Museo do Humor Xaquín Marín

Museo do Humor Xaquín Marín Museo de humor gráfico, dependente do Concello de Fene Inaugurado o 25 de novembro de 1984 Os primeiros anos de vida do Museo foron moi prolíficos.

A historia do Museo do Humor de Fene está directamente vencellada á figura de Xaquín Marín, fundador e director do museo ata que se xubilou en 2008. En xaneiro de 1983, Xaquín Marín e Siro López comezaron en Ferrol unha mostra itinerante que percorreu Galicia, acompañada dun manifesto EN DEFENSA DO HUMOR no que se animaba á sociedade a defender o noso humor. Pouco despois nacía “CAN SEN DONO”, rev

ista dos humoristas galegos que chegou a tirar perto de 25 números coa colaboración da totalidade dos que facían humor neste país. No ano 1984, preocupados aínda porque o humor esmorecía e porque se estaba a perder ese xeito peculiar de interpretar o humor que temos os galegos, un grupo de persoas comezaron a pensar que sería bo ter unha entidade que potenciara as actividades humorísticas. A proposta chegou ao Concello de Fene que tivo a sensibilidade de poñerse ao fronte da idea. O primeiro foi escribir aos humoristas gráficos galegos para pedirlles a súa colaboración, que non se fixo agardar moito. Logo habilitouse unha ampla sala na CASA DA CULTURA, fixéronse marcos e paneis expositores e rematouse de montar todo a finais do 1984. En novembro de 1984 procedeuse a inaugurar o MUSEO e, segundo contan, “ata FENOSA quixo poñer o seu grao de area aportando un apagón, que fixo que tiveran que inaugurar no andar”. Comezaron a artellarse mostras como “OS HUMORISTAS E A RECONVERSIÓN”, exposición que deu pé á publicación do primeiro CADERNO DO MUSEO (o nº 1, hoxe esgotado). Esta mostra, xunto con “HUMOR GRÁFICO ACTUAL DE GALICIA” e outras puntuais: “COMIC GALEGO”, “HUMOR CUBANO”, ou “HUMORISTAS DE HOXE”... viaxaron por todo o país. No ano 1985 editouse o “1º CATÁLOGO DE FONDOS DO MUSEO”. Namentres, a súa colección ía incrementando notablemente co “legado AGROMAN” no que se atopaban obras de 25 autores españois: MINGOTE, CHUMI, MÁXIMO, MENA, ORBEGOZO ou NACHER... o que deu unha nova dimensión ó MUSEO. Tamén nese ano empezaron os concursos CURUXA (para os autores de HUMOR GRÁFICO e LITERARIO) e o HUMOR NA ESCOLA (para os máis novos), certames que medraron en contía e vertentes xa que, con posterioridade, se crearon os CURUXA ÓS MEDIOS e os de BARRO (destinados aos que usan negativamente o humor), ademais dos CURUXA DE HONRA, cos que se premiaban as aportacións vitais a prol do humor. Dende o primeiro día en que se puxo en marcha o Museo do Humor de Fene, os seus responsables falaron da necesidade de crear un concurso prestixioso, que viñera reforzar os contadísimos que existen e non tardaron nin un ano en poñelo en marcha. Pero…¿por qué chamalo CURUXA?
“A Curuxa é un animal ben simpático agás para os ratos e demais roedores. É un paxaro que actúa con nocturnidade pero sen alevosía, e quizais por iso algúns o relacionan coa morte. É un paxaro filosófico que, sumido nas súas fondas cavilacións, ten tempo para chosca-lo ollo e para quitarlle ferro aos pensamentos ou para mandar calar cando vai farto de escoitar parvadas. Unha vez posto e xutificado o nome, procedeuse a crear a figura para os premiados. Encargóuselle a Isaac Díaz Pardo, quen á súa vez tivo reflexos de pedirlle o deseño a quen mellor podía facelo, o ceramista Francisco Xosé Pérez Porto. Destes dous homes e de todos os homes e mulleres que participaron logo na súa elaboración, xordeu unha fermosa figura que se converteu no símbolo do premio
E así, todos os anos, arredor da entrega destes galardóns anuais fóronse artellando exposicións, conferencias, actuacións e concursos, converténdose nunha cita fundamental na programación anual do Museo as súas “XORNADAS DO HUMOR”. Se o ano 85 foi importante para o Museo do Humor de Fene, máis o foi o 86, xa que nel se comezou a cumprir co obxectivo de usar o humor como vehículo de irmandade. Aconteceu coa magna mostra “106 HUMORISTAS CONTEMPORANEOS” que a CASA DO HUMOR E A SÁTIRA DE BULGARIA cedeu para exhibir en toda España, se ben ó non ter axuda do MINISTERIO DE CULTURA limitouse só a GALICIA onde se fixeron 3 exhibicións: no MUSEO DO HUMOR DE FENE, no MUSEO MASIDE e na CASA DA PARRA DE SANTIAGO. Con esta mostra púidose ver o humor que se facía polo mundo. Co paso do tempo a superficie do MUSEO medrou e o seu equipamento foi mellorando. Ademais, neses anos fixéronse mostras de grande interese: “GALLEGO & REY”, “10 ANOS DE MAKOKI”, “COMIC GALEGO”,” “25 ANOS DE LA CODORNIZ”, “MANUEL VÁZQUEZ”, “SERAFÍN”, “RENÉ DE LA NUEZ”, “ANTONIO MADRIGAL” ou “ENRIQUE PÉREZ”. Ademais, chegaron novos legados como o de MORT WALKER e a súa equipa ou “EL JUEVES” con GIN, FER, VIZCARRA, MAIKEL, KIN... sen esquecer o de humoristas cubanos que recolleu para o Museo XOSÉ NEIRA VILAS (con obras de DE LA NUEZ, WILSON,...e moitos máis). Ao longo da historia do museo trouxéronse importantes conferenciantes, non só o xa nomeado FORTUNOV, senón tamén MÁXIMO, CEBRIÁN, SERAFÍN, VICTOR VADORREY, ISAAC DÍAZ PARDO, SUSO DE TORO, NOVONEYRA, FRANCISCO PUÑAL ou KIM. Asemade, fixeronse novas publicacións, entre elas o boletín trimestral “SAPOCONCHO” co que se pretendía informar e promocionar novos valores (ademais de que os mestres amosaran nel a sua calidade: RONALDO, ROTONDARO, FONTANAROSA, FIDDI, SANTIAGO). Colaborouse con editoriais para a edición de libros como “VISTOS PARA SENTENCIA”, editado coa SECRETARÍA XERAL DA COMUNICACIÓN DA XUNTA, “REIMUNDO PATIÑO O HOME QUE FALABA ARAMEO” para EDICIÓNS DO CASTRO, ou “HUMOR E 3º MUNDO” que fixeron os ESTUDIANTES SOLIDARIOS, ademais de HUMOR GALEGO, que fixo a CONSELLERÍA DE CULTURA. No ano 1998, cando o Museo cumpría 14 anos, levouse adiante unha primeira ampliación, coa que se duplicou a superficie adicada a exposición. Once anos despois, en 2009 (coincidindo co 25 aniversario do Museo), o Concello de Fene decidiu emprender unha nova reforma do museo. A intervención centrouse na mellora, reestructuración e reorganización dos espazos “coa finalidade de converter este recurso nun producto cultural no que se puideran realizar distintas actividades. A reforma, dirixida polo arquitecto Felipe Peña, completouse cunha nova sinalización (con debuxos de Xaquín Marín, agás o da biblioteca que é de David Pintor) para indicar aos visitantes a temática de cada unha das salas e mesmo das distintas dependencias da Casa da Cultura.

¿Qué se pode ver no Museo do Humor? Máis de mil orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo -Xaquín Marín, Siro, Torres, Tomé, Chumy Chúmez, René de la Nuez, Mort Walker ou Fontanarrosa-. Ademais de moita obra gráfica, nestas dependencias da Casa da Cultura de Fene expóñense dúas figuras con volume realizadas en fibra de vidro, ambas as dúas doadas pola Asociación de Amigos do Museo: o GALEGO NAS ESCALEIRAS, que é un dos iconos do museo, e a CABEZA GALEGA. Tamén se amosa unha efixie de Xesús Campos, “Chichi Campos”, cedida en depósito polo Auditorio de Galicia, e algúns obxectos imposibles, graciosos ou curiosos (como a caricatura do home invisible ou os espellos cóncavos e convexos.)

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo EditorialAutores: Mateo López Herm...
28/08/2026

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial
Autores: Mateo López Hermida e Violeta Carpente Leira
Centro: IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)
Título: A especialista
Tema: Cambio climático
Categoría: Xuvenil (12-16 anos)

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín MarínAutora: María Rayo RuizTítulo: Trump xoga á guerraCate...
28/08/2026

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín
Autora: María Rayo Ruiz
Título: Trump xoga á guerra
Categoría: Cuxura

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo EditorialAutora: Claudia Bar Mallo...
27/08/2026

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial
Autora: Claudia Bar Mallo
Centro: CPI Bembibre (Val do Dubra)
Título: O gardián do río Dubra
Tema: Cambio climático
Categoría: Xuvenil (12-16 anos)

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín MarínAutor: ErmengolTítulo: Justicia españolaCategoría: Cux...
27/08/2026

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín
Autor: Ermengol
Título: Justicia española
Categoría: Cuxura

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo EditorialAutora: Eliana Pose Nieto...
26/08/2026

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial
Autora: Eliana Pose Nieto
Centro: CPI Bembibre (Val do Dubra)
Título: A factura matou ó gato
Tema: Cambio climático
Categoría: Xuvenil (12-16 anos)

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín MarínAutor: Nicolás Justo CarneroTítulo: O congreso dos sim...
26/08/2026

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín
Autor: Nicolás Justo Carnero
Título: O congreso dos simios
Categoría: Cuxura Nova

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo EditorialAutora: Paula Calvete Vil...
25/08/2026

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial
Autora: Paula Calvete Vila
Centro: CPI Bembibre (Val do Dubra)
Título: A pataqueira de Rial
Tema: Cambio climático
Categoría: Xuvenil (12-16 anos)

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín MarínAutor: Daniel Castelló MuñizTítulo: EmiliaCategoría: C...
25/08/2026

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín
Autor: Daniel Castelló Muñiz
Título: Emilia
Categoría: Caricatura

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo EditorialAutor: Andrés Castro Abal...
24/08/2026

🎨😈 IV Concurso de BD de Humor Demo Pequeno 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial
Autor: Andrés Castro Abalo
Centro: CPI Bembibre (Val do Dubra)
Título: Akinator (Cambio climático)
Tema: Cambio climático
Categoría: Xuvenil (12-16 anos)

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín MarínAutor: María Inmaculada Mato MartínezTítulo: TáboasCat...
24/08/2026

🎨🦉 ### Premios Curuxa do Humor 2026 do Museo do Humor Xaquín Marín
Autor: María Inmaculada Mato Martínez
Título: Táboas
Categoría: Curuxa

Dirección

Fene

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:00
16:00 - 21:00
Martes 10:00 - 13:00
16:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 13:00
16:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 13:00
16:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 13:00
16:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 13:00

Teléfono

(34)981342400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Museo do Humor Xaquín Marín publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Museo

Enviar un mensaje a Museo do Humor Xaquín Marín:

Atajos

Compartir

Categoría