Proxecto Louceiros de Bamio

Proxecto Louceiros de Bamio @sdeBamio é un proxecto para a recuperación de memoria oral compartida da parroquia de Bamio,

LOUCEIR@S DE BAMIO E A NOSA HISTORIA ORAL

A parroquia de San Xinés de Bamio, está situada na marxe sur do estuario do Ulla, na ría de Arousa. Trátase dunha paisaxe litoral fortemente modificada nos derradeiros anos pola acción humana, no que convive un aproveitamento rural tradicional e tamén de ámbito urbano. A importante tradición oleira ou louceira de Bamio, coñecida a través de documentos his

tóricos, arqueolóxicos e diversas testemuñas, está totalmente perdida na actualidade. A finais dos anos 40, os derradeiros louceiros de Bamio abandonaron o traballo do barro e a súa memoria perdeuse, a diferencia doutras tradicións conservadas ou recuperadas en Galicia (como as de Buño ou Gundivós...), aínda que coñecemos pezas orixinais saídas dos seus fornos, e conservadas en importantes coleccións e museos, como o Museo do Pobo Galego, ou o Museo de Pontevedra. Tamén podemos atopar polas leiras e xardíns de Bamio, restos de louza, rodas de oleiro, píos e outros elementos. Dende hai uns meses a Asociación de Mulleres Rurais xunto a Beatriz Comendador, investigadora e profesora da Universidade de Vigo, levamos traballando no proxecto Louceiros de Bamio. A intención é a recuperación de memoria oral compartida da parroquia de Bamio, para conservar e revitalizar aspectos que, xuntamente coa memoria dos louceiros, teñen conformado a nosa cultura. Creemos que un proxecto así podería ser beneficioso para a veciñanza e precisamos da vosa colaboración, o que podedes facer de diferentes xeitos:
• Falando cos mais vellos, que quizais lembren cousas como o nome dos lugares e outras historias.
• Buscando fotografías antigas
• Buscando se queda louza polas casas e os xardíns, ou outros elementos como rodas ou pías
• Recollendo e aportando lembranzas e saberes da zona
• Participando nos distintos eventos e reunións que terán lugar
• etc
Ti decides:
• Que coñecemos?
• Que conservamos?
• Que protexemos?

Xa podedes visitar a nosa exposición temporal durante todo o mes de maio no Centro Arqueolóxico do Barbanza 😊Centro Arqu...
29/04/2026

Xa podedes visitar a nosa exposición temporal durante todo o mes de maio no Centro Arqueolóxico do Barbanza 😊
Centro Arqueolóxico do Barbanza.
Universidade de Vigo
Mulleres Rurais De Bamio

📢 Durante o mes de maio, no Centro Arqueolóxico do Barbanza poderedes visitar a exposición temporal “Louza de Bamio. Memoria, mulleres e territorio” no noso horario habitual.

🏛 Unha oportunidade única para descubrir unha tradición oleira hoxe desaparecida, propia de San Xinés de Bamio, que forma parte da nosa identidade e da historia do noso territorio.

A mostra pon en valor o traballo co barro e o papel fundamental das mulleres na transmisión deste saber ao longo do tempo.

Proxecto Louceiros de Bamio Universidade de Vigo

10/03/2026
Con motivo da xornada "Património com Género" no marco do proxecto  e das comemoracións do , o Museu de Arqueologia D. D...
08/03/2026

Con motivo da xornada "Património com Género" no marco do proxecto e das comemoracións do , o Museu de Arqueologia D. Diogo de Sousa presenta a exposición “Louza de Bamio: Memória, Mulheres e Território”, cedida polo Louceiros de Bamio.
Composta por sete painéis autoportantes, a mostra da a coñecer a hoxe desaparecida tradición "louceira" de San Xinés de Bamio (Vilagarcía de Arousa, Galiza) e a traxectoria de 10 anos de este proxecto de recuperación da memoria social do barro.
📍 Museu D. Diogo de Sousa, Braga, Portugal
🗓 Ata finais de marzo
Museu de Arqueologia D. Diogo de Sousa

08/03/2026

En el potente puerto maderero que fue Pontecesures, el trabajo de las mujeres fue crucial: asumían cargas y peligros a cambio de unos jornales escuálidos

Estreamos a nosa expo portatil do Proxect Louceir@s de Bamio no Museo D. Diogo de Sousa, en Braga, no contexto dunha xor...
06/03/2026

Estreamos a nosa expo portatil do Proxect Louceir@s de Bamio no Museo D. Diogo de Sousa, en Braga, no contexto dunha xornada sobre Patrimonio con Xenero.

🎉✨ Orgullo no CEIP Rubiáns! ✨🎉O Ministerio de Educación distinguiu ao Colexio de Rubiáns polo seu proxecto “Muller tiñas...
14/12/2025

🎉✨ Orgullo no CEIP Rubiáns! ✨🎉
O Ministerio de Educación distinguiu ao Colexio de Rubiáns polo seu proxecto “Muller tiñas que ser”, unha iniciativa inspiradora que promove a igualdade, a memoria e o coñecemento de mulleres que marcaron a nosa historia.
📚💫 Entre as actividades destacadas e inspiradoras:
🎨 O traballo das Louceiras de Bamio, unha lembranza da artesanía local e da aportación das mulleres ao noso patrimonio
👏 Parabéns a todo o equipo, profesorado, alumnado e familias por facer posible este proxecto tan enriquecedor!

Uno de sus ejes centrales consiste en el conocimiento de mujeres pertenecientes a distintos ámbitos que sirvan como inspiración

12/11/2025

Queres coñecer un pouco máis sobre a nosa historia? Non perdas esta conferencia do profesor de Historia Antiga e arqueólogo Diego Piay, organizada pola Asociación Amigos de los Pazos en Vigo.
📆 Martes 18 de novembro, 19:00 h

02/10/2025

𝗖𝗼𝗻𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝘀𝗼𝗯𝗿𝗲 𝗮 𝗹𝗼𝘂𝘇𝗮 𝘁𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗺𝗶𝗼

Convidamos á conferencia titulada "Unha roda que non para: a recuperación da louza tradicional de Bamio (Vilagarcía de Arousa)".

Terá lugar o martes 7 de outubro ás 19:30 h no salón de actos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e será impartida por Beatriz Comendador, profesora titular da Facultade de Historia de Ourense.

A louza de San Xens de Bamio (Vilagarcía de Arousa), hoxe desaparecida como oficio, constitúe un patrimonio cultural de grande relevancia. A través do proxecto Louceir@s de Bamio, a Asociación de Mulleres Rurais de Bamio e a Universidade de Vigo levan anos traballando na recuperación desta memoria, poñendo en valor o papel fundamental das mulleres tanto no proceso de elaboración como na conservación e transmisión da memoria ligada ao barro.

Nesta conferencia explorarase a historia da louza de Bamio, as técnicas e usos que a fixeron singular e, sobre todo, o papel central das mulleres na transmisión deste legado, que hoxe se reivindica como parte esencial do noso patrimonio cultural.

A conferencia está en relación coa mostra documental 𝘔𝘶𝘭𝘭𝘦𝘳𝘦𝘴 𝘰𝘭𝘦𝘪𝘳𝘢𝘴 𝘥𝘦 𝘖𝘶𝘳𝘦𝘯𝘴𝘦 𝘢 𝘮𝘦𝘥𝘪𝘢𝘥𝘰𝘴 𝘥𝘰 𝘴𝘦́𝘤𝘶𝘭𝘰 𝘟𝘝𝘐𝘐𝘐 que se inaugurou o pasado 8 de marzo, Día da Muller. As persoas asistentes poderán visitala no claustro novo do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

23/09/2025

Sputnik Labrego espera continuar con la investigación que supone la puesta en valor de la alfarería tradicional de los siglos XVII y XVIII

Grandes!! II Romaría Lombos do Ulla
17/07/2025

Grandes!! II Romaría Lombos do Ulla

Dirección

Bamio
Vilagarcía De Arousa
36618

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Proxecto Louceiros de Bamio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Proxecto Louceiros de Bamio:

Compartir