Asociación Cultural Vello dos Cornos

Asociación Cultural Vello dos Cornos A Asociación
No ano 2005 constituese a ASOC.”O VELLO DOS CORNOS”. Alguns dos fins principales da asociación son:
Recuperación e mantemento do Antroido en Merza.

A organización, promoción, apoio e colaboración de tódalas expresións sociais, culturais e gastronómicas da tradición popular, especialmente as participantes nas escenificacións dos diferentes actos. A investigación e recuperación dos elementos propios do Antroido galego, preferentemente nas terras de trasdeza e deza. A especial atención á implicación da xente nova e vella en actividades desta índ

ole. Potenciala participación da muller no Antroido. Colaborar coas entidades públicas e privadas en todas aquelas iniciativas de promoción social e cultural. A Asociación Cultural Vello dos Cornos, está levando a cabo un traballo de recopilación oral, escrita e fotográfica do Antroido de Merza coa intencionalidade de preservar un valor de primeiro orde cultural na identidade dos pobos. Esta labor esténdese así mesmo ao resto das parroquias do Concello onde se deixou de celebrar o Antroido fai moitos anos. Este colectivo foi convidado polo Concello de Pontevedra no ano 2005 e 2006 para facer unha representación do Alto dos Xenerais con percorrido pola cidade vella. No ano 2006 tamén colaboramos coa organización do Antroido de Bandeira. No ano 2008 participamos na elaboración dun libro adicado ao Alto dos Xenerais do Ulla, co patrocinio da entonces Consellería de Industria
Nese ano o Concello de Vila de Cruces concede na Gala do Galo de Curral, o premio de Cultura o Alto dos Xenerais de, Merza, Piloño e Salgueiros. Últimas aldeas do Concello nas que se celebra o Antroido. Colaboramos co programa Luar da Tvg co préstamo dos traxes de Xenerais cos que se disfrazou o xurado no mes do Antroido
Ademais montouse unha exposición fotográfica e de vestuario en Santiago, no restaurante Dezaseis e no Tamboríl. Tamén no 2.008 colaboramos na exposición “Máscara e Ritual en Galicia” levada a cabo polo Museo Etnografico Liste en Vigo, a Exposición Temporal amosaba vinteún máscaras tradicionais galegas asociadas hoxe, na súa maior parte ao Entroido, pero dunha orixe agochada na historia. No ano 2009 convidounos o concello de Cuntis a representar un Alto dos Xenerais na súa festa do Lacón con Grelos. No ano 2010, e nada menos que no País Vasco, somos convidados de Honra a participar nunha homenaxe ao “Alto dos Xenerais do Ulla” en Donosita, na Casa de Galiza da mau de Tacón Punta Tacón. E neste ano 2011 fomos convidados polo Núcleo Promotor do Auto de Floripes a participar en Portugal na Exposición “Teatro Popular do Eixo Atlantico: Trajes,Máscaras e Personagens” o que aportamos un traxe de Xeneral e o do Vello dos Cornos. Tamén fomos seleccionados, con outros vintetrés grupos da Galiza e de Portugal, a participar nas Neves, Viana do Castelo, no 1º Encontro de Teatro Popular do eixo Atlantico. Toda unha experiencia. E co motivo das festas da Piedade, tamén participamos no programa da Solaina, da TVG. As fotos do Vello dos Cornos feitas polo fotógrafo Antón García foron publicadas no volumen da 22ª edición de Galicia en Foco, no apartado de fotoreportaxe.

Dirección

Casa Da Cultura S/n/Merza (Vila De Cruces)/Pontevedra
Vila De Cruces
36580

Teléfono

626 41 85 69

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Cultural Vello dos Cornos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Asociación Cultural Vello dos Cornos:

Compartir