatra Iria Veiga e o médico de atención primaria Galo Martínez abordarán os hábitos e a integración dos videoxogos na vida cotiá da rapazada. Participará tamén Lucas Costas, experto do Museo do Videoxogo de Galicia, con Mario Brión (Herr Mario) como moderador.

Un encontro aberto a preguntas e ao intercambio de experiencias, no que tamén poderedes descubrir videoxogos en e achegarvos á historia da creación do noso País.

▪️ As sesións celebraranse na sala de exposicións do Auditorio de o venres 2 pola tarde e o sábado 3 pola mañá.

▪️ IMPORTANTE: O sábado, a partir das 16.30 h, o abrirá de balde ao público para coñecer e probar videoxogos.

Organiza o Concello de Cangas de Morrazo, a través do , en colaboración co MUVI, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Tras a nosa visita á quinta edición de Lérez Up , celebrada esta fin de semana no Recinto Feiral de Pontevedra, queremos...
14/09/2026

Tras a nosa visita á quinta edición de Lérez Up , celebrada esta fin de semana no Recinto Feiral de Pontevedra, queremos compartir algunhas impresións sobre este evento vencellado ao videoxogo e á cultura popular.

Máis de 5.000 persoas pasaron polo recinto durante os días 12 e 13 de setembro, confirmando novamente a súa capacidade de convocatoria.

O sábado foi o día escollido polo para visitar un lugar amplo e diáfano, cunha actividade constante e unha gran diversidade de propostas: videoxogos, torneos, realidade virtual, recreativas, xogos de mesa e cartas, robótica, cosplay, cultura xaponesa ou tendas especializadas. Todo nunha xornada marcada tamén pola intensa calor.

Boa parte da nosa atención estivo posta na Zona Indie e na presenza do . Nesta edición participaron oito estudios e equipos de desenvolvemento, maioritariamente galegos, con varios proxectos xurdidos ou vencellados á formación universitaria en videoxogos da UDC. Volvemos atopar unha comunidade nova, conectada e con moita gana de crear, interesada en poñer os seus xogos nas mans do público e recibir feedback.

Asistimos a algunhas das moitas charlas e debates do programa. Primeiro a presentación de Concepción González arredor de Game Jams: Guía para sacarlles o máximo proveito, centrada nas posibilidades destas experiencias.

A continuación seguimos a mesa redonda «O día a día dun estudio indie», con Adrián Suárez, Danae Romero, Mariola Juncal de Orgullogamers e , e Roberto Alvite de Melgo Cinema . A conversa abordou a creación independente desde realidades moi diferentes —de estruturas profesionais consolidadas a proxectos universitarios con recursos máis limitados—, ademais da perspectiva da prensa especializada. Falouse da formación dos equipos, da procura de recursos e das dificultades para manter vivo un proxecto ata levalo a termo.

Este tipo de actividades completan moi ben a vertente expositiva e lúdica do evento; agardamos se sigan potenciando en vindeiras edicións.

Grazas á organización de Lérez Up, aos equipos desenvolvedores e a todas as persoas coas que puidemos compartir a xornada. ❤️

Un ano máis, no   toca despedirse dos longos días de verán e voltar ao horario habitual. Recordade que a partir desta se...
03/09/2026

Un ano máis, no toca despedirse dos longos días de verán e voltar ao horario habitual. Recordade que a partir desta semana poderedes visitarnos todos os sábados de 16:30 a 21:00. E moitas grazas a todos e todas os que durante estes meses estivais reservástedes un oco para vir coñecer o .

Manuel Gago Manuel Gago, xornalista, escritor, profesor e director de culturagalega.gal visitou o museo para presentarno...
01/09/2026

Manuel Gago Manuel Gago, xornalista, escritor, profesor e director de culturagalega.gal visitou o museo para presentarnos O corvo das Cíes, o seu videoxogo inspirado na mitoloxía galega, no Monte do Facho e nas illas Cíes.

Aproveitamos a visita para coñecer de primeira man os detalles do xogo e conversar sobre o lugar que ocupa —e o que debería ocupar— a industria do videoxogo dentro da galega contemporánea, desde a perspectiva dunha persoa que leva máis de dúas décadas analizando, divulgando e conectando as diferentes expresións do noso patrimonio.

Un encontro moi interesante no que tamén comezamos a perfilar futuras colaboracións das que falaremos máis adiante!

O   segue a ser un punto de encontro para as persoas creadoras vencelladas ao  .Recibimos a visita de Marcos Valiño “Lir...
18/08/2026

O segue a ser un punto de encontro para as persoas creadoras vencelladas ao .

Recibimos a visita de Marcos Valiño “Liru” e de Tucho Fernández, ambos nomes relevantes na industria galega do videoxogo en diferentes momentos e ámbitos. Liru formou parte do proxecto que fixo posible “A aventura Máxica de Merliño”. Pola súa parte, Tucho, creador de FullBlast e ligado a Madruga Works, volve achegarse ao MUVI para falarnos máis de preto do seu traballo.

Unha nova ocasión para compartir impresións e seguir coñecendo de primeira man as figuras e as historias que hai detrás dos feitos en .

Grazas aos dous pola visita! ❤️

Recibimos a Maya, a Mona e a Krešimir, unha familia alemana que, como xa ven sendo habitual nos visitantes estranxeiros,...
31/07/2026

Recibimos a Maya, a Mona e a Krešimir, unha familia alemana que, como xa ven sendo habitual nos visitantes estranxeiros, amosaron gran entusiasmo co carácter identitario do e o proxecto do .

Sensibilizados co carácter social do , quixeron tamén contribuír cunha fermosa : unha Game & Watch Snoopy Tennis de 1982, nun perfecto estado de conservación e funcionamento. GRAZAS! ❤️

20/07/2026

Dirección

Rúa Aragón, Nº 2 Baixo
Cangas
36940

Horario de apertura

16:30 - 21:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Museo do Videoxogo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Museo

Enviar un mensaje a Museo do Videoxogo:

Atajos

Compartir

Categoría